22 de decembro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< Decembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2017
Todos os días
21 de decembro
 
22 de decembro
 
23 de decembro

O 22 de decembro é o 356º día do ano do calendario gregoriano e o 357º nos anos bisestos. Quedan 9 días para finalizar o ano.

Acontecementos[editar | editar a fonte]

  • 69 - Vespasiano é proclamado emperador de Roma.
  • 401 - Santo Inocencio I é elixido Papa.
  • 1248 - Fernando III entra na conquistada Sevilla.
  • 1622 - Miguel Trujillo e Andrés Paez de Sotomayor fundan a cidade colombiana de Bucaramanga.
  • 1711 - O arquiduque Carlos é coroado emperador en Frankfurt co nome de Carlos VI.
  • 1815 - José María Morelos, líder revolucionario de México, é fusilado en San Cristobal Ecatepec.
  • 1849 - O escritor ruso Fiódor Dostoievski é indultado ante o pelotón que o ía fusilar.
  • 1857 - Forzas militares de Inglaterra e Francia toman a cidade chinesa de Cantón, que será gobernada ata 1901 por unha comisión anglofrancesa.
  • 1885 - o samurai Ito Hirobumi convértese no primeiro Primeiro Ministro do Xapón.
  • 1919 - O secretario norteamericano de Xustiza, Palmer, ordena a detención de membros comunistas e anarquistas perante o temor de que se produzan desordes.
  • 1922 - Un choque de trens en Ontinyent (provincia de Valencia) causa 11 mortos e 90 feridos.
  • 1928 - As grandes potencias recoñecen a autonomía alfandegaria da China.
  • 1929 - Fracasa o plebiscito organizado pola extrema dereita alemá contra o Plan Young.
  • 1933 - As mulleres españolas votan por primeira vez nunhas eleccións lexislativas.
  • 1938 - Otto Hahn, director de química do Instituto Kaiser de Berlín, e mailo seu equipo acadan a primeira fisión nuclear da historia.
  • 1939 - Fracasa a ofensiva soviética en Finlandia.
  • 1940 - Ataque aéreo alemán sobre Manchester (Inglaterra).
  • 1944 - Fúndase o Exército Popular Vietnamita para loitar contra a ocupación xaponesa.
  • 1945 - A empresa aeronáutica estadounidense Beech Aircraft Corporation fai voar por primeira vez o avión Bonanza 35.
  • 1947 - Na Revolución Chinesa, os comunistas chegan as portas de Pequín.
  • 1965 - O comandante das tropas norteamericanas no Vietnam, o xeneral William Westmoreland, anuncia unha tregua polo Nadal.
  • 1966 - Rodesia do Sur, abandona a Commonwealth.
  • 1969 - Bernadette Devlin, membro da Cámara dos Comúns, é condenada en Londonderry (Irlanda do Norte) a seis meses de cárcere, acusada de participar nas desfeitas do mes de agosto pasado.
  • 1970 - O goberno peruano concede unha amnistía total para os presos políticos.
  • 1971 - O austríaco Kurt Waldheim é elixido novo secretario xeral da ONU.
  • 1972 - Rescátanse os 16 superviventes dun accidente aéreo ocorrido 70 días antes nos Andes con 36 persoas no interior.
  • 1973 - A OPEP duplica os seus prezos pola crise do petróleo.
  • 1989 - Durante a Revolución Romanesa, Ion Iliescu proclámase presidente de Romanía rematando coa ditadura comunista de Nicolae Ceauşescu.
  • 2001 - Burhanuddin Rabbani, líder político de Alianza Afgá no Norte, cede o poder sobre Afganistán ao goberno interino encabezado polo Presidente Hamid Karzai.

Nacementos[editar | editar a fonte]

Giacomo Puccini.
Álvaro Cunqueiro.

Mortes[editar | editar a fonte]

Andrés do Barro.

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Os 366 días do ano

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=22_de_decembro&oldid=4201632"