Ángel Carro Crespo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ángel Carro Crespo[1] (tamén citado polo antropónimo galeguizado Anxo) foi un empresario galego e valedor do deporte en Lugo durante o franquismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi presidente da Cámara de Comercio da cidade de Lugo[2] así como do Círculo das Artes (neste último caso entre os anos 1934 e 1940)[3].

En 1936, en calidade de Presidente da Cámara de Comercio luguesa, enviou á Comandancia Militar 120 paquetes de cigarrillos, para a súa distribución entre as forzas de orde (Exército e Garda Civil) que o 23 de xullo de 1936 comezaron as detencións de destacados persoeiros locais.[4]

Nas primeiras eleccións municipais celebradas tras o golpe de estado de Francisco Franco, foi un dos cinco concelleiros pola circunscrición de Lugo[5].

Deporte[editar | editar a fonte]

Foi presidente da Ximnástica Lucense na década de 1940, até 1947, ano no que dimitiu.

Tanto o vello (que fora unha doazón de Carro Crespo á Ximástica Lucense[6]) coma o novo (inaugurado en 1974) estadio Anxo Carro onde disputa os seus partidos o Club Deportivo Lugo está nomeado na súa honra[7].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El 23 de julio de 1936 comenzaron las detenciones de destacados lugueses, reportaxe en La Voz de Galicia o 22 de xullo de 2006 (en castelán).
  2. Información na páxina 8 do diario ABC (edición de Andalucía) o martes 2 de outubro de 1956. (en castelán)
  3. Presidentes do Círculo das Artes Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine., páx. 9.
  4. El 23 de julio de 1936 comenzaron las detenciones de destacados lugueses Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en El Progreso o 22 de xullo de 2006. (en castelán)
  5. Las primeras elecciones municipales del franquismo (en castelán)
  6. Lugo se queda con un solo campo de fútbol, publicado en El Mundo Deportivo o venres 26 de agosto de 1977. (en castelán)
  7. Estadios de fútbol con nombres franquistas Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ángel_Carro_Crespo&oldid=4913572"