1180

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
1180
Calendario gregoriano1180
MCLXXX
Ab urbe condita1933
Calendario armenio629
Calendario chinés3876 – 3877
Calendario hebreo4940 – 4941
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1235 – 1236
 ·  Shaka Samvat1102 – 1103
 ·  Kali Yuga4281 – 4282
Calendario persa558 – 559
Calendario musulmán575 – 576
Calendario rúnico1430
Década de 1180
1176 1177 1178 1179 1180 1181 1182 1183 1184

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Imperio Bizantino[editar | editar a fonte]

  • Inicio do reinado de Alexis II Commeno, emperador bizantino (até 1183)
  • Rexencia de María de Antioquía (até 1182). Aséntase sobre a colonia latina de Constantinopla e os mercenarios occidentais. Enfróntanse dous partidos: o dos gobernamentais, apoiados polos ricos e os estranxeiros, e os tradicionalistas, dirixidos por algúns nobres agrupados arredor de María, filla de Manuel e e apoiada polo pobo e a igrexa, que vencerá en 1182.
  • Independencia da Serbia baixo a dinastía dos Nemanxides creada por Estevo Nemanxa, que se retirará ao monte Atos en 1196.

España[editar | editar a fonte]

Francia[editar | editar a fonte]

  • Inicio do reinado de Filipo II Augusto, rei de Francia (até 1223. En febreiro fai apresar aos xudeus, a quen libera a cambio dun rescate de 31 000 libras parisinas, e abole todas as debedas dos cristiáns con eles. O 28 de abril casa con Isabel de Hainaut, filla de Baduíno V de Hainaut. O 28 de xuño asina un tratado de axuda defensiva e ofensiva con Henrique II Plantagenet.

Sacro Imperio[editar | editar a fonte]

  • Frederico Barbarrosa confíscalle o ducado de Baviera a Henrique o León para entregarllo a Otón I de Wittelsbach.

Asia[editar | editar a fonte]

  • Apoxeo dos khmer en Camboxa.
  • Na India, fin da dinastía Chalukia coa morte de Someshvara, fillo de Bijjala.

Xapón[editar | editar a fonte]

  • Inicio do reinado do emperador Antoku no Xapón.
  • 5 de maio: chamada ás armas do príncipe Mochihito, apartado do trono do Xapón.
  • Xuño: Taira no Kiyomori traslada a capital do Xapón a Fukuhara (actual Kobe. En novembro trasládaa de novo a Kioto.
  • 15 de xuño: o príncipe Mochihito foxe de Kioto e refúxiase en Mii-dera.
  • Comeza a guerra de Gempei
    • 23 de xuño: primeira batalla de Uji. Os monxes do Byodo-in combaten a carón de Minamoto no Yorimasa contra os Taira, mais son vencidos. Yorimasa suicídase (seppuku) e o príncipe Mochihito é asasinado.
    • Sitio de Nara: os Taira préndenlle lume aos templos e mosteiros para se vingar da participación dos monxes.
    • 14 de setembro: Batalla de Ishibashiyama, primeira batalla de Minamoto no Yoritomo contra os Taira. Derrota de Yoritomo.
    • Outubro: Yoritomo establece os seus cuarteis xerais en Kamakura, no leste do Xapón, e lanza de novo as hostilidades.
    • 9 de novembro: Batalla de Fujigawa. Os Taira confunden unha bandada de páxaros acuáticos cun ataque sorpresa dos Minamoto durante a noite e retíranse sen combater, concedéndolle así unha vitoria inesperada a Yorimoto.

Arte e cultura[editar | editar a fonte]

Frescos no Panteón dos Reis en Santo Isidoro de León

Nacementos[editar | editar a fonte]

Mortes[editar | editar a fonte]

  • Luís VII de Francia, sexto rei de Francia da dinastía dos Capetos (1120-).
  • Manuel I Commeno, emperador bizantino (1118).
  • Bernat de Ventadorn, trobador provenzal (n. ca. 1150).

Outros[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Historia ano a ano


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1180&oldid=4678592"