Óscar ó mellor guión adaptado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Oscar ó mellor guión adaptado, outorgábase ós escritores que conseguían unha boa historia partindo de materiais alleos ou anteriores (en xeral libros, obras de teatro ou outras películas).

Este Oscar, que se entregaba en paralelo a un ó mellor guión orixinal, outorgouse xa na primeira cerimonia de entrega, cando se premiou ás películas de 1927-28. Os dous anos seguintes entregouse unicamente un premio xenérico ó mellor guión, sen importar se se partía de material alleo ou orixinal, e que aparece relacionado nesta páxina. Volveuse ó formato inicial entre 1931 e 1934. Despois, diferenciouse entre un premio para o mellor argumento e outro para o mellor guión, sen diferenciar entre orixinal e adaptado. Este último apartado vén relacionado aquí. Entre 1940 e 1947 volveuse a entregar premios diferenciados para os guións orixinais e para os adaptados.

En 1948 entregouse unicamente un trofeo ó mellor guión, que tamén estará nesta lista. Entre 1949 e 1955 outorgouse un Oscar ó mellor guión, que se inclúe nesta lista, diferenciados dos Óscar ó mellor argumento e Oscar ó mellor argumento e guión. A partir de 1956 e ata a data outórgase este premio con este nome, xunto ó Oscar ó mellor guión orixinal.

Gañadores:

Década de 2010[editar | editar a fonte]

Década de 2000[editar | editar a fonte]

Década de 1990[editar | editar a fonte]

Década de 1980[editar | editar a fonte]

Década de 1970[editar | editar a fonte]

Década de 1960[editar | editar a fonte]

Década de 1950[editar | editar a fonte]

Década de 1940[editar | editar a fonte]

  • 1949 A Letter to Three Wives - Joseph L. Mankiewicz, sobre unha novela de John Klempner.
  • 1948 Treasure of the Sierra Madre - John Huston, sobre unha novela de Bruno Traven.
  • 1947 Miracle on 34th Street - George Seaton, sobre unha historia de Valentine Davies.
  • 1946 Os mellores anos da nosa vida - Robert Sherwood, sobre unha novela de MacKinlay Kantor.
  • 1945 A fin de semana perdida - Charles Brackett e Billy Wilder, sobre unha novela de Charles R. Jackson.
  • 1944 Going My Way - Frank Butler e Frank Cavett, sobre unha historia de Leo McCarey.
  • 1943 Casablanca - Philip Epstein, Julius Epstein e Howard Koch, sobre unha obra de teatro de Murray Burnett e Joan Alison.
  • 1942 Mrs. Miniver - George Froeschel, James Hilton, Claudine West e Arthur Wimperis, sobre unha novela de Jan Struther
  • 1941 Here Comes Mr. Jordan - Sidney Buchman e Seton Miller, sobre unha obra de teatro de Harry Segall.
  • 1940 The Philadelphia Story - Donald Ogden Stewart, sobre unha obra de teatro de Philip Barry.

Década de 1930[editar | editar a fonte]

Década de 1920[editar | editar a fonte]

  • 1929 The Patriot - Hans Kraly, sobre unha obra de teatro de Ashley Dukes, tradución doutra de Alfred Neumann, á súa vez baseada nunha historia de Dmitri Merezhkovsky.
  • 1928 The Seventh Heaven - Benjamin Glazer, sobre unha obra de teatro de Austin Stong.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Óscar_ó_mellor_guión_adaptado&oldid=5256505"