Álvaro Rodríguez Eiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Álvaro Rodríguez Eiras, nado en Meira o 4 de abril de 1932, é un político e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con só 29 anos, en 1961 foi designado alcalde do concello de Meira, posto que ocupou ata 1966[1]. Unha década máis tarde, en 1971 crea a empresa que leva o seu nome[2], Álvaro Rodríguez Eiras, SL, coñecida polo seu acrónimo Aresa, dedicada á venda de fertilizantes e outros produtos agrícolas.

En 1975 funda o Club Político de Lugo, unha organización encargada de dar a coñecer as distintas ideoloxías da transición; neses anos preside a Confederación de Empresarios provincial de Lugo, da que é precisamente o seu primeiro presidentes. En 1981 impulsa, xunto con outros, a creación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). É o presidente da patronal galega dende 1981 ata 1982, cando foi substituído por Emilio Pérez Nieto.


Predecesor:
-
 Meira.svg
Alcalde de Meira
 
1961 - 1966
Sucesor:
-
Predecesor:
non tivo
 
Presidente da CEG
 
1982 - 1984
Sucesor:
Emilio Pérez Nieto

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Álvaro_Rodríguez_Eiras&oldid=3894510"