Ánxeles Penas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ánxeles Penas
Ánxeles Penas (AELG)-1.jpg
Nacemento5 de maio de 1943
 Teixeiro
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescultora e pintora
XénerosPoesía
EstudosFilosofía e Letras, Belas Artes
editar datos en Wikidata ]

Ánxeles Penas García, nada en Teixeiro (Curtis) o 5 de maio de 1943, é unha poeta galega, primeiro en castelán e, desde 1982, en galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (1970) e en Belas Artes (especialidade de escultura) pola Facultade de San Fernando en Madrid (1986). Ademais, fixo estudios de música no Conservatorio da Coruña e de Maxisterio. No ámbito plástico ten a dobre faceta de escultora e pintora e leva feitas máis de cincuenta exposicións, tendo fundado no 1975 o Grupo de Arte Experimental A Carón. É membro de AULIGA, e pertence ao Consello asesor da revista Serta, da UNED.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • I Festival de Poesía no Condado 1981, S. C. D. Condado.
  • IV Festival da Poesía no Condado, 1984, S. C. D. Condado.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • V Festival da Poesia no Condado, 1985, S. C. D. Condado.
  • VI Festival da Poesía no Condado, 1986, S. C. D. Condado.
  • VII Festival da Poesia no Condado, 1987, S. C. D. Condado.
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética, 1989, S. C. D. Condado.
  • Fondo en malva, en Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
  • XII Festival da Poesia no Condado, 1992, S. C. D. Condado.
  • XIII Festival da Poesia no Condado, 1993, S. C. D. Condado.
  • Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, 2008, Espiral Maior.
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Con los pies en la frontera, 1976, edición da autora.
  • Ya soy para tu muerte, 1980, Molinos de agua, Madrid.

Traducións[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio das Festas Minervais da Universidade de Santiago no 1970.
  • Premio Nacional Jorge Manrique no 1971.
  • Premio Festa da Cantiga da Coruña no 1971.
  • Premio Abrente de Teatro de Ribadavia no 1974.
  • Premio Cidade da Coruña no 1981.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ánxeles_Penas&oldid=4748333"