Ángel de la Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ángel de la Cruz
Angeldelacruz.jpg
de la Cruz en 2013.
Nome completoÁngel de la Cruz
Nacemento12 de xuño de 1963 (55 anos)
LugarA Coruña, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
ProfesiónDirector, escritor, guionista e produtor
editar datos en Wikidata ]

Ángel de la Cruz Blanco, nado na Coruña en 1963, é un escritor e cineasta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ángel de la Cruz Blanco.

Escritor, director, guionista e produtor de cine. Durante os anos 80 compaxina os seus estudos de Arquitectura co traballo na enxeñaría técnica TG, Colaboradores, S.L. na Coruña, da que era socio. Así mesmo, a finais desa década, comeza a realizar traballos como debuxante de story-boards e decorador para o sector audiovisual na produtora galega Luz Directa. Toma contacto co mundo do cine en 1993 como axudante de decoración de Félix Murcia en Tirano Banderas (José Luís García Sánchez, 1993) ao que seguirá a produción británica Crucifixion Island, (John Gugolka, 1994).

Os seus comezos como guionista e director prodúcense en 1995-97 coa triloxía de curtametraxes Sitcom Show, Paranoia Digital e Más difícil aínda, producidos pola Escola de Imaxe e Son da Coruña —os tres realizados grazas a ganar sucesivos concursos de guión— e, o 28 de outubro de 1994, funda a produtora Artemática, S.L.U. desde a que, a partir de entón, compaxina traballos de produción, guión, dirección e decoración en diversas producións cinematográficas e para televisión, como os Cineclips e Erotips, pequenos sketchs de animación realizados por Juan Padrón e producidos por Juan José Mendy (ISKRA) (como guionista) para Canal Plus ou traballos como decorador en curtametraxes como Afonía, Isolina do Caurel, (ambos de Chema Gagino, 1996 e 1997, respectivamente), Postales de la India (Juanjo Díaz Polo, 1999) ou os programas do canal autonómico galego ¿Imos Aló? (Voz Audiovisual) e Camaleo, aprende a consumir (Continental Producciones).

Foi xerente da Asociación Galega de Produtores Independentes, AGAPI (1997-98) e realizou traballos e diversas colaboracións para empresas como Cinematógrafo Films, Perro Verde Films, Elemental Films, Dygra Films, IJV Producciones, Adivina Producciones, Centroña Producións Audiovisuais, Filmanova, Filmax, Producciones La Iguana, Vamos a Ver Televisión ou as xa mencionadas Luz Directa, Continental Producciones e Voz Audiovisual, entre outras.

A súa primeira longametraxe como guionista e director foi a película de animación El bosque animado, sentirás su magia (The living forest, 2001), adaptación da obra homónima de Wenceslao Fernández Flórez, ao que seguiu a produción hispano-lusa de animación El sueño de una noche de San Juan (Midsummer night, 2005), libremente inspirada na obra A Midsummer Night's Dream de William Shakespeare, ambas ganadoras de sendos premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. No ano 2000 produce, coa súa empresa Artemática, a curtametraxe Sandra (Héctor Diéguez González, 2000), do que tamén é guionista, e no ano 2008 produciu, escribiu e dirixiu a súa primeira longametraxe de ficción (con actores) titulado Los muertos van deprisa (Lost in Galicia, 2009), tamén para Artemática. Como guionista e produtor executivo estreou a película de animación Arrugas de Ignacio Ferreras (Wrinkles, 2011), baseada no popular cómic do mesmo título de Paco Roca coa que conseguiu o Goya 2012 ao Mellor Guión Adaptado, ademais do de Mellor Película de Animación.

No ano 2013, tamén coa súa empresa, produce o documental Querida Gina dirixido por Susana Sotelo (pendente de estrea) e a película para TVG Todos os Santos, dirixida por Chema Gagino (pendente de emisión), con guión de José Antonio Pastor (finalista do III Premio Pilar Miró de Películas para Televisión convocado pola Academia da Televisión), en cuxa rodaxe participa tamén como director artístico e actor. Tamén traballou en documentais, series e programas do canal autonómico galego e escribiu e dirixiu varias cerimonias de entrega dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego (e anteriormente dos Premios AGAPI), galardóns que ademais distinguiron en varias ocasións traballos seus. Cabe resaltar que o nome de Mestre Mateo para estes premios foi aprobado pola Academia Galega do Audiovisual a proposta do propio Ángel de la Cruz, vicepresidente da xunta directiva constituínte, motivo polo que o orixinal de dita estatuíña, cuxo deseño se encargou á artista Laura Blanco, da que logo sairían as réplicas para as figuras anuais, foille entregado a De la Cruz pola Academia Galega como obsequio polo seu corenta aniversario.

Como escritor publicou El cuento del aval ( Editorial Ir indo, 2000) e as novelas Compostellanum (Editorial Mandaio , 2004) e O descenso do derradeiro ocaso, ganadora do IV premio de Relatos por Entregas de La Voz de Galicia (Editorial Sotelo Blanco, Primeira edición: 2005, segunda edición: 2007).

Como docente, durante os anos 2009 a 2011, imparte clases como Profesor Experto de Dirección Cinematográfica, Produción e Programación de TV, Produción, Distribución e Exhibición de Cine, Estética e Dirección de Arte e Técnicas de Comunicación e Mercadotecnia, na Facultade de Comunicación e Humanidades da Universidade Europea de Madrid. Desde o ano 2010 ao 2012 deu clase no Máster de Creación e Xeración de Ideas da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación da Universidade de Vigo, da que ademais é bolseiro de honra desde o ano 2010. Impartiu obradoiros de guión e de animación, entre outros, na Coruña, Pamplona, Santiago de Compostela, Caracas, Río de Janeiro, Tinduf, etc.

Membro da Academia das Artes e as Ciencias Audiovisuais de España. Socio fundador da Academia Galega do Audiovisual. Socio fundador de CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia). Socio fundador de AGAG (Asociación Galega de Guionistas). Socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Socio fundador de AEC (Asociación Estatal de Cine). Membro de FAPAE (Federación de Asociacións de Produtoras Audiovisuais de España. Socio de SGAE (Sociedade de Xestión de Autores e Editores). Socio de EGEDA (Entidade de Xestión de Dereitos Audiovisuais). Socio de CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos). Bolseiro de honra da Facultade de Ciencias Sociais e de Comunicación da Universidade de Vigo.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • ¿Imos aló? (1990), curso de lingua galega para TVG, de Siro López (2ª temporada), como decorador.
  • Tirano Banderas (1993), longametraxe de José Luis García Sánchez, como axudante de decoración.
  • Crucifixion Island (1994), longametraxe de John Gugolka, como axudante de decoración.
  • Sitcom show (1995), curtametraxe, como director e guionista.
  • Afonía (1996), curtametraxe de Chema Gagino, como director artístico.
  • Recuerdos de un amante neurótico (1996), curtametraxe de Cheché Carmona, como como guionista e decorador.
  • Paranoia digital (1996) curtametraxe, como director e guionista.
  • Camaleo, aprende a consumir (1996), programa infantil para TVG de Carlos Dávila, como decorador.
  • Cinecilps (1997), microespacio de animación para Canal Plus de Juan Padrón, como guionista.
  • Erotips (1997), microespacio de animación para Canal Plus de Juan Padrón, como guionista.
  • Bicho (1997), videoxogo e curtametraxe de animación de Manolo Gómez, como guionista.
  • Isolina do Caurel (1997), curtametraxe de Chema Gagino, como director artístico.
  • O cambio (1997), curtametraxe de Ignacio Vilar, como director artístico.
  • Más difícil todavía (1998), curtametraxe, como director e guionista.
  • Postales de la India (1999), curtametraxe de Juanjo Díaz Polo, como director artístico.
  • Sandra (2000), curtametraxe de Héctor Diéguez González, como produtor e guionista.
  • Dagon, la secta del mar (2001), longametraxe de Stuart Gordon, como analista e tradución de guión (non acreditado).
  • El bosque animado, sentirás su magia (2001), longametraxe de animación, como director e guionista.
  • Sueños de papel. A literatura galega no cine (2002), documental para TVG, como director e guionista.
  • As leis de Celavella (2003), serie TVG, 2ª temporada, como guionista e dialoguista (2 capítulos)
  • Cifras y Letras (2003-2005), concurso para TeleMadrid, como guionista (82 programas)
  • El sueño de una noche de San Juan (2005), longametraxe de animación, como director e guionista.
  • Cifras e Letras (2006-2007), concurso para TVG de Paco Lodeiro, como guionista (52 programas)
  • Los muertos van deprisa (2008), longametraxe, como director, guionista e produtor.
  • Punto muerto (2010), serie de humor para TV, como director e guionista (episodio piloto).
  • Delincuentes torpes (2011), programa de humor para TVG, como director e guionista (13 programas).
  • Arrugas (2012), longametraxe de animación de Ignacio Ferreras, como guionista e produtor executivo.
  • Querida Gina (2013), longametraxe documental de Susana Sotelo, como produtor.
  • Joke Bussines (2013), webserie de Israel Nava e Deborah Vukusic, como actor (2 episodios).
  • Todos os Santos (2013), película para televisión de Chema Gagino, como produtor, director artístico e actor.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • El cuento del aval (VV.AA. Editorial Ir indo, 2000).
  • Compostellanum (Editorial Mandaio , 2004).
  • O descenso do derradeiro ocaso (Editorial Sotelo Blanco, Primeira edición: 2005, segunda edición: 2007).

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

  • Premio "Irmandade do Libro" da Federación de Libreiros de Galicia ao Mellor Guión Adaptado. 18ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, 2013 por Arrugas.
  • Premio Goya 2012 á Mellor Película de Animación por Arrugas.
  • Premio Goya 2012 ao Mellor Guión Adaptado por Arrugas.
  • Preselección para o Oscar ® 2011 á Mellor Longametraxe de Animación con Arrugas.
  • Nominación á Mellor Película Europea de Animación da Academia de Cine Europeo con Arrugas.
  • Premio do Público no Festival Internacional de Cine de Animación de Bruselas (Anima, 2012) por Arrugas.
  • Nominación aos Annie Awards como Mellor Película de Animación (Los Ángeles, 2011) con Arrugas.
  • Premio Especial do Xurado no Festival de Animación de Annecy, 2012 con Arrugas.
  • Mellor Longametraxe de Animación no Festival de Animación de Stuttgart, 2012 por Arrugas.
  • Mellor Ópera Prima no Festival de Cine de Animación de Nantes, 2012 por Arrugas.
  • Mellor Produtora de Animación no Cartoon Movie de Lyon, 2012 por Arrugas.
  • Mellor Película de Animación no Festival de Cine de Animación de Ottawa, 2012, por Arrugas.
  • Premio “Juliam Richards” ao Mellor Director no Festival de Cinema Independente de Braga, BRAGACINE, 2010 con Los muertos van deprisa.
  • Premio “Manoel de Oliveira” ao Mellor Director no Festival de Cinema Independente de Porto, 2009, con Los muertos van deprisa.
  • Premio Goya 2006 á Mellor Película de Animación, por El sueño de una noche de san Juan.
  • 2 Premios “Mestre Mateo” do Audiovisual Galego. (Mellor Banda Sonora, Mellor Montaxe), por El sueño de una noche de san Juan.
  • Premio “Mejor Desarrollo Tecnológico de Postproducción” da revista Producción Profesional, por El sueño de una noche de san Juan.
  • Ganador do IV concurso "Relatos por Entregas" de La Voz de Galicia, 2004, pola novela O descenso do derradeiro ocaso.
  • Finalista do III concurso "Relatos por Entregas" de La Voz de Galicia, 2003, pola novela Compostelanum.
  • Premio Goya 2002 á Mellor Película de Animación por El bosque animado.
  • Premio Goya 2002 á Mellor Canción Orixinal por El bosque animado.
  • Preselección para o Oscar ® 2002 á Mellor Longametraxe de Animación con El bosque animado.
  • 7 Premios “Mestre Mateo” do Audiovisual Galego, por El bosque animado.
  • Premio Especial da Crítica no Festival Internacional de Cine Fantástico “Fantasporto”, 2002, por El bosque animado.
  • Premio á Mellor Película de Animación no Festival Internacional de Rimouski, Québec (Canadá), 2003, por El bosque animado.
  • Premio Especial do Público no Festival Internacional de Zlin, Praga (República Checa), 2003, por El bosque animado.
  • Premio á Mellor Película de Animación no “Children’s Film Festival” de Chicago (USA), 2003, por El bosque animado.
  • Premio “Sennior” do Público Infantil e Xuvenil no Festival Internacional de Cine de Cannes, 2003, por El bosque animado.
  • Premio “Rosa del Desierto” á Mellor Película no I Festival de Cine Internacional del Sáhara, Tinduf (Alxeria), 2003, por El bosque animado.
  • Premio Galicia de Comunicación da Xunta de Galicia, 2001, por El bosque animado.
  • Finalista do Premio “Príncipe Felipe” 2002 á Excelencia Empresarial, con El bosque animado.
  • Finalista á Mellor Banda Sonora nos Premios da Academia das Artes e as Ciencias da Música, 2002, con El bosque animado.
  • Premios “Agapi” do Audiovisual Galego (2001), por Sandra.
  • Ganador do concurso "Relatos de Verán" de La Voz de Galicia, 2000, co conto El cuento del aval.
  • 8 Premios “Agapi” do Audiovisual Galego (1997), por Más difícil todavía.
  • 3 Premios “Agapi” do Audiovisual Galego (1996), por Paranoia digital.
  • Premio "Laus" ao Mellor Deseño Multimedia, Barcelona (1998), por Bicho.
  • Premio "Agapi" á Mellor Curta de Animación (1997), por Bicho..

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor director Os mortos van á présa Nomeado
Mellor guión Os mortos van á présa Nomeado
2011 Mellor guión Engurras Gañador

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ángel_de_la_Cruz&oldid=4725982"