1274

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
1274
Calendario gregoriano 1274
MCCLXXIV
Ab urbe condita 2027
Calendario armenio 723
Calendario chinés 3970 – 3971
Calendario hebreo 5034 – 5035
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat 1329 – 1330
 ·  Shaka Samvat 1196 – 1197
 ·  Kali Yuga 4375 – 4376
Calendario persa 652 – 653
Calendario musulmán 672 – 673
Calendario rúnico 1524
Década de 1270
1270 1271 1272 1273 1274 1275 1276 1277 1278

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

  • Coroación de Eduardo I de Inglaterra.
  • 7 de maio-6 de xullo - Concilio de Lión II:
  • Carlos I de Anjou, privado do apoio papal, debe concluír unha tregua con Bizancio, que se aproveita para reforzarse na Albania e Morea, encanto que os corsarios lle devolven o dominio do mar Exeo.
  • A unión das Igrexas, puramente política, non é comprendida nin polo clero nin polo pobo grego. Rexeitada de principio polos estados gregos disidentes Epiro, Tesalia, é abandonada polo papa e por Andrónico II Paleólogo cando cesa a necesidade política.
  • O papa Gregorio X adquire o Condado de Venecia.
  • Filipe III de Francia casa con María de Brabante.
  • Filipe III de Francia adquire o condado de Nemours, que integra no dominio real.
  • Lei nacional norueguesa: Magnus Lagaböter fai realizar un importante traballo de codificación. As leis provinciais transcríbense e examínanse co obxectivo de chegar ao establecemento dunha lexislación nacional, que se logrará en 1277.

África[editar | editar a fonte]

  • O rei da Etiopía Yekouno Amlak pide a través do soberano do Iemen un novo bispo ao sultán do Cairo, mais este rexeita a petición dado que o soberano etíope lle fai a guerra aos príncipes musulmáns establecidos no leste do seu reino, en concreto ao sultán de Ifat, que ameaza a provincia de Choa.

Asia[editar | editar a fonte]

  • Primeira tentativa infrutuosa de invasión do Xapón polos mongois: a invasión é rexeitada en Tsushima, en parte polo tifón (kamikaze, ou "vento dos deuses").
  • Morre Tou-tsong, emperador Song da China. O seu ministro Kia Sseu-tao coloca no trono a un neno de catro anos.
  • Á morte do djaghataide Togatemur, Qaidu coloca a Douwa, fillo de Barak, no trono de Transoxiana (até 1306). Douwa apoia ao seu soberano dentro das súas pretensións ao título de Gran khan.

Oriente Próximo[editar | editar a fonte]

Nacementos[editar | editar a fonte]

Mortes[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

  • Dante coñece a Beatriz, xove da que fica prendado e que exaltará como símbolo da graza divina na Vita nuova e posteriormente na Divina Comedia.

Historia ano a ano

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1274&oldid=4859761"