Últimas cartas de Jacopo Ortis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O autor da obra, Ugo Foscolo, retratado en 1813.

Últimas cartas de Jacopo Ortis[1] (Ultime lettere di Jacopo Ortis no orixinal italiano) é a novela máis importante de Ugo Foscolo, escrita entre 1798 and 1802[2].

Trama e características[editar | editar a fonte]

Está considerada a primeira novela epistolar da literatura italiana. Consiste na reprodución das cartas do protagonista, Jacopo Ortis, por parte do seu destinatario, o editor e amigo Lorenzo Alderani. Este último, tras o suicidio de Jacopo, exponas de maneira cronolóxica ao tempo que lles engade un proemio e mais unha conclusión. Está vagamente inspirado nun feito real, segundo o modelo literario fixado en As mágoas do mozo Werther (1774) por Johann Wolfgang von Goethe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Traducida ao galego por Isabel Soto e publicada pola Editorial Hugin e Munin en 2016.
  2. A primeira edición data de 1802. A segunda edición, con cambios profundos, publicouna Foscolo en Zúric en 1816. A terceira sairía en Londres en 1817.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Últimas_cartas_de_Jacopo_Ortis&oldid=4913707"