Éric Rohmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Éric Rohmer
Eric Rohmer cinematheque 2004-04.jpg
Rohmer en 2004
Nome completoMaurice Henri Joseph Schérer / Jean Marie Maurice Schérer
Nacemento4 de abril de 1920
LugarTulle, Corrèze
Falecemento11 de xaneiro de 2010
LugarParís
SoterradoCemiterio de Montparnasse
NacionalidadeFlag of France.svgFrancia
EtniaPobo francés
Relixióncatolicismo
Educado enLiceu Henrique IV
Cónxuxe(s)Thérèse Barbet (1957-2010)
FillosRené Monzat
ProfesiónDirector
editar datos en Wikidata ]

Maurice Henri Joseph Schérer ou Jean Marie Maurice Schérer,[1] nado en Tulle (Corrèze) o 4 de abril de 1923 e finado en París o 11 de xaneiro de 2010 foi un director de cinema francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Creou o seu pseudónimo coa combinación dos nome do director Erich von Stroheim e do escritor Sax Rohmer, creador da serie de Fu Manchu. Estudou literatura, filosofía e teoloxía e acadou un grao avanzado en historia, comezando a súa vida profesional como profesor.

A mediados da década de 1940 marchou a París, onde traballou como xornalista. En 1949 comezou a asistir á Cinémathèque Française, e alí coñeceu aos seus amigos Jean-Luc Godard, François Truffaut, Claude Chabrol e Jacques Rivette. Aínda que Rohmer nunca estivera interesado no cinema converteuse en crítico de filmes. Tras pasar por varias revistas, en 1951 entrou en Cahiers du Cinéma, da que chegaría a ser editor.

Tras dirixir algunhas curtametraxes, debutou como director con Le signe du lion en 1959. A súa carreira tomou pulo coa súa serie Seis contos morais, que contan a mesma historia inspirada no filme de F. W. Murnau Sunrise: un home casado é tentado por unha segunda muller, pero finalmente volve á primeira. O cuarto deles, A miña noite con Maud foi o primeiro éxito comercial de Rohmer.

En 1980 comezou unha nova serie de filmes, "Comedias e proverbios", baseados en refráns. A súa última serie foron os Contos das catro estacións.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • 1959 Le Signe du lion
  • 1967 A coleccionista
  • 1969 A miña noite con Maud
  • 1970 O xeonllo de Claire
  • 1972 L'Amour l'après-midi
  • 1976 La Marquise d'O...
  • 1978 Perceval le Gallois
  • 1981 La Femme de l'aviateur
  • 1982 Le Beau mariage
  • 1983 Pauline na praia
  • 1984 Les Nuits de la pleine lune
  • 1986 Le Rayon Vert
  • 1987 L'Ami de mon amie
  • 1987 Le trio en si bémol
  • 1987 4 aventures de Reinette et Mirabelle
  • 1990 Conte de printemps
  • 1992 Conte d'hiver
  • 1993 L'Arbre, le maire et la médiathèque
  • 1995 Les Rendez-vous de Paris
  • 1996 Conte d'été
  • 1998 Conte d'automne
  • 2000 L'Anglaise et le Duc
  • 2004 Triple agent
  • 2007 Romance of Astree and Celadon

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A obsesión de Rohmer pola súa vida privada fixo que dese diferentes nomes. Tamén aparecen noutras fontes datas de nacemento coma o 21 de marzo de 1920, o 1 de decembro de 1920 e o 4 de abril de 1923.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Éric_Rohmer&oldid=5204045"