Ánxel Romero Cerdeiriña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Ánxel Romero Cerdeiriña, nado en Riós o 3 de decembro de 1901, foi un notario e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado en Ourense con Marcelo Macías e Antón Losada Diéguez, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi socio fundador do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou en Nós, Lar e Lareira, e publicou en 1926 a novela curta O karma de Farruco Filgueira. Posteriormente estableceuse como notario en Madrid.

Obras[editar | editar a fonte]

  • O karma de Farruco Filgueira, 1926.
  • Estudios sobre el Derecho hereditario, 1947.
  • La transformación de las sociedades y la Ley de arrendamientos urbanos, 1975.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ánxel_Romero_Cerdeiriña&oldid=4099609"