4 de xaneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< Xaneiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2017
Todos os días
3 de xaneiro
 
4 de xaneiro
 
5 de xaneiro

O 4 de xaneiro é o 4º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 361 días para finalizar o ano, 362 nos anos bisestos.

Acontecementos[editar | editar a fonte]

  • 1427 - O Papa Martín V nomea de por vida, "quoad vixerit", prior maior de tódolos conventos reformados de España a Frei Alvaro de Córdoba.
  • 1493 - Cristovo Colón inicia a súa viaxe de regreso a España dende a illa Española (Santo Domingo).
  • 1717 - Países Baixos, Inglaterra e Francia forman a Tripla Alianza.
  • 1762 - Inglaterra declara a guerra a España e Nápoles.
  • 1790 - As provincias belgas, excepto Luxemburgo, proclaman a súa independencia.
  • 1805 - España e Francia firman un acordo de axuda militar e naval para invadir Gran Bretaña.
  • 1812 - A vila de Tarifa repele e fai retroceder o exército francés do xeneral Leval.
  • 1823 - O desbordamento do río Guadalquivir provoca a total inundación de Sevilla.
  • 1833 - Fernando VII restablece a Pragmática Sanción e designa herdeira a súa filla Isabel en prexuízo do seu irmán Carlos.
  • 1847 - Samuel Colt vende o seu primeiro revólver ó goberno dos Estados Unidos.
  • 1857 - Inaugúrase en Barcelona o traxecto de ferrocarril entre Mataró e Arenys de Mar.
  • 1870 - Aparece en Buenos Aires o xornal "La Nación", fundado por Bartolomé Mitre.
  • 1874 - Levantamento republicano en Zaragoza a causa do golpe de Estado do xeneral Pavía.
  • 1882 - Publícase o primeiro exemplar do xornal La Voz de Galicia.
  • 1883 - Emítense as Ordenanzas que rexen o comercio de drogas, venda de pastas medicinais e o exercicio da profesión de boticario.
  • 1885 - O doutor William Grant realiza a primeira apendicectomía con éxito.
  • 1896 - Utah é admitido como o 45º estado dos Estados Unidos.
  • 1900 - Celebrase en Valencia unha homenaxe a Emilia Pardo Bazán.
  • 1904 - Créase en España o primeiro laboratorio de aeronáutica.
  • 1904 - O presidente estadounidense Theodore Roosevelt dirixe unha mensaxe ó Congreso sobor os feitos de Panamá.
  • 1918 - Rusia recoñece a independencia de Finlandia.
  • 1920 - Celébrase o día da lingua catalá, organizado en Barcelona pola asociación Nostra Parla.
  • 1923 - Nun post scriptum ao seu "testamento", Lenin recomenda a destitución de Iosif Stalin.
  • 1929 - As dúas Fundacións Rockefeller fúndense nunha, que se converte na organización filantrópica máis poderosa do mundo.
  • 1932 - Gandhi é detido na India.
  • 1936 - A revista neorquina The Billboard publica o primeiro hit parade do mundo.
  • 1938 - Os británicos postergan un plan para a partición de Palestina.
  • 1941 - A actriz cinematográfica alemá Marlene Dietrich obtén a nacionalidade norteamericana.
  • 1946 - IBM Corp. dona a Franco 109 000 pesetas para que sexan repartidas entre as clases máis necesitadas.
  • 1947 - Aparece o semanario político alemán Der Spiegel.
  • 1948 - Birmania obtén a súa independencia do Reino Unido.
  • 1951 - Guerra de Corea, as forzas comunistas reconquistan a cidade coreana de Seúl.
  • 1954 - Elvis Aarón Presley grava o seu primeiro disco.
  • 1956
  • 1959 - O vehículo espacial soviético Moon 1 é o primeiro que logra escapar da atracción terrestre.
  • 1960 - Gran Bretaña, Suecia, Noruega, Dinamarca, Suíza, Austria e Portugal firman en Londres o tratado fundacional da Comunidade Europea de Libre Cambio (EFTA).
  • 1964 - O papa Paulo VI visita Xerusalén, onde se entrevista co Patriarca de Constantinopla e xefe da Igrexa Ortodoxa grega, Atenágoras.
  • 1969 - Firma en Fez do tratado de retrocesión do territorio de Ifni de España a Marrocos.
  • 1972 - Rose Heilbron convértese na primeira xuíza do Reino Unido.
  • 1973 - Rouban do Museo de Belas Artes de Montreal obras por dous millóns de dólares, incluíndo un Rembrandt.
  • 1976 - Celébranse manifestacións en Bilbao e Donosti para pedir a amnistía.
  • 1977 - Lei sobre a reforma do Rexistro Civil en España, que permite a imposición de nomes, e a tradución dos xa rexistrados, a calquera das linguas do Estado.
  • 1978 - Créase o Consello Xeral do País Vasco, con Jesús María de Leizaola como primeiro lendakari.
  • 1978 - Apróbase por ampla maioría o referendo proposto polo Goberno de Augusto Pinochet que rexeita a "inxerencia estranxeira nos asuntos internos de Chile".
  • 1979 - O Sha de Irán abandona Teherán camiño do exilio, e nomea a Bajtiar xefe do Goberno.
  • 1980 - Jimmy Carter anuncia o boicot dos Xogos Olímpicos de Moscova.
  • 1981 - A policía británica detén a Peter Sutcliffe por considera-lo sospeitoso de se-lo "destripador de Yorkshire".
  • 1983 - Vaga de atentados contra as posicións soviéticas en Kabul. 30 oficiais afgáns asasinados polos seus propios soldados.
  • 1984 - Israel bombardea o Líbano causando máis de 100 mortos e 400 feridos na rexión de Baalbek.
  • 1986 - Un morto, 5 hospitalizados e outras 70 persoas afectadas por unha explosión tras o escape de 12,6 toneladas de hexafluoruro de uranio nunha planta de Oklahoma (Estados Unidos).
  • 1989 - George H. W. Bush proclámase 41º presidente dos EUA.
  • 1990 - En Londres nace un neno tras unha operación cardíaca realizada con éxito no ventre da súa nai.
  • 1992 - George H. W. Bush anuncia a fin do embargo imposto a Cambodja durante 17 anos.
  • 1993 - Daniel Arap Moi é investido presidente de Kenya, tras ser reelixido nas primeiras eleccións multipartidistas en 26 anos, celebradas o 29 de decembro anterior.
  • 1996 - Tras un acareo con Barrionuevo, Damborenea afirma que o ex ministro do Interior asistiu a reunión que deseñou a estratexia dos GAL.
  • 1999 - Inaugúrase o derradeiro tramo, de 650 quilómetros, do ferrocarril amazónico que une Brasil e Bolivia.
  • 2006 - Evo Morales, presidente de Bolivia, vén de visita oficial a España para entrevistarse con Zapatero.

Nacementos[editar | editar a fonte]

Celso Emilio Ferreiro

Mortes[editar | editar a fonte]

Cruceiro de Hío de Xosé Cerviño García

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

  • Santoral: Santos Roberto, Isabel Seton, Benita, Ánxela de Foligno, Dafrosa, Benedicta e Elsa (Virxes); Casimiro (Confesor); Lucio I (Papa); Basilio, Uxio, Agatodoro, Eterio e Capión (Bispos de Lugo); Elpidio, Efrén, Nestor e Arcadio (Bispos); Caio, Roger, Aquilino, Tito, Gregorio, Cirilo, Focio, Hermetes,Prisciliano, Ageo, Maiulo, Gémino, Marciano, Trifón, Quinto. Teodoto, Rigoberto, Aquelao, Cadrado, Acacio e Quirino (Mártires); Adrián (Bispo e Mártir); Beata Xenoveva Torres Morales (fundadora do Instituto de Relixiosas. Anxélicas).

Os 366 días do ano

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=4_de_xaneiro&oldid=4200700"