1880

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1880
Calendario gregoriano 1880
MDCCCLXXX
Ab urbe condita 2633
Calendario armenio 1329
Calendario chinés 4576 – 4577
Calendario hebreo 5640 – 5641
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat 1935 – 1936
 ·  Shaka Samvat 1802 – 1803
 ·  Kali Yuga 4981 – 4982
Calendario persa 1258 – 1259
Calendario musulmán 1297 – 1298
Calendario rúnico 2130
Década de 1880
1876 1877 1878 1879 1880 1881 1882 1883 1884

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Literatura galega[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Península Ibérica[editar | editar a fonte]

Alemaña[editar | editar a fonte]

  • 19 de novembro: Constitúese a Asociación liberal, dirixida por von Stauffenber, que reúne os adversarios do proteccionismo e do abandono do Kulturkampt após Bismarck adoptase en xullo unha lei que beneficia a Igrexa católica.
  • O Partido Nacional Liberal alemán, que conta co 17% dos votos no Reichstag, debilítase. O partido progresista (Fortschristtspartei), adversario de Bismarck obtén a mesma representación.

Francia[editar | editar a fonte]

Italia[editar | editar a fonte]

  • 14 de marzo: Reúnense en Boloña os socialistas da Emilia-Romaña liderados polo revolucionario Andrea Costa. Este encontro é un primeiro paso cara a federación de todos os socialistas de Italia.
  • Maio: Eleccións lexislativas. A dereita obtén 170 escanos, a esquerda gobernamental 220 e a extrema esquerda un cento. Esta relación de forzas leva a Depretis a procurar un acordo coa dereita e a compor coalicións ("transformismo").
  • Xullo: Abólese a lei sobre a fariña. Esta medida aplícase paulatinamente.

Reino Unido[editar | editar a fonte]

  • 28 de abril: Remata o goberno conservador de Benjamin Disraeli. Comeza o liberal de William E. Gladstone, que é primeiro ministro até 1885.
    • A caída do goberno de Disraeli débese aos problemas en Suráfrica e na India, asociados á crise económica, agrícola (aumento do éxodo rural) e social (aumento do desemprego).
  • Iníciase un período de disturbios antibritánicos en Irlanda (até 1885).
  • A educación primaria faise obrigatoria. O analfabetismo desaparecerá practicamente a finais do século, se ben en 1885 só entre o 68% e o 75% dos nenos en idade escolar asisten a clase.

Suíza[editar | editar a fonte]

  • 29 de febreiro: Perfórase o túnel de Saint Gothard.
  • Fúndase a unión Sindical Suíza
  • Créase unha rede telefónica privada en Zúric
  • Fúndase o Comité Internacional da Cruz Vermella en Xenebra.
  • 25 de agosto: o vapor Neptuno afúndese durante unha tempestade no Lago de Bienne e morren 15 persoas.

Europa Central e os Balcáns[editar | editar a fonte]

  • Febreiro: Francia, o Reino Unido e a Alemaña recoñecen oficialmente a independencia da Romanía.
  • 23 de marzo: O príncipe Alexandre I de Bulgaria, que convocara novas eleccións lexislativas á Sabranía após ter rexeitado nomear un goberno liberal, é desautorizado polo pobo, que volve a darlle a vitoria aos liberais.
  • Abril: A raíz dun conflito fronteirizo cos montenegrinos, baixo a presión de Occidente, Istambul cede as rexións de Hoti e Gruda a Montenegro.
  • 17 de setembro: o sultán otomán abandona a vila de Ulqin, en Montenegro.
  • Hungría: O partido dos cidadáns privados de dereito de voto é substituído polo Partido obreiro unificado húngaro (Magyarorszagi Altalanos Munkaspart), de inspiración marxista. Léo Frankel é condenado a dezaoito meses en prisión e parte ao exilio.

Rusia[editar | editar a fonte]

Datas do calendario xuliano

  • 5 de febreiro: Novo atentado frustrado contra o tsar. Unha explosión destrúe salón de comidas imperial do Palacio de Inverno.
  • 12 de febreiro: O xeneral Loris Melikov preside a Comisión executiva suprema, dotada de plenos poderes. A comisión suprímese o 6 de agosto e as súas atribucións pasan ao ministerio do interior.
  • 15 de febreiro: Alexandre II de Rusia decide combater politicamente o terrorismo. Fai concesións á oposición, co que logra en parte debilitar o terreo sobre o que medra o radicalismo.

África[editar | editar a fonte]

Maghreb[editar | editar a fonte]

  • En maio inaugúrase a Conferencia de Madrid sobre os privilexios capitulares dos europeos en Marrocos. Confírmanse os privilexios definidos pola convención Béclard: mantéñense o dereito de protección e a exención de impostos para os protexidos das potencias estranxeiras e xeneralízase a cláusula da nación máis favorecida.
  • Italia obtén a concesión do camiño de ferro Tunisia-La Goulette, disputada cos os franceses.
  • Misión do coronel Flatters ao Sáhara para recoñecer o trazado do futuro camiño de ferro transahariano. Chega ao lago Menkhough mais debe retornar.
  • Benjamin Cases e Salomon Reinach, da Alianza Israelita, abren escolas e traballan a prol da alfabetización e a occidentalización dos xudeus da Tunicia.

América[editar | editar a fonte]

Nacementos[editar | editar a fonte]

Mortes[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Historia ano a ano

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1880&oldid=4651510"