éirígí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

éirígí
Partido político de Irlanda do Norte e da República de Irlanda
Dirixentes e organización
LíderBrian Leeson
Historia
Fundación12 de maio de 2007
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo
Republicanismo irlandés
Outros datos
SedeDublín
Páxina webwww.eirigi.org

éirígí [eːɼiːɟiː] é un partido político republicano socialista de Irlanda (norte e sur). Foi creado por un pequeno grupo de activistas socialistas republicanos en Dublín en abril de 2006 como un grupo de campañas políticas. Isto é discutido por moitos que afirman que de feito éirígí é unha escisión do Sinn Féin polo asunto da policía.[1][2][3][4] O 12 de maio de 2007, no primeiro Ard Fheis do partido, os seus membros votaron converterse nun partido político en pleno dereito[5], malia que aínda non está rexistrado no Clerk do Dáil Éireann, unha esixencia legal para aquelas entidades que queiran formar partidos políticos na República de Irlanda[6]. O presidente do partido é Brian Leeson.

Ideoloxía e obxectivos[editar | editar a fonte]

O partido busca a retirada dos británicos de Irlanda e o estabelecemento dunha república de 32 condados baseada nos principios do socialismo democrático. Estabelecido en 2006, pouco antes do 90 aniversario do Alzamento de Pascua de 1916, éirigí era orixinalmente un grupo de campañas centrado en Dublín. éirígí ten participado en campañas como Shell to Sea e Reclaim the Republic (Athshealbhaígí an Phoblacht), que levou á organización a distribuír 60,000 exemplares da Proclamación de 1916 por toda a nación.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.independent.ie/national-news/radicals-detained-over-ulster-murders-1673387.html Radicals detained over Ulster murders
  2. https://archive.is/20120804120603/www.greenleft.org.au/2009/788/40568 Republicans oppose new attacks on civil liberties
  3. http://cedarlounge.wordpress.com/2007/01/23/eirigi-new-dawn-fades-ornon-sinn-fein-republicanism-boldly-going-where-many-have-gone-before/ eirigi - new dawn fades
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2009. Consultado o 14 de abril de 2009. 
  5. éirígí Becomes a Political Party - Indymedia Ireland
  6. "Registering a Political Party in Ireland". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2009. Consultado o 14 de abril de 2009. 
  7. "éirígí: For A Socialist Republic". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2009. Consultado o 14 de abril de 2009. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Irlanda é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Éirígí&oldid=5117927"