İlham Əliyev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
İlham Əliyev
Ilham Aliyev in Poland, 2008.jpg
Datos persoais
Nacemento24 de decembro de 1961
 Bakú, RSS de Acerbaixán
OrganizaciónPartido do Novo Acerbaixán
PaiHeydər Əliyev
NaiZarifa Aliyeva
CónxuxeMehriban Əliyeva
FillosLeyla Aliyeva e Arzu Aliyeva
Alma máterInstituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova
ProfesiónPolítico e mestre
RelixiónIslam e Xiísmo
Signature of Ilham Aliyev.svg
editar datos en Wikidata ]

İlham Heydər oğlu Əliyev, nado en Bakú o 24 de decembro de 1961, é un político acerbaixano, presidente do seu país dende o 31 de outubro de 2003.

É tamén o presidente do Partido do Novo Acerbaixán e do Comité Olímpico Nacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

İlham Əliyev naceu o 24 de decembro de 1961 en Bakú. O seu avó foi Əziz Əliyev, destacado político do Partido Comunista da Unión Soviética, súa nai a científica Zərifə Əliyeva e seu pai, Heydər Əliyev, terceiro presidente de Acerbaixán.

En 1977 entrou no Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova e en 1985 recibiu un doutorado en Historia. Entre 1994 e 2003 foi vicepresidente de SOCAR, a petroleira estatal de Acerbaixán. Foi unha das figuras claves durante as negociacións entre o goberno acerbaixano e as empresas petroleiras occidentais que concluíron con grandes acordos de producción compartida.

En 1995 foi elixido deputado da Asamblea Nacional da República de Acerbaixán e nas eleccións presidenciais de 2003 saíu elixido presidente do país co 76.84% dos votos, sucedendo a seu pai, que morrería dous meses despois.

Foi reelixido de novo nas eleccións de 2008 e, tras un referendo en 2009 co que se eliminou o límite de mandatos que pode exercer o presidente, reelixido en 2013 e 2018 con máis do 85% dos votos en ambos procesos.

Dende 1997, Əliyev é o presidente do Comité Olímpico Nacional.

Predecesor:
Artur Rasizade
 Emblem of Azerbaijan.svg
Primeiro Ministro de Acerbaixán
 
4 de agosto de 2003 - 4 de novembro de 2003
Sucesor:
Artur Rasizade
Predecesor:
Heydar Aliyev
 Emblem of Azerbaijan.svg
Presidente de Acerbaixán
 
31 de outubro de 2003 - Actualidade
Sucesor:
No cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=İlham_Əliyev&oldid=5132965"