Évreux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 49°01′24″N 1°09′09″L / 49.02333, -1.15250

Évreux
Blason ville fr Evreux (Eure).svg
Escudo
Mapa
Información
Departamento Eure
Rexión Normandía
Superficie 26,46 km2
Poboación 49 722 habitantes (2013)
Densidade 1 879,14 hab./km²
Alcalde Guy Lefran (LR)[1]
2014-2020
Theatre evreux 01.jpg
O Teatro de Évreux
Páxina web oficial

Évreux é un municipio francés situado no departamento do Eure, na rexión de Normandía.

Os seus habitantes denomínanse Ébroïciens.

O nome de Évreux (na antigüidade Meiolanum Aulercorum, despois Eburovices e, na Idade Media, Ebroïcum) provén da tribo gala dos eburovices (literalmente: os que venceron polo teixo; eburo significa teixo en galo).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Évreux está situado a unha altitude media de 92 msnm, nas beiras do río Iton,[2] último afluente pola esquerda do Eure e, polo tanto, subafluente do Sena, no centro dunha inmensa meseta de cereais e outros cultivos que se coñece como a campagne d’Évreux. Está moi próximo ao bosque que leva o seu mesmo nome.[3]

O concello ocupa unha superficie de 26,46 km2 e no ano 2013 albergaba unha poboación de 49 722 habitantes, o que facía unha densidade de 1 879,14 hab./km².

Localizada no suroeste de Normandie, a cidade dista 96 km de París.

Demografía[editar | editar a fonte]

Serie de poboación histórica de Évreux
(Fonte/s: INSEE-fr)
Ano19217931800180618211831183618461851185618611866187218761881188618911896190119061911192119261931193619461954196819751982199019992007
Poboación36 695800084269511972811706102871180212877122271226512320133501462715847167551693217766182921897118957182341884119315201162043623647425504741246045491035119851485

Historia[editar | editar a fonte]

Antigüidade[editar | editar a fonte]

Durante a Antigüidade, Évreux, que foi fundada a finais do século I a.C., denominábase Mediolanum Aulercorum, e foi a capital do pobo dos aulercos eburovices.[4]

A principios do Alto Imperio, os seua habitantes rendían culto aos deuses romanos no santuario de Gisacum, situado a cinco quilómetros da cidade.

Évreux tiña tamén na época romana varios edificios públicos, como un teatro, un forum e unhas termas, entre outoros.

Situada nunha encrucillada das vías Ruan-Chartres e Évreux-París, a cidade desenvolvera un comercio florecente. Os vasos encontrados na necrópole do Clos do Duque dan testmuña dos intercambios comerciais co centro da Galia.[4]

Unha inscrición (CII, 3202) confirma a existencia de actividade téxtil na antigüidade galo-romana.

Relicario de San Taurin

A finais do século III, durante os asaltos bárbaros, a cidade foi rodeada cunha muralla da que quedan restos no museo municipal.

Idade Media[editar | editar a fonte]

A catedral de Évreux á beira do río Iton.

Évreux foi, en 989, a sede do primeiro condado de Évreux, e dun bispado, do que Taurin (morto c. 410), evalenxalizador do territorio, foi o seu primeiro bispo. Posteriormente sería canonizado.

Os normandos tomaron a cidade en 892, e Lotario, rei da Francia Occidental. tomouna en 962.

Foi saqueada por Henrique I de Inglaterra en 1120.

En 1194 o rei de Francia Filipe Augusto confiou a custodia da cidade ao rei de Inglaterra Xoán sen Terra. Pero este traicionouno para facerse perdoar polo seu irmán Ricardo Corazón de León. Para iso, fixo asasinar a 300 cabaleiros leais ao rei de Francia, e apoderouse da cidade en nome de Inglaterra. En represalia, Filipe Augusto queimou a cidade.[5]

O dereito a organizar unha feira ligada á abadía de san Taurin foi concedido polo seu fundador, o duque de Normandía Ricardo II, dereito que foi confirmado posteriormente polo rei Filippe Augusto.[6]

A finais do século XIII, Filipe III o Atrevido00 cedeu en apanaxe ao seu fillo, o príncipe Luís, o Condado de Évreux. Este príncipe francés daría orixe á Casa de Évreux, que reinaría en Navarra polo matrimonio do fillo deste, Filipe, con Xoana II de Navarra. Hoxe un barrio da cidade de Évreux leva o nome de Navarre,

Durante a guerra dos Cen Anos, a cidade foi tomada, en 1418, por Henrique V de Inglaterra. Retornou á soberanía do rei de Francia grazas á intervención de Robert Floquet.

En 1499 comezou a construción da nova sé do bispado, obra levada a cabo polo arquitecto Pierre Smoteau, en estilo gótico flamíxero.

Tempos modernos e época contemporánea[editar | editar a fonte]

En 1793 François Buzot intentou, sen éxito, converter esta cidade nun centro de resistencia contra a Convención.

A cidad sufriu moits ataques durante a Segunda Guerra Mundial, e gran parte do seu centro tivo que ser reconstruído.

O museo municipal inaugurouse en 1961.

A cidade experimentou un desenvolvemento moi rápido durante os anos 70, coa implantación de industrias de transformación. A mellora das comunicacións con París permitiu que moitos traballdores parisinos se instalen en Évreux.

Economía[editar | editar a fonte]

  • Industria farmacéutica
  • Imprentas: edicións Atlas
  • Base aérea 105

Irmandamentos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Los Republicanos (en francés Les Républicains, LR, é un partido político francés de centrodereiata. Foi fundado o 30 de maio de 2015 como un cambio de nome da Unión por un Movemento Popular (UMP), agrupación fundada polo presidente Jacques Chirac.
  2. Ficha do Iton (en francés).
  3. Doré, Francis e G. Bignot (2006): Normandie, Maine. Paris: Dunod. ISBN 978-2-100-50695-8, páx. 181.
  4. 4,04,1 Pluton-Kliesch, S. (2006): "Évreux l’antique, le cimetière du s. I", en Archéologia, 434: 80.
  5. Poignant, Adolphe (1854): Histoire de la conquête de la Normandie par Philippe-Auguste en 1204. Sagnier et Bray.
  6. Société libre d'agriculture, sciences, arts et belles-lettres de l'Eure, Évreux (1839): "Fundación da feira de san Taurin en Évreux" (en latín).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dimet, Jacques (1982): Évreux, cité capitale. Paris: Messidor. ISBN 978-2-209-06016-0.
  • Mineray, Jean (1988): Évreux: histoire de la ville à travers les âges. Luneray: Editions Bertout. ISBN 978-2-8674-3062-6.
  • Plaisse, André (1986): Évreux et les Ébroïciens au temps de Louis XI. Société libre de l’Eure, col. "Connaissance de l'Eure", nº 4.
  • Ramirez de Palacios, Bruno (2015): Charles dit le Mauvais: Roi de Navarre, comte d'Évreux, prétendant au trône de France. Le Chesnay: Éditions la Hallebarde. ISBN 978-2-9540-5852-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Évreux&oldid=4985970"