1000 12/16

Álvaro Cunqueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro 1928.jpg
Cunqueiro en 1928
Nacemento22 de decembro de 1911
 Mondoñedo
Falecemento28 de febreiro de 1981
 Vigo
SoterradoMondoñedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e gastrónomo
CónxuxeElvira González-Seco Seoane [1]
Fillos2: César (1941)[2] e Álvaro (1944)
XénerosPoesía, novela, drama
Coñecido/a porMerlín e familia, Herba aquí ou acolá, As crónicas do sochantre, Escola de menciñeiros, Si o vello Sinbad volvese ás illas..., Os outros feirantes, Tesouros novos e vellos, Las mocedades de Ulises, Mar ao norde, Poemas do si e non, Cantiga nova que se chama Riveira, Dona do corpo delgado, A cociña galega, O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca, A noite vai coma un río, Palabras de víspera e Xente de aquí e de acolá
PremiosPremio Nadal e honorary doctorate of the University of Santiago de Compostela
Álvaro Cunqueiro sinatura.jpg
editar datos en Wikidata ]

Álvaro Patricio Cunqueiro Mora-Montenegro[3] (máis coñecido simplemente como Álvaro Cunqueiro[4]) nado en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911 e finado en Vigo o 28 de febreiro de 1981, foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo galego, considerado un dos grandes autores da literatura galega e de toda a literatura española do século XX. Foi director do xornal Faro de Vigo. Ingresou na Real Academia Galega en 1963. Foi nomeado fillo predilecto de Mondoñedo en 1965. Investírono doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1980 e recibiu o Pedrón de Ouro no mesmo ano. Tamén en 1980 apareceu o I volume da súa Obra completa, e postumamente os volumes II (1982) e III (1983). En 1991 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Ao longo da súa vida chegou a usar os seguintes pseudónimos: Al Farish ibn Iaquim Al Galizi, Álvaro Labrada, Ariel García, Benito Moirón, Carlos Sobrado, Cristóbal Xordán, M. Mª Seoane, Manuel da Fonte, Mark Tapley, Patricio Mindonio, Patricio Mor, X. Berenguer, Xusto Cabarcos, Filón o Mozo.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era Joaquín Cunqueiro Montenegro, nado en Cambados, de profesión boticario, e a nai Pepita (Josefa) Mora Moirón, filla dun militar de Cachán (Riotorto).[6] O matrimonio tivo cinco fillos, dous deles morreron precozmente. Vivían na rúa Méndez Núñez, nº 1 e a botica estaba instalada nos mesmos baixos do pazo episcopal mindoniense.[7] Os pais souberon transmitirlle ao seu fillo un rico legado de coñecementos sobre botánica, zooloxía, farmacoloxía e natureza. Ademais a nai era recordada pola súa capacidade para a invención de contos para engaiolar os fillos.[8]

Placa da casa onde naceu.

Xa de pícaro gustáballe ler, en especial lecturas populares da época, como noveliñas sobre Buffalo Bill e de FitzRoy, e el mesmo conta como escribiu a súa primeira novela ao xeito das do oeste na que os brancos falaban o castelán e os indios o galego (os indios vencían os brancos). Xa un pouco máis grandiño dedicaba tempo para ler poesía que lle aconsellaba o seu amigo José Ramón Santeiro.

Estudou o bacharelato no Instituto Xeral e Técnico de Lugo (1921), e na capital luguesa fixo boa amizade con Evaristo Correa Calderón e Ánxel Fole. Matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras (sección de Historia[8]) da Universidade de Santiago de Compostela en 1927, pero abandonouna para dedicarse ao seu labor como xornalista. Na súa etapa compostelá acudía regularmente aos faladoiros do Café Español e entre os seus mellores amigos figuraban Francisco Fernández del Riego, Domingo García-Sabell, Gonzalo Torrente Ballester, Ricardo Carballo Calero, Carlos Maside e Xosé Eiroa. Descubriu así a obra de autores como William Butler Yeats, Rainer Maria Rilke, André Breton, Paul Verlaine e outros vangardistas que deixarán pegada nos seus primeiros poemarios.[9]

Carta de identidade de alumno da Facultade de Filosofía e Letras.[10]

Durante a Segunda República falou nun mitin en Ribadeo da Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e afiliouse ao Partido Galeguista. En 1932 coñeceu a Federico García Lorca e librou do servizo militar por estreito de peito.[7] A sublevación dos militares sorprendeu a Cunqueiro en Mondoñedo, e por influencia da súa familia, moi conservadora, non foi obxecto de represalias e conseguiu praza de profesor nunha escola privada en Ortigueira, á que chegou en outubro de 1936 por consello dun amigo.[8] Militou na Falange Española (desde 1937) durante a guerra civil tendo o cargo de xefe de Prensa e Propaganda comarcal. Jesús Suevos, o xefe territorial da Falanxe en Galicia e director de El Pueblo Gallego pediulle en 1937 que entrase na redacción do xornal, aceptou e marchou para Vigo. Durante esa estadía en Vigo tamén ensinou, durante un curto período de tempo, lingua portuguesa no instituto da cidade.

En novembro de 1938 fixou a súa residencia en Donostia e cando a ocupación de Madrid polo exército franquista, Cunqueiro estableceuse alí o 29 de marzo. Un desagradábel incidente co embaixador francés truncou a súa carreira de xornalista. O escritor incumpriu o seu compromiso de escribir uns artigos sobre o Camiño de Santiago, logo de ter percibido por iso unha cantidade.[8] A retirada do carné profesional en 1944, imposta como sanción, puxo freo ao que viña sendo desde algúns anos o seu medio de vida.[11] Volveu a Mondoñedo en 1947 e produciuse un afastamento do pensamento franquista. A partir de 1960 exerceu como cronista oficial de Mondoñedo e ao ano seguinte estableceuse en Vigo, traballando para Faro de Vigo. O 23 de abril de 1961 a Real Academia Galega elixiuno como académico de número por 23 votos a favor, 6 abstencións e 1 en contra, e leu o seu discurso de ingreso, "Tesouros novos e vellos", dous anos despois. Foi proposto por Ricardo Carballo Calero, Domingo García-Sabell Rivas, Aquilino Iglesia Alvariño e Ramón Otero Pedrayo.[12]

Cunqueiro, Fernández del Riego e Carballo Calero en Compostela nos anos trinta.

O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta e despois da guerra civil española dedicouse sobre todo á narrativa e ao xornalismo. Foi un escritor polifacético e a súa extensa obra literaria abrangue os eidos xornalístico, poético, narrativo e teatral, sen esquecer os seus traballos de tradución. Segundo o Diccionario da literatura galega:[13]

"Tal capacidade integradora alcanza o esmero dunha lingua culta e vangardista que, sen embargo, parece enfornada no rexistro oral, no contar "coma quen come pan", deste gran fabulador de "felicísima memoria deformante", que revolucionou o noso panorama e é hoxe considerado como a súa figura máis importante neste século."

Segundo o portal da Lingua Galega:[14]

"A súa obra caracterízase pola superación do concepto tradicional dos xéneros. Nela harmonízanse a fantasía -da recreación de figuras e mitos- co pragmatismo, as esencias do mundo popular galego co eco intertextual. A lingua empregada, culta e vangardista, enfócase dende o punto de vista da oralidade, feito este que revolucionou o panorama literario galego. Xunto á súa actividade estritamente literaria e ao xornalismo asinou outros traballos, como conferencias, libros de viaxes e mesmo obras gastronómicas".
1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rey.

Cunqueiro mantivo unha actitude crítica e escéptica co pasado celta de Galicia, cualificando o celtismo galego coma un mito.[15][16] Foi o autor da famosa cita Mil primaveras máis para a lingua galega, que figura na súa sepultura "Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis" xunto con outra que reza, "Loubado seña Deus que me permitiu facerme home neste grande Reino que chamamos Galicia".

Xornalismo[editar | editar a fonte]

Na primeira estadía santiaguesa foi redactor e colaborador de diversos xornais e revistas coma El Pueblo Gallego. De volta en Mondoñedo, participou no movemento editorial dos anos trinta promovendo a aparición de varias publicacións (inseridas no ambiente vangardista da época) como Papel de color, Editorial Un, e Galiza, da que editou o primeiro número o 25 de xullo de 1930.[9]

Anos máis tarde colaborou na publicación local falanxista Era Azul. En 1937 entrou na redacción de El Pueblo Gallego como encargado da parte literaria e colaborador de asuntos actuais. En novembro de 1938 fixou a súa residencia en Donostia e entrou na redacción de La Voz de España. En novembro de 1938 fixou a súa residencia en Donostia e entrou na redacción de La Voz de España. Tamén foi subdirector de Vértice, publicación da Delegación Nacional de Prensa e Propaganda, revista na que publica La historia del caballero Rafael (1939), a súa primeira narración en castelán. Xa en Madrid o 29 de marzo e incorporouse á redacción do ABC.

Placa na casa na que viviu en Vigo.

Desde 1961 traballou no Faro de Vigo como colaborador fixo. Desde novembro de 1964 exerceu como director de Faro de Vigo e Faro Deportivo, dirección que abandonou voluntariamente en 1970.[17] Deixou innumerábeis artigos en xornais como Vallibria, La Voz de Galicia, El Progreso e Faro de Vigo e revistas como El Escorial ou Fantasía.[18]

Poesía[editar | editar a fonte]

Cunqueiro sempre se definiu como poeta[4], aínda así a obra poética foi descoñecida ou considerada menor ata a publicación conxunta en Obra en galego completa, I (1980), que posibilitou o acceso a uns libros non reeditados ou esquecidos perante a importancia da súa prosa. A penas lida, a súa poesía viña sendo identificada co neotrobadorismo, nunha lectura sim­plista e fragmentaria.

Mar ao norde (1932) é a súa primeira obra cun sincretismo vangardista con algo de cubismo ou creacionismo. Son poemas breves nos que se opoñen o mar e a terra, e a illa é o centro na última parte. Segundo Xosé Ramón Pena:[19]

Díxenlle á rula: Pase, miña señora!
E foise polo medio e medio do outono
por entre as bidueiras, sobre o río.

—Cunqueiro, Herba aquí ou acolá.[20]

"Mais estoutro mar de Cunqueiro resulta, polo contrario, un mar situado "Máis alá", un mar abstracto, despoboado de calquera referencia que permita establecer os fíos entre a experiencia e a propia experiencia metaforizada: Mentres en en Manuel Antonio o mar é suxeito da poesía (activo) ou subxectiva de quen poetiza, no de Mondoñedo, o mar é simplemente obxecto (pasivo) onde poetizar."

Poemas do si e non (1933) está na liña do surrealismo e semella un especial conto erótico, unha historia de amor (desamor, elexía do amor) que ten lugar nunha verdadeira irrealidade espazo-temporal (engade Xosé Ramón Pena). Cantiga nova que se chama Riveira (1933) achégase á tradición converténdose no máis importante libro de poemas do neotrobadorismo galego e recuperando a forma das cantigas medievais inzada de imaxes novas. As orixes do libro están na lectura das cantigas de amigo e nas cantigas de amor de José Joaquim Nunes. Dona do corpo delgado (1950) contén poemas confidenciais, nostálxicos, herméticos e tamén neotrobadorescos. Herba aquí e acolá (1980) recolle poemas das últimas décadas. Está dividido en dúas partes: "As historias" e "Vellas sombras e novos cantos". Está considerado como un verdadeiro testamento literario do autor.[4]

O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta, de xeito vangardista, neotrobadoresco e culturalista.

Amancio Prada puxo música a varios poemas de Álvaro Cunqueiro en A dama e o cabaleiro (1987).[21]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Nos anos 40 e 50 comezou a dedicarse principalmente á narrativa, publicando:

Fragmento de Merlín e Familia.

A condición de "novelas" das tres primeiras foi posta en dúbida debido ao seu carácter fragmentario e á particular estrutura baseada fundamentalmente na suma de relatos. E a cualificación de "retratos" ou de "semblanzas" das segundas minguou por veces o seu carácter narrativo encadrándoas na descrición costumista. Os relatos curtos achegan o lector á realidade especificamente galega, a dun mundo a piques de desaparecer, e son máis realistas. As novelas mesturan moitos elementos: o mundo galego, a tradición clásica greco-latina, a tradición oriental, a materia da Bretaña, a cultura en xeral.[8]

Cunqueiro fixo convivir mitos tirados de tradicións diferentes. Ademais, as súas narracións están protagonizadas por persoas cos seus soños, as súas teimas, os seus sentimentos e, por enriba de todo, a súa imaxinación.

Na súa Historia da Literatura Galega IV Xosé Ramón Pena estuda amplamente as diferentes visións dos críticos literarios sobre a obra do escritor de Mondoñedo: a literatura de evasión, a reinvención dos mitos, o posible realismo máxico...[22]

Teatro[editar | editar a fonte]

De 1932 é a breve Rúa 26 (Diálogo limiar), na que dous homes, en posición perfectamente verosímil, ollan cun anteollo de longa vista dentro dun vaso de auga. Segue Xan o bó conspirador (1933), que ofrece a confrontación, no fondo dun espello, entre o home tradicionalista, cálido e fino, e o espírito revolucionario dun home, calculador e materialista, que non ten historias que contar.[23] En Función de Romeo e Xulieta, famosos namorados (1956), que aparece entre as historias que lle acontecen ao Sochantre de Pontivy, alúdese á obra de Shakespeare e intégrase o texto na novela As Crónicas do Sochantre. A anécdota fabulada e relatada nas crónicas desenvólvese por medio dunha representación teatral all’improviso de acordo coas normas de representación da Commedia dell’ Arte.[24] Ofrécese unha visión absurda que se adianta aos principais representantes do absurdo europeo como E. Ionescu.[25]

A máis salientábel é O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958), na que Cunqueiro presenta unha versión persoal do mito de William Shakespeare. A novidade que Cunqueiro achega é o feito de considerar a Hamlet fillo do usurpador, co que as súas relacións coa nai se converten en edípicas e tócase o tema da culpa. A noite vai coma un río (1965) está protagonizada polo personaxe de dona Inés de Valverde e segundo Laura Tato Fontaíña:[26]

Praza do Humor (antigamente praza dos Ovos), A Coruña.
"Álvaro Cunqueiro abandona los mitos para realizar «una pequeña obra maestra» donde predomina el elemento lírico. La obra mantiene la unidad con la presencia de dueña Inés y su ama Modesta, por cuya torre van pasando los fugitivos de una guerra. Estos personajes secundarios son quienes alimentan el sueño de dueña Inés para provocar, de inmediato, su decepción, ya que ella se da cuenta de que nunca encontrará a su verdadero amor y se condenará a la soledad."

Palabras de víspera (1974) está protagonizada polo rei Afonso VI de León antes da Xura de Santa Gadea, coa súa irmá Urraca polo medio. Autor dalgunhas pezas máis, aínda que no seu tempo o seu teatro non foi ben comprendido si ten mérito pola actualización de mitos e a súa vocación intemporal e universal.

Gastronomía e viaxes[editar | editar a fonte]

Ademais da súa actividade como xornalista e como literato, hai que destacar a súa dedicación ao mundo da cultura, con múltiples conferencias, relatorios etc. Foi tamén un destacado gastrónomo con fama en toda Galicia de bo coñecedor de comidas e bebidas. O seu libro A cociña galega (1973) foi un fito na normalización do galego ao entrar en centos de fogares que non lían nada en galego. Cunqueiro foi un adiantado na consideración positiva dos escritos gastronómicos e leva o seu nome un premio de xornalismo gastronómico que, organizado polo Concello de Lalín —en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña—, celebrou en 2019 a edición XXV.[27]

O seu coñecemento de Galicia permitiulle elaborar unha morea de artigos e guías turísticas das cidades e rías galegas, en castelán a maioría, dando a coñecer os puntos de interese para os viaxeiros españois en Galicia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estatua sedente, contemplando a Catedral de Mondoñedo.

Casou en 1940 con Elvira González-Seco Seoane, filla de César González-Seco Romero e da mestra Josefa Seoane. Álvaro e Elvira terían dous fillos: César (1941, notario) e Álvaro (1944).[1] Elvira finaría anos despois de Álvaro, en 1995.

Álvaro Cunqueiro morreu ás catro da madrugada do 28 de febreiro de 1981 no Hospital Xeral de Vigo, despois dunha longa convalecencia.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

A Cunqueiro en Barcelona.
  • Elegías y canciones (1940). Edit. Apolo, Col. Azor. 60 páxs. Reeditado en 2011 por Follas Novas Edicións. ISBN 978-84-694-5599-9.[74]
  • Balada de las damas del tiempo pasado (1945). Ed. Alhambra. Reeditado en 1976 por Círculo de Amigos de la Hisotoria. ISBN 978-8422506256.

Ensaio e artigos[editar | editar a fonte]

  • Crónica de la derrota de las naciones (fragmentos) (1954). Suplemento da Revista Atlántica Nº 1. Litografía e Imprenta Roel. 10 páxs.
  • Carlos Maside (1954). Galaxia. 22 páxs.
  • La Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra, Santiago de Compostela (1962). Publicaciones españolas. 202 páxs.
  • El Camino de Santiago (1965). 108 páxs.[75]
  • Lugo (1968). Guías Everest. Prólogo de Manuel Fraga.
  • Rías Bajas gallegas (1975). Everets. 62 páxs. ISBN 8424148185.
  • Ver Galicia (1981). Destino. 208 páxs. ISBN 8423311732.
  • Vigo y su ría (1985). Guías Everest. ISBN 9788424144074.
  • Viajeros imaginarios y reales (1986). Tusquets. 340 páxs. ISBN 84-7223-091-0.
  • Pontevedra, Rías Bajas (1988). Guías Everest. ISBN 9788424143640.
  • Los otros caminos (1988). Tusquets Ed. 368 páxs. ISBN 9788472231016. Escolma de artigos edición César Antonio Molina.
  • El pasajero en Galicia (1989). Tusquets. 392 páxs. ISBN 9788472231184. Selección e prólogo de César Antonio Molina.
  • Cunqueiro en la radio. "Cada día tiene su historia y otras series (1991). Fundación Barrié. 675 páxs. ISBN 9788487819094.
  • Encuentros, caminos y noticias en el reino de la tierra (1992). Compostela. ISBN 84-85553-67-5.
  • Papeles que fueron vidas (1994). Tusquets. 281 páxs. ISBN 8472234398.
  • Por el camino de las peregrinaciones y otros textos jacobeos (2004). Alba. 171 páxs. ISBN 8484282074.
  • Viajes y yantares por Galicia. Obra periodística olvidada en "Vida Gallega" (1954–1963) (2005). 194 páxs. Alvarellos. ISBN 84-85311-20-5.[76]
  • El laberinto habitado: los artículos de Álvaro Cunqueiro en "Destino" (1961–1976) (2007). Nigra. 616 páxs. Edición de María Liñeira.[77]ISBN 978-8495364609.
  • Viaje a Lugo: páginas sobre la ciudad (2011). Alvarellos. 197 páxs. ISBN 9788489323650.
  • Prólogos, epílogos y otros escritos dispersos (2011). Follas Novas. ISBN 978-84-695-0165-8.
  • De santos y milagros (2012). Fundación Banco Santander. 444 páxs. Edición de Xosé Antonio López Silva. ISBN 978-84-92543-32-8.
  • La cocina cristiana de occidente (2015). Austral. ISBN 978-84-9066-165-9 (ed. de 1981: ISBN 84-7223-811-3)

Narrativa[editar | editar a fonte]

Inscricións na tumba, no antigo cemiterio de Mondoñedo.
  • San Gonzalo (1945) baixo o pseudónimo de Álvaro Labrada. Editora Nacional, Madrid. En 1968 figura en Flores del año mil y pico de ave, onde figura xa como autor Álvaro Cunqueiro. Despois da morte do mindoniense unha tradución para o galego de San Gonzalo foi publicada pola editorial Ir Indo no ano 2000. No ámbito galego, o principal interese espertado pola obra débese ao plaxio dalgúns fragmentos d´A romeiría de Xelmírez de Otero Pedrayo.[78]
  • Las mocedades de Ulises (1960). Destino.
  • Fábulas y leyendas de la mar (1982). Tusquest. 288 páxs. ISBN 84-473-0516-3.[79] Edición de Néstor Luján.
  • Flores del año mil y pico de ave (1968). Reeditado en 1990 por Seix Barral. 242 páxs. ISBN 8432230774. Reeditado por Galaxia, Col. Mar Maior (2014). 280 páxs. ISBN 978-84-9865-538-4.
  • Un hombre que se parecía a Orestes (1969). Destino, Col. Áncora & Delfin.[80]Premio Nadal 1968. Reeditado por Destino en 2004 e por Austral en 2011 (ISBN 9788423345380).
  • Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca (1972). Destino. 185 páxs. [81] Reeditado por Planeta (1996). 192 páxs. ISBN 978-8408461104. E por Galaxia, col. Mar Maior (2014), 180 páxs. ISBN 978-84-9865-547-6
  • El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes (1974). Destino. 237 páxs. ISBN 8423318338. Adaptado ao teatro en 2004 polo Centro Dramático Galego, con dirección de Quico Cadaval.[82] Reeditado por Galaxia, Col. Mar Maior (2014). 244 páxs. ISBN 978-8498655490.
  • Obras literarias en castellano. Tomo 1: Merlín y familia; Las crónicas del sochantre; Las mocedades de Ulises; Cuando el viejo Simbad vuelva a las islas; Flores del año mil y pico de ave (2004). Fundación José Antonio de Castro. 845 páxs. ISBN 84-96452-15-8.[83]
  • Obras literarias en castellano. Tomo 2: Un hombre que se parecía a Orestes - Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca - El año del cometa con la batalla de los cuatro reyes - La otra gente - Tertulia de boticas prodigiosas y escuela de curanderos - Las historias gallegas - Elegías y canciones - Un poema y cuatro prosas - Crónica de la derrota de las naciones (Fragmentos) - Rogelia en Finisterre (2006). Fundación José Antonio de Castro. ISBN 84-96452-16-6.[84]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

A Cunqueiro en Bouzas, por Buciños.

Ademais é autor de:

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Hospital Álvaro Cunqueiro, 2015.

Homenaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 "Ficha de Elvira González-Seco Seoane na páxina de Galaxia". Arquivado dende o orixinal o 21/8/2016. Consultado o 11/8/2016. 
  2. "Cunqueiro González-Seco, César" (Mondoñedo 7/9/1941) en Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 145. ISBN 84-8064-113-4. 
  3. "Alvaro Cunqueiro - Biografía". Museo Casa Cunqueiro. Consultado o 23/7/2019. 
  4. 4,04,14,2 Vilavedra (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Autores. p. 157. 
  5. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 22/7/2019. 
  6. Entrevista de Joaquín Soler Serrano a Álvaro Cunqueiro no programa A Fondo de Televisión Española, 1978 (en castelán).
  7. 7,07,1 "Álvaro Cunqueiro Mora Real Academia de la Historia". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 23/7/2019. 
  8. 8,08,18,28,38,4 "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 22/7/2019. 
  9. 9,09,1 "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 22/7/2019. 
  10. «A Compostela se acerca uno como quien se acerca al milagro» Centro Virtual Cervantes (en castelán).
  11. "Álvaro Cunqueiro". AELG. Consultado o 22/7/2019. 
  12. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 23/7/2019. 
  13. Vilavedra 1995, p. 160-161.
  14. "1991 - Álvaro Cunqueiro Mora - O Portal da Lingua Galega". Secretaría Xeral de Política Lingüística. Consultado o 23/7/2019. 
  15. High-contrast-camera-video.svg Entrevista de Joaquín Soler Serrano a Álvaro Cunqueiro no programa A fondo, RTVE. 1978 (8'15")
  16. High-contrast-camera-video.svg "A realidade histórica de Galicia" conferencia de Álvaro Cunqueiro no Centro Galego de Lisboa en 1971 (7'09").
  17. Pena 2019, p. 243.
  18. "Álvaro Cunqueiro Mora. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 22/7/2019. 
  19. Pena 2016, p. 267.
  20. 20,020,1 Dona de corpo delgado: Herba aquí e acolá; Outros poemas: poesía (1933-1981) Galaxia, 2011.
  21. "A dama e o cabaleiro (1987) – Amancio Prada" (en castelán). Consultado o 2019-08-07. 
  22. Pena 2019, p. 224-255.
  23. "José María García de Tuñón Aza, Alvaro Cunqueiro, vida y obra, El Catoblepas 130:9, 2012". nodulo.org. Consultado o 23/7/2019. 
  24. Rodríguez López-Vázquez, Alfredo. "Álvaro Cunqueiro, o la teatralización de lo literario". cvc.cervantes.es (en castelán). Consultado o 23/7/2019. 
  25. Pena 2019, p. 494.
  26. "Álvaro Cunqueiro y «A noite vai coma un río». GaliciaAberta - Secretaría Xeral da Emigración". emigracion.xunta.gal. Consultado o 23/7/2019. 
  27. "XXVº Premio nacional de periodismo gastronómico “Álvaro Cunqueiro” Lalín, quilómetro cero de Galicia". lalin.gal. Consultado o 23/7/2019. 
  28. Iglesias, Xabier (venres, 2/9/2016). "Os libros de Ánxel Casal: Mar ao Norde". Os libros de Ánxel Casal. Consultado o 21/7/2019. 
  29. "Mar ao Norde = Mar al Norte". Consultado o 20/6/2019. 
  30. High-contrast-camera-video.svg Quen poidera namorala No bico un cantar, Televisión de Galicia.
  31. Castro, Pilar. "CVC. Álvaro Cunqueiro. Quehacer literario. Poesía. Álvaro Cunqueiro, trovador y juglar de la nueva cantiga". cvc.cervantes.es. Consultado o 21/7/2019. 
  32. Imaxe da portada dunha edición de Galaxia do ano 2014
  33. "Herba aqui ou acola - Hierba aquí o allá". Consultado o 20/6/2019. 
  34. "Herba aquí o allà". Consultado o 20/6/2019. 
  35. "Merlín y familia". Consultado o 20/6/2019. 
  36. "Merlín y familia y otres histories". Consultado o 20/6/2019. 
  37. "In Gesellschaft des Zauberers". Consultado o 20/6/2019. 
  38. "Merlin and Company". Consultado o 20/6/2019. 
  39. "Merlino e famiglia (Miranda)". Consultado o 20/6/2019. 
  40. "Las crónicas del Sochantre". Consultado o 20/6/2019. 
  41. "Cronache di un maestro di coro". Consultado o 20/6/2019. 
  42. "Les Chroniques du Sous-chantre". Consultado o 20/6/2019. 
  43. "Die Chroniken des Kantors". Consultado o 20/6/2019. 
  44. "Les cróniques del sochantre". Consultado o 20/6/2019. 
  45. "Tertulia de boticas prodigiosas y escuela de curanderos". Consultado o 20/6/2019. 
  46. "Escuela de melecineros y fábula de varia xente". Consultado o 20/6/2019. 
  47. "Ritrovo di farmacie prodigiose e Scuola di guaritori". Consultado o 20/6/2019. 
  48. "Ritrovo di farmacie prodigiose e Scuola di guaritori". Consultado o 20/6/2019. 
  49. "Cuando el viejo Sinbad vuelva a las islas". www.bibiotradución.uvigo. Consultado o 20/6/2019. 
  50. "Se il vecchio Sinbad tornasse alle isole". www.bibliotraducion.uvigo. Consultado o 20/6/2019. 
  51. Cunqueiro, Álvaro (2000). Als de oude Sinbad zou terugkeren naar de eilanden. Coppens & Frenks. ISBN 9789071127687. 
  52. "Awda al-Sinbad al-'aguz ila al-guzur". Consultado o 20/6/2019. 
  53. "La otra gente". www.bibliotraducion.uvigo. Consultado o 20/6/2019. 
  54. "Gens d'ici et de là". www.bibliotradución.uvigo. Consultado o 20/6/2019. 
  55. "Galiciens, corbeaux et parapluies". www.bibliotraducion.uvigo. Consultado o 20/6/2019. 
  56. "People from Here and Beyond". www.bibliotraducion.uvigo. Consultado o 20/6/2019. 
  57. "Folks from here and there". www.bibliotraducion.uvigo. Consultado o 20/6/2019. 
  58. "Xente d'equí y d'acullá". www.bibliotraducion.uvigo. Consultado o 20/6/2019. 
  59. "Han-hemengo jendea". www.bibliotradución.uvigo. Consultado o 20/6/2019. 
  60. "Los otros feriantes". www.bibliotraducion.uvigo. Consultado o 20/6/2019. 
  61. González, Anxo Abuín; Vieites, Manuel F. (2007). Cento vinte e cinco anos de teatro en galego. Galaxia. ISBN 9788471541888. 
  62. Romero, Elena Domínguez; Álvarez, Rubén Jarazo (2011). "Breaking Boundaries and Dislocating Muths in Alvaro Cunqueiro's "Función de Romeo e Xulieta, Famosos Namorados" (1956): a Galician Adaptation of Shakespeare's "Romeo and Juliet in the 20th Century"". ES: Revista de filología inglesa (32): 179–202. ISSN 0210-9689. 
  63. López Hortas, Paula. "La realidad soñada de «O incerto Señor Don Hamlet príncipe de Dinamarca»" (en castelán). Centro Virtual Cervantes. Consultado o 21/7/2019. 
  64. "CDG: Temporada". Centro Dramático Galego. Consultado o 21/7/2019. 
  65. "El incierto señor don Hamlet y otras piezas dramáticas". Consultado o 20/6/2019. 
  66. "Don Hamlet y otres pieces de teatru". Consultado o 20/6/2019. 
  67. "Don Hamlet e outras pezas. Galaxia. LG3. O soportal da Literatura Galega". CCG. Consultado o 21/7/2019. 
  68. "Tesoros y otras magias". Consultado o 20/6/2019. 
  69. "Cocina gallega". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 8/7/2019. 
  70. "Universo Cunqueiro. Sotelo Blanco. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 21/7/2019. 
  71. "Cadernos Ramón Piñeiro (XX). Álvaro Cunqueiro. Remuíño de prosas". cirp.es. Consultado o 21/7/2019. 
  72. "O mundo que teño de meu". Editorial Galaxia. Consultado o 21/7/2019. 
  73. kantaronet.com. "Tamén navegar 978-84-92792-95-5. Editorial Toxosoutos.com". toxosoutos.com. Consultado o 21/7/2019. [Ligazón morta]
  74. Mandía, Diana (22/12/2011). "Reeditados 19 poemas de juventud y 20 prólogos de Álvaro Cunqueiro". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 21/7/2019. 
  75. "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España -". catalogo.bne.es (en inglés). Consultado o 25/7/2019. 
  76. "Viajaes y yantares por Galicia de Álvaro Cunqueiro". Viajes y yantares por Galicia de Álvaro Cunqueiro …. Consultado o 21/7/2019. 
  77. Mejía Ruíz, Carmen. "Álvaro Cunqueiro en las páginas de Destino (1961-1976): Estrategias a favor de un imaginario ibérico en castellano (III)" (PDF). consellodaculura.gal. Consultado o 21/7/2019. 
  78. Pérez, Florentino. "Un achegamento a "San Gonzalo"" (PDF). consellodacultura.gal. Consultado o 26/07/2019. 
  79. Fábulas y leyendas de la mar - Álvaro Cunqueiro . Planeta de Libros (en castelán). 
  80. "Un hombre que se parecía a Orestes - Álvaro Cunqueiro - Limites.Leido". www.ciencia-ficcion.com (en castelán). Consultado o 21/7/2019. 
  81. "Vida y fugas de Fanto Fantini, Álvaro Cunqueiro: La búsqueda, no el encuentro". Fabulantes (en castelán). 20/10/2016. Consultado o 21/7/2019. 
  82. "CDG: Temporada". centrodramatico.xunta.gal. Consultado o 21/7/2019. 
  83. "Obras literarias en castellano, I" (PDF). biblioteca.org. Consultado o 21/7/2019. 
  84. "Obras literarias en castellano, II" (PDF). biblioteca.org. Consultado o 21/7/2019. 
  85. "Cunqueiro, Alvaro". www.escritores.org. Consultado o 23/7/2019. 
  86. Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos 2004. Editorial Galaxia. 16/2/2006. ISBN 9788482888941. 
  87. "Biografía español. Álvaro Cunqueiro. Escritor español. Biblioteca español. Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 21/7/2019. 
  88. "Austral publica la novela con la que Álvaro Cunqueiro obtuvo el Premio Nadal de 1968". www.europapress.es (en castelán). 17/12/2011. Consultado o 21/7/2019. 
  89. "Alvaro Cunqueiro: "He querido ser un jardinero del lenguaje"". El País (en castelán). 27/6/1979. ISSN 1134-6582. Consultado o 21/7/2019. 
  90. "Biografía español. Álvaro Cunqueiro. Escritor español. Biblioteca español. Instituto Cervantes". www.cervantes.es. Consultado o 21/7/2019. 
  91. Conde Muruais, Perfecto (29/1/1980). "Cela, Cunqueiro y Piel, doctores "honoris causa" de la Universidad de Santiago". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 21/7/2019. 
  92. do Río, Manolo (1/6/2011). "O retorno de Ulises". ABC. Consultado o 22/7/2019. 
  93. Rey, Noemí. "Dous mil e un poemas ao ar para homenaxear a Cunqueiro". Universidade de Vigo. Consultado o 22/7/2019. 
  94. "Home". Museo Casa Cunqueiro. Consultado o 23/7/2019. 
  95. "Un día para la historia de Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2/3/2019. Consultado o 3/3/2019. 
  96. "Mondoñedo inaugura la casa-museo de Álvaro Cunqueiro". El Progreso (en castelán). 1/3/2019. Consultado o 4/3/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Álvaro_Cunqueiro&oldid=5218251"