1242

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
1242
Calendario gregoriano 1242
MCCXLII
Ab urbe condita 1995
Calendario armenio 691
Calendario chinés 3938 – 3939
Calendario hebreo 5002 – 5003
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat 1297 – 1298
 ·  Shaka Samvat 1164 – 1165
 ·  Kali Yuga 4343 – 4344
Calendario persa 620 – 621
Calendario musulmán 639 – 640
Calendario rúnico 1492
Década de 1240
1238 1239 1240 1241 1242 1243 1244 1245 1246

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

  • Marzo: Os mongois saquean Croacia. A vangarda de Batu chega a Spalatto e Cattaro, no mar Adriático. Cando lles chegan novas da morte, o ano anterior, de Ögödei, Batu retorna ao oriente para participar no quriltay organizado para a elección do seu sucesor. Así se salva Europa.
  • Establecemento de colonos alemáns en Bratislava tras o fracaso dos mongois en conquistala
  • 5 de abril: Vitoria do príncipe ruso Alexandre Nevski sobre os cabaleiros teutóns na Batalla do Lago Peipo, na Livonia, na altura xeado (masacre dos xeos). Esta batalla provoca a detención da expansión xermánica cara o leste, ao tempo que contribúe ao nacemento da Rusia, baixo dominación moscovita.

Oriente Próximo[editar | editar a fonte]

  • Reinado de Al-Musta'sim, derradeiro califa abásida de Bagdad (até 1258).
  • O xeneral Baidju toma o mando das tropas mongois en Irán, baseado na rexión da baixa Koura (até 1256).
  • Á morte de Ögödei, o gobernador do Khorasan Körguz é entregado polos comandantes militares ao seu adversario Kara Hülegü, que o executa. A rexente Töregene encárgalle a Arghun agha a administración de Khorasan e Irak. Home culto e comprometido cos asuntos de estado, decepciona as esperanzas dos señores mongois ao continuar a política de Körguz, protexendo a poboación iraniana contra as violencias dos mongois e combatendo a anarquía feudal. Obtén a confianza dos grandes khans ao enviar regularmente tributos a Karakorum.

Asia[editar | editar a fonte]

  • Batu, neto de Genghis Khan, crea o Imperio da Horda de Ouro de Kipchuk, con capital en Sarai.
  • Töregene tórnase rexente do Imperio Mongol (até 1246)
  • Reinado de Kara Hülegü, khan de Djaghataï (até 1246). Neto de Djaghataï, reina baixo a tutela da súa nai Ebuskune.

Nacementos[editar | editar a fonte]

Mortes[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

  • Alberte o Grande tórnase rexente do convento de Santiago en París.
  • Roger Bacon describe unha fórmula para fabricar a pólvora.

Historia ano a ano

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1242&oldid=4349402"