Ánxeles Cuña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Ánxeles Cuña
Nacemento 1957
  Pontevedra
Nacionalidade España
Ocupación política
editar datos en Wikidata ]

Ánxeles Cuña Bóveda, nada en Pontevedra o 16 de febreiro de 1957[1], é unha dramaturga e política galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, así como diplomada pola Escola de Expresión de Barcelona. Traballou como Profesora de Actividades e impartiu clases de Lingua e Literatura no IES Universidade Laboral.

Foi a fundadora do grupo teatral Sarabela.

En agosto de 2016 acadou o primeiro posto nas primarias de En Marea pola provincia de Ourense para optar a deputada do Parlamento de Galicia[2], e foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016.

Obra teatral[editar | editar a fonte]

Como directora[editar | editar a fonte]

  • ̇Madame de Sade, de Mishima. 1990.
  • As sillas¡¡, de Ionesco. 1992.
  • Xacobe e o seu amo”, de Milan Kundera. 1993.
  • Cama dous por dous para dous, de Sergi Belbel. 1994.
  • A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor (Adap. Couceiro-Muñoz). 1996.
  • Afección, de Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz. 1997.
  • Tics, de Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz. 1998.
  • Os soños de Caín', Couceiro-Cuña-Dacosta-Muñoz. 1999.
  • Romance de Micomicón e Adhelala”, E. B. Amor. 1999.
  • O lápis do carpinteiro, de Manuel Rivas (Adap. Cuña-Muñoz-Calleja). 2000.
  • Sexismunda, de Pedro Calderón de la Barca. (Adap. Cuña-Muñoz-Calleja). 2001.
  • A illa amarela, de Paloma Pedrero. (Adap. Ánxeles Cuña). 2001.
  • A conxura dos necios, John Kennedy Toole. (Adap. Ánxeles Cuña). 2002.
  • Así que pasen 5 años, de Federico García Lorca. (Adap. Ánxeles Cuña). 2003.
  • A Rolda de caricias, de Sergi Belbel, baseado na Rolda de Arthur Schnizler. 2004.
  • A gata con botas', de Ánxeles Cuña Bóveda. 2004.
  • O heroe, de Manuel Rivas. 2005.
  • Rebentado, de Sarah Kane (Adaptación e dirección da lectura dramatizada). 2006.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha na páxina web de Sarabela Teatro.
  2. "Candidaturas de En Marea en 2016.". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ánxeles_Cuña&oldid=4913614"