1 de xaneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< Xaneiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2017
Todos os días
31 de decembro
 
1 de xaneiro
 
2 de xaneiro

O 1 de xaneiro é o primeiro día do ano do calendario gregoriano. Quedan 364 días para finalizar o ano, 365 nos ano bisestos.

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Ata 1900[editar | editar a fonte]

  • -45, entra en vigor o calendario xuliano, que será usado até 1582.
  • -42, o senado decide darlle divindade ao defunto Xulio César.
  • 990, Rusia adopta o calendario xuliano.
  • 1432, Yusuf IV é proclamado sultán do Reino de Granada tras unha sublevación popular que destrona a Muhammad IX.
  • 1502, Brasil: Amerigo Vespucci descobre a baía de Guanabara, onde se fundaría a cidade de Río de Xaneiro.
  • 1504, entrada triunfal do exército español en Gaeta, co que remata a guerra por Nápoles entre Francia e España.
  • 1515, o rei Francisco I sucede no trono a Luís XII por falta de descendencia.
  • 1554, ten lugar en Chile a Batalla de Tucapel e a morte de Pedro de Valdivia. Os mapuches, ao mando de Lautaro, derrotan os españois e dan morte a Valdivia.
  • 1559, sobe ao trono o rei Federico II de Dinamarca e Noruega.
  • 1567, pragmática de Filipe II contra a actitude belicosa dos mouros en Granada, orixe da guerra das Alpujarras.
  • 1568, como ampliación da Pragmática do ano anterior, decrétase por Filipe II que os musulmáns deberán entregar os seus fillos en idades comprendidas entre 3 e 15 anos ás autoridades eclesiásticas para a ensinanza da relixión cristiá e a lingua castelá.
  • 1574, en Bolivia o conquistador español Santiago Barba de Padilla funda a cidade de Oropesa, que foi chamada Cochabamba a partir de 1786.
  • 1575, fúndase en México a vila de Celaya.
  • 1584, o frade mexicano Martín Durán pronuncia un discurso a favor dos aborixes mexicanos, motivo polo que a Santa Inquisición dá orde de que sexa queimado vivo.
  • 1622, os Estados Pontificios adoptan o 1 de xaneiro coma inicio do ano.
  • 1644, en Francia aparece a primeira publicación de Jean-Baptiste Poquelin na que firma baixo o alcume de Molière.
  • 1652, o físico Johann Lorenz Bausch funda a Academia Naturae Curiosorum.
  • 1679, en Brasil, Francisco Gil de Araújo en calidade de vicerrei ordena a fundación dunha vila nas beiras do río Guarapari, que corresponde ao estado de Espírito Santo.
  • 1730 En Uruguai fúndase o primeiro cabido na cidade de Montevideo.
  • 1764, Wolfgang Amadeus Mozart toca en Versalles á idade de 8 anos.
  • 1772, o futuro presidente de Estados Unidos, Thomas Jefferson casa con Martha Wayles Skelton.
  • 1777
    • En Francia aparece o primeiro xornal parisiense, o Journal de Paris
    • Bernardo de Gálvez y Madrid é o primeiro español nomeado gobernador de Luisiana (EUA).
  • 1788, publicación en Londres do primeiro número do xornal The Times.
  • 1791, aparece en Lima o primeiro número do xornal El Mercurio Peruano, dirixido por Hipólito Unanue.
  • 1797, a cidade de Albany substitúe a Nova York coma capital do estado homónimo.
  • 1801
    • Descubrimento do primeiro asteroide, Ceres, polo astrónomo italiano Giuseppe Piazzi no seu observatorio de Palermo.
    • Constitúese o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.
    • O indio Mariano pronúnciase en México contra das autoridades vicerreinais na serra de Nayarit, e pretende restabelecer o reinado de Moctezuma.
    • A rexión chilena de La Serena é sacudida por un forte sismo, non se coñece a intensidade nin se provocou mortes.
  • 1804, Jean-Jacques Dessalines proclama a independencia de Haití, resucitando o antigo nome indio da illa.
  • 1806, restablecemento en Francia do calendario gregoriano.
  • 1807, o revolucionario e libertador venezolano, Simón Bolívar chega aos Estados Unidos.
  • 1808, Serra Leoa transfórmase nunha colonia británica.
  • 1818, o libertador e político Bernardo O'Higgins proclama a independencia de Chile.
  • 1820 O tenente coronel Rafael del Riego reponse contra o absolutismo en Las Cabezas de San Juan, (Sevilla), e proclama a Constitución de 1812.
  • 1821, a rexión norteña do Pará brasileiro súmase á Revolución Constitucionalista de Portugal.
  • 1824, en México a xunta gobernativa aproba a Acta Constitutiva da Federación.
  • 1826, en Cuba pídese apoio do pobo e do goberno para fundar a Academia de Ciencias Médicas, Físicas e Naturais da Habana.
  • 1830, Anastasio Bustamante asume a Presidencia de México.
  • 1831, sae ás rúas da cidade de Boston o xornal The Liberator.
  • 1841, Honduras elixe o primeiro presidente da república, o xeneral Francisco Ferrera.
  • 1849, en Brasil publícase o chamado "Manifesto ao Mundo" que daría lugar á Revolución da Praia.
  • 1850, estabelécese en España un novo sistema de franqueo da correspondencia, o selo adhesivo.
  • 1855, edítase o primeiro censo escocés que recolle os casamentos, os nacementos e as mortes da xente do país.
  • 1860, vitoria das tropas españolas ao mando do xeneral Prim, na batalla de los Castillejos.
  • 1863, nos Estados Unidos entra en vigor a Acta de Emancipación para os escravos do sur, asinada polo presidente Lincoln.
  • 1865, en Chile estabelécese o sistema métrico decimal.
  • 1867, o químico sueco Alfred Nobel obtén por primeira vez a dinamita de forma industrial.
  • 1868, o presidente Aristidis Moraitinis renova a súa lexislatura no goberno de Grecia por segunda vez.
  • 1869, a cidade paraguaia de Asunción é asaltada e saqueada por tropas insurrectas.
  • 1871
  • 1872, entran en vigor os parágrafos 218 ao 220 do Código Penal alemán, que regulan a interrupción da preñez.
  • 1877, na India Disraeli consegue o título de "Emperatriz das Indias" para a raíña Vitoria do Reino Unido.
  • 1880, en Panamá comezan os traballos para a construción da Canle de Panamá.
  • 1883, a Unión Postal Universal recibe un novo membro nas súas filas: Costa Rica.
  • 1888
    • En España ten lugar a súa Primeira Exposición Universal na cidade de Barcelona.
    • Iníciase a construción do submarino español (que será chamado "Peral"), e que rematará o 8 de setembro.
  • 1889, preséntase nos Estados Unidos a primeira lexislación que permite a execución dos presos utilizando a cadeira eléctrica.
  • 1890, ábrese en Monterrey a primeira institución bancaria do Banco Nacional de México.
  • 1892, ábrese a illa Ellis, o máis famoso centro de inmigración dos Estados Unidos.
  • 1893, Xapón adopta o calendario gregoriano.
  • 1896, Wilhelm Röntgen anuncia o descubrimento dos raios X.
  • 1897, ten lugar a inauguración do telégrafo submarino que pon en contacto as cidades de Río de Xaneiro e Pernambuco.
  • 1899
    • O exército español entrega a illa de Cuba a Estados Unidos, que asumiu o seu goberno durante tres anos.
    • Sae á rúa o xornal La veu de Catalunya.
    • O goberno dos Estados Unidos concede permiso a Issaquah State Bank para a apertura e xestión dos cartos e intereses do estado.

1901 - 1950[editar | editar a fonte]

  • 1901
  • 1903, aparece o primeiro número do xornal español ABC, de periodicidade semanal.
  • 1905
    • Novo goberno formado por Paul F. Gautsch von Frankenthurn en Austria tras unhas segundas votacións.
    • Durante a Guerra Ruso-Xaponesa, tropas rusas réndense na localidade de Port Arthur.
  • 1909, en Inglaterra a cámara de lores remite ó goberno o prace da acta que permitirá que os anciáns teñan dereito a cobrar unha pensión de xubilación.
  • 1910, empeza en España o costume de comer doce uvas ao son das doce badaladas da medianoite.
  • 1911
    • O xeneral Estrada é elixido presidente da República de Nicaragua.
    • En Australia lévase a cabo o servizo militar obrigatorio coa posibilidade que que os soldados se poidan reenganchar cumprindo un máximo de 30 anos ó servizo da patria.
  • 1912
    • O Goberno revolucionario chinés proclama a República e designa como presidente provisional ao líder nacionalista Sun Yat-Sen.
    • Nuns novos comicios lexislativos Daniel E. Howard acada a presidencia de Liberia.
  • 1913, dimite o xefe do Partido Conservador de España, Antonio Maura.
  • 1914
    • Entra en servizo a primeira liña aérea regular do mundo, entre St. Petersburg e Tampa, ambas no estado de Florida (Estados Unidos).
    • A partir da data, os suecos non poderán comprar máis de 12 litros de licores por trimestre.
    • Nixeria constitúese nunha colonia británica.
  • 1915
    • O submarino alemán U-24 afunde o navío de liña británico Formidable diante de Plymouth.
    • O presidente americano Theodore Roosevelt publica o escrito "America and the World War".
  • 1916
    • O político Venustiano Carranza chega a Querétaro, cidade que proclama capital da república.
    • Unha obra do escritor Clóvis Beviláqua é o detonante para que o goberno de Brasil cree o Código Civil Brasileiro.
  • 1918
  • 1919, Fundación do Partido Comunista alemán, por Rosa Luxemburg, Karl Liebnecht e Guillerme Pieck.
  • 1921, en Nicaragua Diego Manuel Chamorro comeza o seu mandato presidencial, caracterizado pola constante axitación.
  • 1923
  • 1924
    • Estados Unidos cerra a entrada á inmigración xaponesa.
    • En Australia constrúese o primeiro telescopio respaldado polo orzamento da Commonwealth Solar Observatory. Tamén se constitúe a Asociación Automobilística Australiana.
  • 1925
    • A capital de Noruega, Cristiana, pasa a chamarse Oslo.
    • Estrea no teatro Español da obra Hernani, adaptación dos irmáns Antonio e Manuel Machado.
  • 1926
    • O número de parados en Alemaña alcanza os 2 millóns.
    • As augas do Rhin alcanzan o seu nivel máis alto desde 1781.
  • 1927
    • Primeira emisión da Cadea de Noticias BBC (British Broadcasting Corporation).
    • A causa de certas discrepancias, Costa Rica deixa de ser membro da Liga das Nacións.
  • 1929
    • Entra en vigor un novo Código Penal en España.
    • En Nicaragua Xosé María Moncada, do Partido Liberal, asume a presidencia.
    • Estréase na Arxentina o novo aeroporto; Arxentina S.A.
  • 1930 80 nenos morren nun incendio dun cine en Paisley, cerca de Glasgow (Escocia).
  • 1931, comeza a folga de mineiros no País de Gales.
  • 1932, en Turquía ten lugar a apertura do primeiro Banco Central da República turca.
  • 1934
    • Entra en vigor a lei ditada polo goberno do Reich "para a prevención da descendencia con enfermidades hereditarias".
    • Tras novas eleccións, Libia terá un gobernador xeral italiano, Italo Balbo, que dividirá o pais en catro provincias: Trípoli, Benghazi, Derna e Misurata.
    • Alcatraz convértese oficialmente en cárcere federal.
  • 1935, a "Associated Press" inaugura o servizo de radiofotos.
  • 1936, o goberno brasileiro designa a Érico Ennes Torres para a Presidencia do Tribunal de Santa Catarina.
  • 1937, as tropas nacionais toman a cidade de Porcuna (Xaén).
  • 1938, en Brasil Getulio Vargas inicia o Estado Novo, de tendencia fascista.
  • 1939
    • Convértese nun deber para todas as rapazas españolas menores de 25 anos, cumprir durante un ano co servizo de traballo obrigatorio.
    • En Alemaña o chanceler Hitler ordena que as tropas de paracaidistas sexan integradas na Luftwaffe.
  • 1942
    • Australia recibe a visita do portaavións estadounidense USS Langley.
    • Estréase en París o ballet Bolero, de Maurice Ravel.
    • Por primeira vez aparece empregado o termo Nacións Unidas baixo un discurso emitido polo presidente norteamericano Franklin Roosevelt.
  • 1943, finaliza a batalla de Guadalcanal, coa vitoria dos estadounidenses sobre os xaponeses.
  • 1944
    • Franco négase a recoñecer a república fascista de Salò, constituída por Mussolini.
    • Estrease nos Estados Unidos a película Going my way, dirixida por Leo McCarey.
    • Descóbrese a tumba do faraón Menes no Cairo (Exipto).
    • Durante a II Guerra Mundial o piloto alemán, Heinz Lange derriba o avión número 50; dun total de 70 que derribará durante a contenda. Seguiralle así o temido "rei dos ases"; Erich Hartmann, un comandante alemán que logrou derribar 352 avións.
  • 1945
    • O Comité de Lublin declárase Goberno provisional polaco.
    • Avións xaponeses bombardean o navío estadounidense John M. Clayton; pola contra Estados Unidos desprega un novo submarino, o USS Requin SS-481.
  • 1946, nunha alocución radiofónica, o emperador Hirohito explica a xénese do mito do emperador en Xapón.
  • 1947
  • 1948
    • Entra en vigor o Acordo Xeral sobre Tarifas Aduaneiras e Comercio (GATT).
    • O Goberno decreta a suspensión dos salvocondutos para circular polo interior de España.
    • Estréase a primeira ópera catalá da posguerra, El giravolt de maig, de Toldrá.
    • No Reino Unido nacionalízase o ferrocarril.
    • Entra en vigor o Benelux, como acordo da unión aduaneira entre Bélxica, Luxemburgo e os Países Baixos.
    • Etiopía logra entrar coma membro na Organización de Agricultura e Alimentación (FAO).
  • 1949
    • Os enfrontamentos entre zulús e mercadores hindús no mercado oeste de Durban (Suráfrica) causan a morte de 75 persoas.
    • O doutor Xoán Manuel Gálvez toma posesión da presidencia de Honduras.
    • Tailandia entra como membro da UNESCO.
  • 1950

1951 - 2000[editar | editar a fonte]

  • 1951, créase o Alto Comisionado das Nacións Unidas para o Refuxiado (ACNUR).
  • 1952, Javier de Borbón Parma autoproclámase rei perante un grupo de carlistas.
  • 1953, ponse en marcha o primeiro plan quinquenal na China.
  • 1956, Sudán independízase do Reino Unido.
  • 1957
    • O enxeñeiro alemán Félix Wankel leva a cabo o primeiro percorrido de proba co seu motor de pistón xiratorio.
    • Francia retorna o territorio do Sarre a Alemaña.
  • 1958
    • Lánzase o Explorer 1, primeiro satélite norteamericano.
    • O Exército venezolano rebélase contra o Goberno.
  • 1959
  • 1960
  • 1962
  • 1964
    • Iníciase o I Plan de Desenvolvemento en España.
    • Entra en vigor a lei de froitas e verduras para o Mercado Común
  • 1965, permítese en España a lectura directa do Evanxeo e as epístolas nas linguas vernáculas.
  • 1966, República Centroafricana: David Dacko é deposto do seu goberno polo seu curmán, o coronel Jean Bedel Bokassa.
  • 1969
    • En Checoslovaquia créase un estado federal no que os eslovacos gozan dunha ampla autonomía por parte do estado checo.
    • Os enfrontamentos entre católicos e protestantes en Londonderry (Irlanda do Norte) causaron 120 feridos
  • 1970
  • 1971
    • En Chile o goberno da Unidad Popular nacionaliza a banca privada.
    • Un tremor rexistrado en Asia central produce un accidente ferroviario en Isfahan (Irán) que ocasiona 70 mortos e 130 feridos.
  • 1973, nace a "Europa dos nove", ao meterse na CEE o Reino Unido, Irlanda e Dinamarca.
  • 1974, asínase un acordo pesqueiro hispanomarroquí polo cal 200 barcos españois poderán faenar nas augas próximas a Marrocos.
  • 1975
    • Declarado Ano Internacional da Muller, auspiciado pola Asemblea Xeral da ONU.
    • Entra en vigor a nova Constitución sueca.
    • O papa Paulo VI inaugura o Ano Santo.
  • 1976, en Venezuela o goberno de Carlos Andrés Pérez nacionaliza a explotación de petróleo.
  • 1979
  • 1980, manifestantes afgáns e iranianos asaltan en Teherán a embaixada da URSS, nunha protesta pola ocupación de Afganistán.
  • 1982, Javier Pérez de Cuéllar asume o cargo de Secretario Xeral das Nacións Unidas.
  • 1984, independízase Brunei.
  • 1985, 2.500 persoas son desaloxadas en Arcansas (Estados Unidos) trala fuga dun vagón cisterna de gas fabricado pola Union Carbide.
  • 1986
  • 1987
    • Maniféstanse en Pequín estudantes a favor da democracia e a clase traballadora.
    • Promulgase na Unión Soviética a lei de inmigración número 1064 permitindo os xudeus emigrar a Israel.
  • 1989
    • Entra en vigor o Protocolo de Montreal, ratificado por 29 países e a CE, para protexer a capa de ozono.
    • Felipe González asume a Presidencia da Unión Europea, sendo o primeiro gobernante español que o fai.
  • 1990, o presidente do Consello de Salvación Nacional de Romanía anuncia a legalización do multipartidismo e outras medidas para acabar co réxime comunista de Ceaucescu.
  • 1991
    • Entra en vigor en Alemaña a Lei de Protección dos Embrións.
  • 1992, Arxentina, o peso substitúe ao austral como moeda arxentina.
  • 1993
    • Checoslovaquia deixa de existir tras 74 anos de historia e divídese en dous novos Estados: Chequia e Eslovaquia.
    • Entra en vigor o Mercado Único Europeo.
  • 1994
  • 1995
  • 1996, o rei Fahd de Arabia é substituído polo seu medio irmán Abdula.
  • 1997
    • O ghanés Kofi Annan toma posesión como secretario xeral da ONU, en substitución do exipcio Butros Ghali.
    • Violentos ataques a estacións e comisarías vascas trala detención dun comando Y.
  • 1998
    • Centos de persoas, na súa maioría de orixe kurda, chegan ás costas italianas nun barco abandonado pola tripulación.
    • Dimite o ministro de Exteriores israelí David Levy.
    • Morren degolados 78 civís no primeiro día do ramadán en Alxeria.
  • 1999
    • Entra en vigor o euro, a moeda única para once países da UE.
    • Cincocentos civís son masacrados na rexión de Kivu Sur (República Democrática do Congo) polas forzas rebeldes enfrontadas ao presidente Laurent Kabila.
  • 2000
    • Entra en vigor a Unión Monetaria Europea.
    • Juan Jose López Martos, ex conselleiro de Obras Públicas da Xunta de Andalucía, é absolto no "caso Ollero"
    • O antigo membro dos Beatles George Harrison é apuñalado na súa mansión por un fanático.

2001 -[editar | editar a fonte]

  • 2001
    • Suecia asume a presidencia por quenda da Unión Europea.
    • Comenza o rally París Dakar.
  • 2002
    • Entrada en vigor o Euro como moeda única para 12 Estados da Unión Europea.
    • Tres policías feridos e máis de 30 vehículos incendiados en varios incidentes en Estrasburgo.
  • 2003
    • Lula da Silva xura coma presidente do Brasil.
    • Grecia inicia a súa presidencia semestral da Unión Europea.
    • España ingresa no Consello de Seguridade da ONU para un período de dous anos.
    • Un cargueiro turco, con 70 000 toneladas de gasóleo a bordo, choca cos restos do casco do buque Tricolor, afundido en augas do Canal da Mancha o 14 de xaneiro tras ser arremetido por outro mercante.
  • 2004
    • Irlanda inicia o semestre de presidencia da UE.
    • O Tratado de libre Comercio entre Chile e EUA entra en vigor.
    • O Parlamento paquistaní ratifica o presidente Pervez Musharraf, como xefe de Estado até o ano 2007.
  • 2005
    • Un novo sismo rexístrase no sur de Sumatra, mentres a choiva agrava o risco de epidemias.
    • Rexístrase un terremoto de 5,3 graos no leste do Xapón, sen causar vítimas.
    • As inundacións obrigan a desaloxar 2.000 persoas en Sri Lanka.
    • A axuda internacional comprometida para as vítimas do maremoto alcanza os 2.000 millóns de dólares.
    • Morren polo menos doce soldados nunha emboscada dos maoístas nunha rexión montañosa do leste de Nepal.
  • 2006, entra en vigor en España a Lei Antitabaco.
  • 2007

Nacementos[editar | editar a fonte]

Antón Patiño.
Baldo Ramos.

Mortes[editar | editar a fonte]

Federica Montseny.

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Celebracións civís[editar | editar a fonte]

Celebracións relixiosas[editar | editar a fonte]

Na Igrexa católica latina[editar | editar a fonte]

  • Santoral: Santa María, Nai de Deus. Oitava de Nadal (Manuel, Xesús); A Circuncisión do Señor; Santo Agripino, Odilión, Frodoberto e Xustino (Bispos); Almaquio, Odilión, Concordio e Almaquino (Mártires); Eufrosia, Beatriz e Eufrosina (Virxes); Martiña (Virxe e Mártir); Ada, Fulxencio de Ruspe, Ponfilio e Vicente María Strambi (Confesores); Odilo e Guillerme (Abades). Calendario Romano: Calendas de Xaneiro.

Na Igrexa ortodoxa e nas Igrexas católicas de rito bizantino[editar | editar a fonte]

  • Festa da Circuncisión de Cristo.
  • San Basilio Magno, arcebispo de Cesarea de Capadocia.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vitz, Evelyn Birge (1991). A Continual Feast: A Cookbook to Celebrate the Joys of Family and Faith Throughout the Christian Year (en inglés). Ignatius Press. p. 161. ISBN 9780898703849. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1_de_xaneiro&oldid=4453057"