Ángel Jorge Echeverri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángel Jorge Echeverri
Nacemento29 de xullo de 1904
 Santiago de Compostela
Falecemento28 de xuño de 1984
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico, Cátedra universitaria, traumátologo e anatomista
IrmánsAgustín Jorge Etcheverri
PremiosGran Cruz de la Orden Civil de Sanidad, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco, Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio e Medalla ó Mérito no Traballo
editar datos en Wikidata ]

Ángel Jorge Echeverri, nado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1904 e finado na mesma vila o 28 de xuño de 1984, foi un médico e profesor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Acadou o Premio Extraordinario de licenciatura e o Premio Fernández Carril ao mellor expediente académico. Ampliou estudos no Hospital Provincial de Madrid, en Bruxelas, París e Porto, onde traballou no campo da embrioloxía e o sistema vascular linfático. En 1934 ampliou estudos de Traumatoloxía en Italia.

En 1929 gañou en oposición a praza de profesor adxunto da cátedra de Anatomía Descritiva e Topográfica e Técnica Anatómica da USC, e seis anos despois conseguiu dita cátedra. En 1931 doutorouse en Madrid coa tese Variedades del aparato renal superior. En 1932 foi nomeado médico do Hospital Provincial de Santiago de Compostela. Tras a súa xubilación deu clase de Historia da Medicina.

Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1960 e 1968. En 1947 ingresou como académico de número na Real Academia de Medicina de Galicia, co discurso Aspectos anatomofisiológicos del neopallium del cerebro humano.

Obra[editar | editar a fonte]

  • "Estudio anatómico sobre los vasos linfáticos de los músculos masticadores”, en Boletín de la Universidad de Santiago de Compostela (BUSC), 18 (1933), páx. 87-81.
  • “Linfáticos profundos del riñón”, en VV. AA., Actas de las Jornadas Médicas Galaico-Portuguesas (Orense, 1935), Ourense, Imprenta Encuadernación y Papelería La Industrial, 1936, págs. 250- 254;
  • Medicina y arte, Universidade de Santiago de Compostela, 1942
  • “Estudio de los ganglios linfáticos de articulación sacroilíaca”, en Archivos de Anatomía (1943)
  • “La anatomía y los monstruos humanos”, en BUSC, nº 45-46 (1945), páx. 283- 299
  • “Un Capítulo de las ciáticas vertebrales: las del génesis discal”, en BUSC, nº. 53-54 (1949), páxs. 3-46;
  • “La Anatomía radiográfica de la articulación de la cadera”, en BUSC, 70 (1962), páxs. 329-351 (con Héctor Fraga García).


Predecesor:
Luis Legaz Lacambra
 USClogotipo.gif
Reitor da Univ. de Santiago
 
1960 - 1968
Sucesor:
Manuel García Garrido

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • VV. AA., Sesión necrológica en memoria del Excmo. y Mgfco. Sr. D. Ángel Jorge Echeverri, Universidade de Santiago de Compostela, 16 de novembro de 1984.
  • Jorge Barreiro, F. J. (1998): “Biografía del profesor Ángel Jorge Echeverri”, en Boletín Informativo de la Sociedad Gallega de Cirugía Ortopédica y Traumatología, 3, páxs. 2-3.
  • Díaz-Rubio García, Manuel. "Jorge Echeverri, Ángel". Diccionario Biográfico Español. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ángel_Jorge_Echeverri&oldid=5241638"