Álvaro Porto Dapena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Álvaro Porto Dapena
Nacemento 1940
  Narón
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

José Álvaro Porto Dapena, nado na parroquia de San Xiao (Narón) en 1940, é un filólogo e profesor universitario galego, membro correspondente da Real Academia Española de la Lengua.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licénciase en 1967 en Filoloxía románica, acadando o doutoramento na Universidad Complutense de Madrid en 1972, onde traballa como docente ata 1997, ano no que se traslada á Galicia para facerse cargo da cátedra de Lengua Española da Universidade da Coruña. Tamén traballou no Seminario de Lexicografía da Real Academia Española colaborando na elaboración do seu Diccionario Histórico e no Diccionario de construcción y régimen de R. J. Cuervo, onde redactou a meirande parte do tomo III. Participou con outros autores no Diccionario "Coruña" de la lengua española actual: planta y muestra, ó tempo que o dirixiu.

Colabora no Diario de Ferrol, onde escribe todos os domingos un espazo titulado "Con nome propio" no que trata, preferentemente, a toponimia da comarca de Ferrol.

Obra[1][editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Listado de obras en Dialnet, Universidad de la Rioja.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Álvaro_Porto_Dapena&oldid=4737028"