1222

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
1222
Calendario gregoriano 1222
MCCXXII
Ab urbe condita 1975
Calendario armenio 671
Calendario chinés 3918 – 3919
Calendario hebreo 4982 – 4983
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat 1277 – 1278
 ·  Shaka Samvat 1144 – 1145
 ·  Kali Yuga 4323 – 4324
Calendario persa 600 – 601
Calendario musulmán 619 – 620
Calendario rúnico 1472
Década de 1220
1218 1219 1220 1221 1222 1223 1224 1225 1226

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

  • Pola súa Bula Dourada, André II de Hungría sométese á dieta e aos señores feudais. A Bula garántelle á nobreza unha dieta anual, inmunidades de orde fiscal e a percepción de impostos e recoñécelle o dereito á insurrección contra o monarca.
  • Primeiro reinado de Erik XI Eriksson en Suecia.
  • O rei de Bohemia, Otokar I, anexiona Moravia ao seu reino.
  • Fundación de Dorpat en Livonia.
  • Fundación da orde dos Cabaleiros Teutóns.
  • Revolta popular na Estonia.

Imperio Bizantino[editar | editar a fonte]

Tíralles aos latinos as súas posesións asiáticas e varias illas (Lesbos, Quíos, Samos e Rodas). Co apoio provisorio dos búlgaros, sitia, sen éxito, Constantinopla. Desembarca na Tracia.

Rusia[editar | editar a fonte]

  • Iaroslav Vsievolodovitch toma Novgorod do seu irmán Constantino de Rostov.
  • Os mongois Djebe e Subutay pasan o Cáucaso por Derbent e chegan ás estepas dos cumanos após saquear Chirván. Kotian, khan dos cumanos, solicítalles axuda aos rusos. Os mongois, logo de teren reducido aos alano e cherquesos, envían unha embaixada a Rusia, que é masacrada, desencadeando as hostilidades. Kotian refúxiase co seu padrastro, Mstislav, que convence aos príncipes rusos para recrutar un exército de 80 000 homes para deter os mongois.

África[editar | editar a fonte]

  • Sundjata Keïta crea o Imperio do Malí e abole a escravitude (Carta do Mandinga).

Norte de África[editar | editar a fonte]

  • Reinado de Abd el-Ouahid, califa Almohade.
Sobe ao trono tras a morte do seu sobriño Yusuf al-Mustansir. Estalan revoltas en todo o imperio almohade. Na Península Ibérica, Abdallah-Adil proclámase califa, encanto que os xeques marroquinos depoñen a Abd el-Quahid.

Asia[editar | editar a fonte]

  • Na India, os mongois chegan até Multán, mais retíranse por causa do clima.
  • Genghis Khan pasa por Afganistán. Alí recibe ao monxe taoísta Tehi-tehe Tchag-tchoun, a quen fixera vir desde China para que lle atopase un xeito de escapar á morte. No outono, volta a Boukhara, e logo a Samarcanda, onde pasa o inverno.

Oriente Próximo[editar | editar a fonte]

  • Os pisanos e os xenoveses das colonias de Acre enfróntanse. Perden estes últimos e abandonan o porto.

Arte e cultura[editar | editar a fonte]

Nacementos[editar | editar a fonte]

Mortes[editar | editar a fonte]

Historia ano a ano

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1222&oldid=4820470"