África
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2019.) |
![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. Este artigo é demasiado curto ou tan só unha definición de dicionario. Por favor, axuda a información que achega. Cando o problema se resolva, retira esta mensaxe. Por favor, non quites esta mensaxe ata que este problema estea solucionado. (Desde febreiro de 2019.) |
![]() | |
Área | 30.221.532 km2 |
---|---|
Poboación | 1.000 millóns[1] (Est. 2009) |
Densidade poboacional | 33 h. km2 |
Xentilicio | africano/a |
Países | Ver a lista
|
Dependencias | Ver a lista
|
Estados non recoñecidos | Ver a lista
|
linguas | Linguas de África |
Fusos horarios | UTC-1 UTC+4 |
África ( pronunciación (axuda · info)) é o segundo continente en poboación e extensión, despois de Asia, con 922 millóns de habitantes (14,2 % mundial no 2005) ocupando 30.249.096 km²[2], incluíndo as illas adxacentes, o que representa o 20,3 % da superficie da Terra. Limita ao norte co mar Mediterráneo, ao oeste co océano Atlántico, ao sur coa conxunción dos océanos Atlántico e Índico e ao leste co mar Vermello e o océano Índico. Ten 54 estados.
Os romanos déronlle o nome de Africa terra (terra dos Afri) ao norte do continente, na que estableceron a provincia romana de África. A orixe do nome pode ser o fenicio 'afar (po), a tribo Afridi da rexión de Cartago, o grego aphrike (sen frío), ou ben o latín aprica (caloroso), África coñécese popularmente como o continente negro, por ser esa a cor da maioría da súa poboación.
África, particularmente a zona central leste, está considerada a orixe da humanidade e da árbore Hominidae (homínidos) segundo unha das hipóteses científicas da evolución humana (a da "arca de Noé"), pola descuberta alí dos restos máis antigos dos antecesores humanos, datados darredor duns sete millóns de anos, como poden ser Sahelanthropus tchadensis, Australopithecus africanus, A. afarensis, Homo erectus, H. habilis ou H. ergaster; e o Homo sapiens atopado en Etiopía duns 200.000 anos.[3]
África está atravesada polo ecuador terrestre, abrangue numerosas áreas climáticas e ten 53 estados incluíndo territorios que non están no continente[4].
Xeografía física[editar | editar a fonte]
Separado de Europa polo mar Mediterráneo, e unida á Asia polo Istmo de Suez, ten o mar Vermello ó nordeste, o océano Índico ó leste e sur, e o océano Atlántico ó oeste e sur. Está atravesado polo ecuador.
O punto máis ao norte é Ras ben Sakka (Marrocos) 37°21' N, mentres o punto máis ao sur é Cabo Agullas (Suráfrica) 34°51'15″ S. Entre eles hai unha distancia de 8.000 km.
O punto máis occidental é Cabo Verde 17°33'22" W, mentres que o máis oriental é Ras Hafun (Somalia) 51°27'52" E, habendo entre eles unha distancia de 7400 km. África conta con 26.000 km de costa.
O relevo africano pódese considerar formado por dúas grandes altiplanicies:
- a ecuatorial, montañosa que ocupa todo o S. e E. do continente, cunha altitude media de 1.200m., remata no macizo de Etiopía no NE.
- a planicie do Sahara e Sudán, máis baixa, arredor de 400m. de elevación media no Sahara, que ocupa todo o centro e a maior parte do N, interrompida polos montes Ahaggar e Tibesti (máis de 3.000 m).
Rexións naturais[editar | editar a fonte]
Pódese dividir África en varias rexións naturais, con relación ás culturas que se desenvolven e o relevo que as marca. A zona do norte ou Magreb está separada do resto polo deserto do Sáhara, que forma unha área separada. Este deserto limita ao leste co Corno de África, unha península volcánica bañada por dous mares. Ao sur está o Sahel, unha ampla franxa de sabana que divide o continente entre países do norte e do centro e sur.
A seguinte zona destacable é a rexión tropical, con altas temperaturas e abundante vexetación, que ocupa o centro do continente e é berce de numerosas comunidades indíxenas. África austral é unha rexión que comprende os Estados do sur, con lazos mutuos culturais e comerciais e unha forte urbanización. Para rematar Madagascar, como grande illa, adóitase considerar unha rexión natural independente.
Economía[editar | editar a fonte]

Mapa de África indicando o índice de desenvolvemento humano (2004). | |||
|
África é o continente máis pobre do mundo, onde están os dous terzos de portadores do virus VIH da Terra, cheo de conflitos armados tribais, con epidemias e terroríficas miserias que causan o subdesenvolvemento dos países africanos. Poucos estados conseguiron ter relativa estabilidade, como Suráfrica.
Despois, na súa condición de ex colonia, a maiorías dos países africanos manteñen relacións particulares co resto do mundo, e en particular coa UE; mais existe unha entidade chamada Unión Africana, unión parella á europea, da que forman parte tódolos estados do continente agás Marrocos.
Política[editar | editar a fonte]
Na África rexístranse moitos conflitos de carácter político, como o da costa do Marfil e o do Sudán, e tamén moitas situación irregulares, como en Angola, mais pódese dicir que a maiorías dos países teñen gobernos democráticos electos. As únicas excepcións son a de Somalia, que nin sequera posúe un estado organizado.
Outro problema co que conta a política africana son os numerosos fraudes nas eleccións, coñecidos tanto internamente como pola comunidade internacional. Por outro lado, aínda subsisten situacións nas que o presidente ou o partido gobernamental están no poder durante decenas de anos, como son os casos da Líbia e do Cimbabue.
En xeral, os gobernos africanos son repúblicas presidencialistas, agás de tres monarquías existentes no continente: Lesoto, Marrocos e Suacilandia.
Divisións políticas[editar | editar a fonte]
África está repartida en 53 países independentes, 17 dependencias e con territorios non recoñecidos. A lista dos países de África atópase no final da páxina, mais, a parte deses estados existen territorios especiais no continente.
Territorios de países non africanos[editar | editar a fonte]
- O Estado español posúe terreos do continente africano:
- E o francés tamén conserva territorios da época colonial:
- Mayotte
- Reunión
- Bassas da India
- Illa Europa
- Illas Gloriosas
- Juan de Nova, nome da illa na honra do galego Joan de Novoa.
- Tromelin
Territorios non recoñecidos[editar | editar a fonte]
- Camerún Meridional
- República Árabe Saharaui Democrática
- República de Cabinda
- Somalilandia
Subdivisións de África[editar | editar a fonte]
- Vexa tamén: Rexións de África
As rexións de África e os países que as compoñen segundo os puntos cardinais son:
Outras divisións[editar | editar a fonte]
- África subsahariana
- Corno de África
- Guinea
- Magreb
- Noroeste da África
- Rexión de Sudán.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ AfricaNews Africa's population now 1 billion Arquivado 27 de abril de 2011 en Wayback Machine. (en inglés). Consultado o 3/07/2014
- ↑ África na "Enciclopedia Galega Universal"
- ↑ "Homo sapiens: University of Utah News Release: Feb. 16, 2005".
- ↑ Visual Geography. "Africa. General info". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2011. Consultado o 19 de setembro de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: África |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Afrol.com
- Web sobre África
- Os africanos viven menos que hai quince anos.
- Os Pigmeos africanos Cultura e fotos dos primeiros habitantes de Africa
- ODP - África
Lista de países africanos[editar | editar a fonte]
|
|
|
|