10 de outubro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< Outubro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2017
Todos os días
9 de outubro
 
10 de outubro
 
11 de outubro

O 10 de outubro é o 283º día do ano do calendario gregoriano (284º nos anos bisestos). Quedan 82 días para finalizar o ano.

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Rosalía de Castro 
Manuel Murguía 
  • 1526: O voivoda transilvano, Xoán Zapolya faise elixir rei, coa axuda dos turcos, contra Fernando de Hansburgo.
  • 1770: Unha expedición, ao mando de Felipe González Ahedo, toma posesión da illa de Pascua no nome de España.
  • 1789: Por "motivos humanitarios", o médico francés Joseph Ignace Guillotin propón unha nova máquina de execución: a guillotina.
  • 1793: Comeza a época do Medo, derradeira etapa da Convención Montañesa.
  • 1798: Os británicos ocupan a illa de Menorca.
  • 1832: O comandante da goleta de guerra "Sarandi", Xosé María Pineda, ocupa as illas Malvinas no nome da Arxentina.
  • 1840: Emítese no Reino Unido o primeiro selo de correos.
  • 1843: A raíña Isabel II de España pon a primeira pedra do edificio do actual Congreso dos Deputados de Madrid.
  • 1846: Voda de Isabel II de España co seu curmán o infante Francisco de Asís, no Palacio Real de Madrid.
  • 1856: Inauguración en Madrid do Teatro da Zarzuela.
  • 1858: Casamento de Rosalía de Castro con Manuel Murguía na Igrexa de San Ildefonso de Madrid.
  • 1868: Carlos Manuel de Céspedes declara a independencia de Cuba, feito que dá orixe a Guerra dos Dez Anos.
  • 1897: O químico alemán Felix Hoffman sintetiza o ácido salicílico do sabugo, predecesor da aspirina, fármaco que chegaría a ser o máis popular e consumido no mundo.
  • 1898: España: A firma do tratado de París pon fin á guerra entre España e EUA por mor da illa colonial de Cuba.
  • 1902: Incidentes entre obreiros e a Garda Civil en La Línea, cun saldo de 30 mortos e incontables feridos.
  • 1902: Nace o "cabalo mecánico", antecesor do actual tractor.
  • 1903: Estrea en Antuerpen da ópera “Princesa Raio de Sol”, de Paul Gilson.
  • 1908: Inauguración das obras do túnel de ferrocarril transpirenaico por Canfranc (Huesca).
  • 1908: Henri Farman establece un novo récord de velocidade con 52 km/h.
  • 1912: Os rebeldes derrotan os gobernamentais no Escalón.
  • 1913: O presidente estadounidense, Woodrow Wilson, fai estoura-la carga de dinamita que voa o derradeiro obstáculo para a unión das augas do Atlántico co Pacífico a través da Canle de Panamá.
  • 1914: Fernando I, coroado rei de Romanía.
  • 1916: Os submarinos alemáns estenden o seu radio de acción contra os buques mercantes aliados a todo o Atlántico, até as costas americanas.
  • 1918: Rosa Luxemburg abandona a prisión preventiva.
  • 1919: Estréase en Viena a ópera “A muller sen sombra”, de Richard Strauss.
  • 1919: Inglaterra ratifica o tratado de Versalles.
  • 1921: O exército español reconquista o monte Gurugú, fronte a Melilla.
  • 1928: Publícase “O eu e o inconsciente”, de Carl Gustav Jung.
  • 1929: Vólvese a permitir a entrada no país aos cregos estranxeiros.
  • 1931: Constitución das JONS, pola fusión dos grupos políticos dirixidos por Ramiro Ledesma e Onésimo Redondo.
  • 1932: Inauguración dunha xigantesca central eléctrica soviética sobre o Dniéper.
  • 1933: Constitúese o cuarto Goberno constitucional da Segunda República Española, presidido por Diego Martínez Barrio.
  • 1933: A Sociedade de Nacións crea un Alto Comisariado para os refuxiados, co fin de socorrer os alemáns que teñen que fuxir do seu país.
  • 1934: Inaugúrase na Arxentina o XXXII Congreso Eucarístico Internacional.
  • 1934: Restablécese a pena de morte para determinados delitos.
  • 1935: Golpe de Estado que acaba coa República en Grecia. O xeneral Condylis é nomeado rexente para da-lo paso a Monarquía.
  • 1935: O consello da Sociedade de Nacións constitúe un comité de sancións para o asunto de Etiopía.
  • 1940: Ataque aéreo británico contra as instalacións portuarias de Cherburgo.
  • 1941: Estréase a película Fantasía de Walt Disney.
  • 1941: Fracasa o referendo para a anexión de Luxemburgo a Alemaña co 97% de abstencións.
  • 1944: Os soviéticos cercan por completo o grupo de exércitos do norte alemán en Curlandia.
  • 1945: É detido o coronel Perón, ex ditador da Arxentina, o que provoca a dimisión do goberno en pleno.
  • 1946: Apróbase o borrador do tratado de paz entre Italia e Romanía. Albania recobra a súa independencia.
  • 1947: Devolución a Italia dun tesouro en ouro valorado en 25 millóns de dólares, descuberto no norte de Italia polo V exército de EUA.
  • 1950: Estréase en Barcelona a película Agustina de Aragón dirixida por Juan de Orduña e protagonizada por Aurora Bautista.
  • 1951: Estrea en España da película Séptima página, dirixida por Ladislao Bajad e protagonizada por Rafael Durán, Alfredo Mayo e María Rosa Salgado.
  • 1953: O emperador de Vietnam Bao-Dai reúne os líderes políticos para prepara-las negociacións con Francia, pero o congreso dexenera en pelexa.
  • 1954: Francisco Franco presencia en Valencia as manobras da VI frota estadounidense.
  • 1955: O ministro soviético de Asuntos Exteriores Viacheslav Molotov afirma que na URSS non se logrou aínda a construción do socialismo.
  • 1957: Grave accidente no reactor nuclear británico de Windscale.
  • 1958: Patrice Lumumba crea no Congo belga o Movemento Nacional Congoleño.
  • 1962: 100 chineses e 24 indios morren no curso das operacións militares no Nepal.
  • 1963: Estréase en España a película Matar un reiseñor, protagonizada por Gregory Peck.
  • 1963: Arxentina: Arturo Umberto Illia asume a presidencia da nación.
  • 1964: Transmítese vía satélite o primeiro programa comercial, directamente dende Xapón aos EUA.
  • 1964: O francés Jean Paul Sartre renuncia ao Premio Nobel de Literatura.
  • 1965: Turquía: A vitoria do Partido da Xustiza favorable ás iniciativas de EUA terá que facer fronte ás protestas dos estudantes de esquerdas.
  • 1966: España gasta na investigación o 0,2% da súa renda.
  • 1967: Celébranse eleccións en España para cubrir 108 procuradores en Cortes para o terzo familiar.
  • 1968: En España 200 mestres non numerarios (PNN) da Facultade de Ciencias Económicas e Políticas deciden non iniciar, polo momento, ningunha actividade docente.
  • 1968: Francia: A asemblea aproba a lei de orientación da ensinanza superior que marca dous grandes principios: autonomía e participación.
  • 1970: As Illas Fixi obtén a independencia.
  • 1971: O Partido Socialista Austríaco, encabezado por Bruno Kreisky, consegue a maioría absoluta nas eleccións celebradas para o Consello Nacional.
  • 1972: A policía retirase das universidades de Madrid, ocupadas dende 1968.
  • 1974: As eleccións lexislativas do Reino Unido dan como vencedor, por lixeira maioría, o Partido laborista, con tres escanos mais cos conservadores.
  • 1978: Inauguración da mostra de Arte Vasco-78, en Bilbao.
  • 1978: Kenya: Daniel Arap Moi sucede na presidencia a falecido Jomo Kenyatta e converterase no líder da KANU.
  • 1979: Os vietnamitas de Cambodja acosan os khemeres vermellos, repregados no norte do país.
  • 1980: Centos de mortos nun tremor que sacode a rexión alxerina de Al Asnam.
  • 1983: Isaac Shamir, primeiro ministro do Goberno de Israel.
  • 1983: Elementos antisandinistas provocan un incendio no porto nicaraguano de Corinto.
  • 1984: Nicolás Ardito Barletta toma posesión do cargo de presidente de Panamá.
  • 1984: O Papa Xoán Paulo II realiza unha escala de cinco horas en Zaragoza, na súa viaxe a Santo Domingo e Porto Rico.
  • 1984: Polonia: Tralo asasinato do vicario da parroquia obreira e defensor popular, Jerzy Popielusko. Tres oficiais de seguridade serán detidos por este crime.
Rainbow Warrior
  • 1985: Nova Zelandia: O “Rainbow Warrior”, buque do movemento ecoloxista “Greenpeace” é afundido no porto de Auckland causando un morto. Este feito, xunto coas probas nucleares de Francia no Pacífico provocan o escándalo en París.
  • 1986: Dous terremotos na capital salvadoreña causan a morte a unhas 900 persoas, feridas a 10 000 e danos materiais a mais de 200 000.
  • 1987: O ciclista italiano Francesco Moser bate o récord da hora de ciclismo e o deixa nos 48,637 km.
  • 1988: Lubomir Strougal, primeiro ministro checoslovaco, presenta a súa dimisión oficial tras 18 anos no cargo e é substituído por Ladislav Adamec.
  • 1989: O ministro de Industria e Enerxía, Claudio Aranzadi, presenta o novo Plan de Enerxías Renovables, polo que España deberá investir nos próximos sete anos 150 000 millóns de pesetas para equipara-la utilización de novas fontes enerxéticas previstas pola CE.
  • 1991: Os "doce" aceptan, en Bruxelas, coa oposición do Reino Unido e Portugal, o futuro poder de codecisión lexislativa do Parlamento Europeo.
  • 1992: Constitución do Padroado do Instituto Cervantes, co obxectivo de promove-la expansión do idioma español no mundo.
  • 1993: O Movemento Socialista Panhelénico gaña as eleccións parlamentarias en Grecia co 48% dos votos.
  • 1994: Akihito e Michiko inician en Madrid a primeira visita oficial na historia duns emperadores do Xapón a España.
  • 1995: Prosegue o avance bosnio-croata sobre o oeste de Bosnia e Hercegovina coa conquista de Mrkonjic e Sanski Most, derradeira defensa de importancia na ruta que leva a Banja Luka.
  • 1997: Premio Nobel da Paz a Campaña Internacional contra as Minas Antipersoas (ICBL).
  • 1997: O Consello de Ministros aproba o Real Decreto que regula o Himno Nacional español. Días antes, o Estado adquirira os dereitos da "Marcha Real" por 130 millóns de pesetas.
  • 1999: O Partido Socialista de Portugal vence nas eleccións xerais celebradas neste país, aínda que sen maioría absoluta.
  • 1999: O equipo español de golf, integrado por José María Olazábal, Miguel Ángel Jiménez e Sergio García, gaña por primeira vez a copa Dunhill, considerada como o campionato do mundo por equipos.
  • 1999: Óscar Freire gaña con 23 anos o Campionato do Mundo de ciclismo en ruta. Repite así a conquista de Abraham Olano en 1995.
  • 2000: Jack S. Kilby recibe o Premio Nobel de Física "ex aequo" con Herbert Kroemer e Zhores Alfiorov.
  • 2000: Os estadounidenses Alan Heeger e Alan McDiarmid e o xaponés Hideki Shirakawa reciben o Premio Nobel de Química.
  • 2002: 25 persoas morren ao estourar unha bomba colocada pola guerrilla separatista chechena nunha comisaría de policía no Grozni.
  • 2002: Co asasinato en Virxinia dun home que repostaba nunha gasolineira, o "francotirador de Washington" cóbrase a súa novena vítima.
  • 2002: Un millón de persoas, convocadas pola Coordinadora Democrática, concéntrase en Caracas para esixir a dimisión do presidente venezolano Hugo Chávez.
  • 2002: O poeta valenciano Carlos Marzal gaña o Premio Nacional de Poesía coa súa obra “Metais pesados”.
  • 2003: O príncipe Johan Friso dos Países Baixos, segundo fillo da raíña Beatriz, renuncia os seus dereitos sucesorios para casar con Mabel Wisse.
  • 2003: O Goberno español denega o indulto aos "Albertos" (Alberto Cortina e Alberto Alcocer); coñecidos empresarios, condenados por un delito de estafa e falsidade documental.
  • 2003: O rei de Marrocos, Mohamed VI, impulsa unha reforma legal contra a discriminación das mulleres.

Nacementos[editar | editar a fonte]

Mercè Rodoreda

Mortes[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

  • Día Mundial da Saúde Mental
  • Día Mundial Contra a Pena de morte

Outros[editar | editar a fonte]

  • Santoral: San Gonzalo, Tomé de Villanueva, Claro, Pinito, Paulino, Cerbonio (Bispos); Eulampio e Eulampia, Venancio, Daniel, Samuel, Anxo, León, Nicolao, Hugolino, Xereón, André, Demetrio, Tiberio, Alderico, Basian, Víctor, Casio e Florencio (Mártires); Teófilo (Monxe); Zacarías e Francisco de Borxa (Confesores); Daniel Comboni (fundador dos Misioneiros Combonianos). Calendario Romano: Tesmoforias.

Os 366 días do ano

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=10_de_outubro&oldid=4460747"