29 de febreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< Febreiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29
2017
Todos os días
28 de febreiro
 
29 de febreiro
 
1 de marzo

O 29 de febreiro é o 60º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 306 días para finalizar o ano. Este día só existe nos anos bisestos.

As persoas nadas neste día acostuman celebra-lo seu aniversario o 28 de febreiro ou 1 de marzo nos anos non bisestos. Na Unión Europea, o 29 de febreiro converteuse en día bisesto oficial no ano 2000.

Acontecementos[editar | editar a fonte]

  • 888 - O conde de París, Eudes, designado rei de Francia polos señores feudais.
  • 1229 - Federico II de Alemaña asina un acordo de paz cos musulmáns, durante a época das cruzadas.
  • 1504 - Unha eclipse lunar atemoriza a gran parte de Europa.
  • 1520 - Iníciase en Valencia a revolta da Irmandade dos Gremios contra os nobres, coñecida como Guerra das Xermanías.
  • 1692 - No proceso das bruxas de Salem (Estados Unidos), cae a máxima responsabilidade sobre a india "Tituba", que é presa e acusada de buxería, morrerá axustizada.
  • 1696 - O político inglés, Thomas Osborne, coñecido como a conde de Danby é acusado de corrupción.
  • 1704 - Un grupo de indios xunto coas tropas francesas atacan o destacamento de Deerfield, no estado de Massachusetts.
  • 1720 - A raíña Ulrika Eleonora de Suecia abdica no favor do seu cónxuxe, Federico de Hessen.
  • 1756 - En Porto Rico fundade a cidade de Yauco.
  • 1780 - O Consello das Indias, constituído en Venezuela, establece unha renda anual de 120 pesos aos franciscanos de Píritu.
  • 1784 - O Marqués de Sade trasládase á Bastilla francesa.
  • 1788 - En Portugal ten lugar a creación da Biblioteca Nacional.
  • 1808 - As tropas francesas apodéranse da cidade de Barcelona.
  • 1812 - O investigador e antropólogo Charles Darwin chega a Baía (Brasil).
  • 1836 - Estréase en París a ópera Os Hugonotes, do compositor alemán Giacomo Meyerbeer.
  • 1844 - Na República Dominicana constitúese un comité de insurrección.
  • 1848 - O conde de Neufchatel declara a independencia de Suíza.
  • 1852 - Tras unhas pelexas na procura de dominar unha rebelión, o goberno mexicano ascende a Ignacio Zaragoza a capitán do Batallón da Garda Sedentaria de Monterrey.
  • 1864
    • En Arxentina chégase a un acordo cos caciques Tobas e Vilelas para a construción dun camiño que unirá os pobos de Corrientes e Santiago del Estero.
    • O goberno venezolano a través dunha asemblea outorga provisionalmente os distritos federais as comarcas.
    • O goberno arxentino publica unha orde de neutralidade nos problemas da Banda Oriental.
    • Chega un envío de 24.000 pesos para os presos republicanos mexicanos que están detidos nos cárceres de Francia; cúmprese así a orde dada por Benito Juárez.
  • 1880 - Rematan as obras de perforación do túnel de San Gotardo, que une Suíza con Italia.
  • 1892 - Os países de Inglaterra e Estados Unidos asinan un tratado que permite a caza das focas no Mar de Bering.
  • 1904
  • 1908
    • O científico holandés, Heike Kamerlingh Onnes produce o helio no seu estado sólido por primeira vez, este feito esténdese a un grupo de científicos do mesmo país.
    • Nos Estados Unidos aparece asasinado Pat Garret, o shériff da poboación de Lincoln Country que dera caza o matapistoleiros Billy the Kid.
  • 1916 - Durante a Primeira Guerra Mundial; o piloto alemán Kurt Haber (nado no ano 1895 e morto en combate no 1916) logra abater o primeiro avión Voisin durante a batalla de Soissons.
  • 1920
    • A Asemblea Nacional checoslovaca aproba a Constitución democrática, que recoñece o checo coma idioma oficial.
    • Tomas Garrigue Masaryk, xefe do novo estado dende 1918, primeiro presidente da República.
    • Restáurase a monarquía na Hungría, baixo a rexencia de Miklos Horthy de Nagybanya.
  • 1928
    • Os estaleiros gaditanos entregan o buque escola Juan Sebastián Elcano á Armada española.
    • Unha real orden expedida polo goberno español obriga á incrustación da orixe das denominacións e marcas nos metais preciosos.
  • 1936
  • 1940 - A película Foise co vento gaña oito premios Oscar; un deles é outorgado a Hattie McDaniel, que é a primeira muller de cor en recibilo.
  • 1944
    • España: Concédese a liberdade condicional aos condenados por delitos de rebelión, en calquera das súas formas, que superen os 70 anos.
    • A URSS ofrécelle a paz a Finlandia no transcurso da Segunda Guerra Mundial.
    • Inaugúrase en Barcelona o VII Salón da Moda Española.
    • Karol Wojtyla (o futuro papa Xoán Paulo II), sofre un accidente por atropelo dun carro o que lle causa unhas semanas de internamento nun hospital.
  • 1948 - Prodúcese a voadura dun tren militar británico na Palestina.
  • 1956
    • O xefe da Lexión Árabe, Glubb Bajá, é destituído en Xordania.
    • Paquistán establécese coma parte da República Islámica.
    • Nos Estados Unidos o presidente Eisenhower anuncia publicamente que se presentará de novo á reelección pola presidencia.
  • 1960
    • Comezan os Xogos Olímpicos de Inverno de Squaw Valley, nos Estados Unidos.
    • Un forte terremoto destrúe o 90 % da cidade de Agadir (Marrocos) e cóbrase entre 2.000 e 3.000 mortos.
    • A pesar das advertencias do goberno estadounidense, Hugh Hefner abre o primeiro Playboy Club na cidade de Chicago.
    • Na Arxentina tras novas revoltas e un golpe de estado, é deposto o presidente Arturo Frondizi Ercoli.
  • 1964
    • En Suecia celébrase a primeira exposición da Moderna Museet, con Andy Warhol como principal expoñente.
    • En Canadá, no teatro Denise Pelletier preséntase o primeiro espectáculo; trátase dunha obra de Jean Racine titulada Efixenia.
    • Durante unhas probas de natación puntuables para as seguintes olimpíadas, o nadador Dawn Fraser, logra establecer o seu 36º récord.
  • 1968
    • Estréase a película Pippermint Frappé, dirixida por Carlos Saura, e protagonizada por José Luis López Vázquez, Geraldine Chaplin e Alfredo Mayo.
    • Nunha igrexa dos Estados Unidos ten lugar o casamento da soprano norteamericana, Florence Ballard cun empresario pouco coñecido, Thomas Chapman.
    • Tras meses de construción lógrase botar ao mar a fragata británica HMS Bacchante que será a primeira do grupo F-69.
    • O primeiro pulsar é descuberto pola astrónoma irlandesa Jocelyn Burnell.
  • 1972 - Cinco millóns de traballadores arxentinos secundan unha folga de 48 horas pola carestía da vida.
  • 1976 - Trala Marcha Verde e os posteriores acordos árabe-españois, durante os derradeiros días da vida de Franco, lógrase proclamar a República Árabe Democrática do Sahara.
  • 1980 - Gabón ratifica en favor o convenio da Convención Internacional sobre a eliminación da discriminación racial.
  • 1984
    • O cantante estadounidense Michael Jackson é galardoado con oito Premios Grammy.
    • O primeiro ministro de Canadá, Pierre Trudeau anuncia que deixa a vida política.
    • Estremadura estrea o Real Decreto 1107 sobre a protección de menores, pronto se fará extensible ao resto de España.
    • Brasil sufre a máis alta cotización do Dólar; a súa compra é dun dólar = 1.207 reais e a venda é de 1.213 reais.
  • 1988
    • Detido o arcebispo Desmond Tutu xunto cun cento de clérigos na Cidade do Cabo (Suráfrica) durante a súas protestas contra os freos estatais impostos ás organizacións anti-apartheid cinco días antes.
    • En Colombia o goberno aproba a lei de fomento da investigación científica e o desenvolvemento tecnolóxico.
    • O presidente da República Centroafricana, André Kolingba, conmuta a pena de morte ao ex emperador Jean Bedel Bokassa pola de traballos forzados a perpetuidade.
    • O presidente do Senegal, Abdou Douf, decreta o estado de emerxencia en Dakar, para poñer fin aos disturbios que se produciron o coñecerse os primeiros resultados das eleccións, que lle daban gañador cun 77% dos votos.
  • 1992
    • A poboación de Bosnia e Herzegovina pronúnciase nun plebiscito popular a favor da independencia da ex república federal iugoslava.
    • Dende o Vaticano o papa Xoán Paulo II lanza unha mensaxe durante a Coresma na que non pode evitar tocar os temas do aborto e a inseminación artificial.
    • España: O nadador Mark Tewksbury adxudícase a vitoria nos 100 metros costas, cun rexistro de 52.67, na Superfinal da Copa do Mundo de Natación que se celebra en Palma.
  • 1996
  • 2000
    • Unhas irregularidades no traspaso dalgúns poderes obrigan a unha reunión do Consello de goberno coa Xunta de Andalucía.
    • O xornalista arxentino Franco Varise, a raíz dunhas declaracións nos medios de comunicación recibe ameazas de morte por parte de grupos extremistas.
    • Albania ratifica o tratado de non produción da minas terrestres.
    • Mozambique fai fronte ás perdas do furacán "Eric" que deixa tras de si a máis de 100.000 persoas sen teito.
    • Os guerrilleiros chechenos son capturados en Shatoi polo exército ruso.
    • En Brasil o goberno forma unha Comisión de Xustiza e Cidadanía, a cal aproba o código de defensa do contribuínte.
  • 2004
    • Jean-Bertrand Aristide, presidente de Haití é secuestrado por forzas estadounidenses e enviado fóra do país.
    • Nos Estados Unidos o navío Bow Mariner estoura fronte as costas de Virxinia.
    • Un novo aumento das revoltas e a tensión do goberno de Haití por calmalas fan que acudan tropas navais norteamericanas a desembarcar na illa.
    • A película The Lord of the Rings: The Return of the King gaña 11 premios Oscar. A actriz Charlize Theron e o actor Sean Penn reciben senllos Oscar por ser os mellores actores.
    • Nos campionatos de tenis de Marsella o sueco, Robin Soderling perde fronte o eslovaco Dominik Hrbaty; por outras no Open de Brasil o tenista brasileiro Gustavo Kuerten gaña ao arxentino Agustin Calleri.
    • Ante a posibilidade dun novo golpe de estado, o presidente de Haití Jean-Bertrand Aristide abandona o país.
    • O boxeador brasileiro Anderson Clayton (máis coñecido coma Pantera) vence nun combate celebrado en Guarujá o boxeador panameño, Elvis Guerreiro; Na cidade de Las Vegas o boxeador mexicano Eric Morales gaña por KO a Jesús Chávez.
    • En Brasil tras varios días desaparecido aparece nunha praia da rexión de Pernambuco o corpo sen vida dun bañista que foi atacado e morto por un tiburón.

Nacementos[editar | editar a fonte]

Gioachino Rossini.
  • 1468 - Paulo III, papa italiano de nome Alessandro Farnese.
  • 1696 - Esprit J. Antoine Blanchard, compositor francés.
  • 1728 - Robert Bage, escritor inglés.
  • 1760 - Eberhard Wachter, pintor alemán.
  • 1772 - Joseph Marie de Gérando, escritor francés.
  • 1784 - Leo von Klenze, arquitecto alemán.
  • 1788 - Martín Zurbano, guerrilleiro na guerra da independencia española contra os franceses.
  • 1792 - Gioachino Rossini, compositor italiano.
  • 1796 - Edmund Bailey O'Callaghan, historiador e médico británico.
  • 1804 - Antoine H. Romuald Florence, deseñador francés; nacionalizado brasileiro en 1824.
  • 1812 - Hermann Hirschboch, compositor alemán.
  • 1828 - Emmeline Blanche Woodward, líder espiritual e feminista americana.
  • 1840 - John Philip Holland, inventor, enxeñeiro e construtor de submarinos.
  • 1860 - Herman Hollerith, investigador, enxeñeiro e inventor americano.
  • 1864 - Adolf Wolfli, escritor e pintor suízo.
  • 1884 - Alfred Sendrey, compositor e político húngaro.
  • 1896 - Morarji Desai, político hindú; primeiro ministro da India nos anos 1977/1979.
  • 1896 - William Augustus Wellman, director e cineasta americano.
  • 1896 - Wladimir Vogel, compositor e músico suízo.
  • 1900 - Giorgios Stylianos "Seferis", poeta e diplomático grego, premio Nobel de Literatura en 1963.
  • 1900 - Edna Swithenbank Manley, escultora xamaicana.
  • 1904 - Jimmy Dorsey, director de banda estadounidense.
  • 1908 - Masahiro Makino, cineasta xaponés.
  • 1908 - Renee Evans, actriz americana.
  • 1908 - Albert Lancaster Lloyd, musicólogo e investigador británico.
  • 1916 - Dinah Shore, cantante estadounidense.
  • 1920 - Michele Morgan (Simone Rousel), actriz francesa.
  • 1920 - David Lloyd, tenor de ópera americano.
  • 1924 - Andrzej Maria Deskur, cardeal polaco.
  • 1924 - Gabriel Lee Gab Sou, bispo coreano.
  • 1924 - David Stuart Beattie, político neozelandés; presidente entre os anos 1980/85.
  • 1928 - Gustau Biosca, ex futbolista internacional do Barcelona.
  • 1928 - Elena Burke, cantante cubana.
  • 1928 - Alan Loveday, músico e violinista inglés.
  • 1932 - Sérgio M. Gomes de Jaguaribe "O Jaguar", humorista brasileiro.
  • 1936 - Albert Turner, activista e líder espiritual estadounidense.
  • 1936 - Alwin Schockemohle, aristócrata alemán.
  • 1952 - Pierre Blaise, actor francés.
  • 1964 - Henrik Sundstrom, xogador de tenis sueco.
  • 1972 - Carlos Salcés, actor mexicano.
  • 1988 - Benedikt Höwedes, futbolista alemán.

Mortes[editar | editar a fonte]

Armando Díaz.
  • 992 - Santo Osvaldo, relixioso danés.
  • 1528 - Patrick Hamilton, mártir protestante escocés.
  • 1592 - Alessandro Striggio, compositor e músico italiano.
  • 1604 - John Whitgift, arcebispo inglés de Canterbury.
  • 1740 - Raíña Ulrika Eleonora de Suecia.
  • 1744 - Jean Theophile Desaguliers, arquitecto francés; un dos pais da arquitectura moderna.
  • 1852 - John Landseer, debuxante e ilustrador inglés.
  • 1856 - Domingos Mocurunga, compositor brasileiro.
  • 1892 - José María Montes Rouco, xornalis, escritor e político galego (n. 1822).
  • 1928 - Armando Díaz, xeneralísimo das tropas italianas na Primeira Guerra Mundial.
  • 1928 - Josephine Donna Smith "Ina Donna Coolbrith", escritora e poeta americana.
  • 1928 - Adolphe Appia, coreógrafo suízo.
  • 1944 - Per Evind Svinhufvud, político independentista e ex presidente de Finlandia.
  • 1944 - Félix Feneon, pintor italiano de ascendencia francesa.
  • 1956 - Elpidio Quirino, político filipino; presidente de Filipinas dende 1949 a 1953.
  • 1956 - Simón Radowitzky, activista e anarquista arxentino.
  • 1960 - Walter Yust, xornalista, empresario e editor americano.
  • 1960 - Prudencio Rovira Pita, político e xornalista galego (n. 1870).
  • 1964 - William S. James, deseñador de automóbiles británico.
  • 1972 - Gumersindo Ayala Aquino, músico e poeta paraguaio.
  • 1976 - Germán Picó Cañas, industrial chileno.
  • 1976 - Józef Wittlin, escritor, poeta e tradutor polaco.
  • 1980 - Yigol Alton, político israelí; ministro de relacións exteriores de Israel.
  • 1988 - Erika Köth, soprano alemá.
  • 2000 - Frei Marcelo Bernardi, relixioso brasileiro.
  • 2004 - Andréi Pavitski, futbolista ucraíno.
  • 2004 - Dany Ortiz, futbolista guatemalteco.

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Santoral[editar | editar a fonte]

  • San Bisancio, Caio, Xusto, Rufino, Emma, Macario e Eusebio (Mártires); Beato Augusto de Chapdelaine (Mártir); Casiano e Gregorio de Narek (Confesores); Román (Abade); Dositeo (Eremita).

Os 366 días do ano

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=29_de_febreiro&oldid=4397490"