7 de outubro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< Outubro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2017
Todos os días
6 de outubro
 
7 de outubro
 
8 de outubro

O 7 de outubro é o 280º día do ano do calendario gregoriano (281 nos anos bisestos). Quedan 85 días para finalizar o ano.

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Batalla de Lepanto
  • -539: O exército de Ciro II de Persia entra en Babilonia.
  • 1072: Sancho II o Forte, rei de Castela, é asasinado xunto ás murallas de Zamora por Bellido Dolfos.
  • 1407: O decano da facultade de medicina de París, Johannes Leporis, realiza na persoa do bispo de Arras a primeira disección coñecida.
  • 1558: Filipe II de España impón a censura previa para o que se publique ou se introduza en España.
  • 1571: Batalla de Lepanto, na que o poder marítimo dos turcos foi abatido pola Liga Santa: España, Roma e Venecia, so mando de don Xoán de Austria.
  • 1625: O duque de Medina-Sidonia, gobernador de Andalucía, repele un ataque inglés por mar contra a cidade de Cádiz.
  • 1736: Augusto III, duque de Saxonia, funda a Orde de San Henrique.
  • 1737: Un furacán causa a morte dunhas 300 000 persoas no golfo de Bengala.
  • 1813: O exército anglo-luso-español, baixo o mando do Duque de Wellington penetra en Francia na persecución do exército francés e dá fin á guerra da independencia.
  • 1841: Repélese a sublevación dun rexemento encabezado polos xenerais Concha e León, que asalta o Palacio Real para apoderarse da raíña Isabel II. Os rebeldes foron vencidos.
  • 1872: Comenza un gran incendio que en dous días devasta máis de 8 quilómetros cadrados, destrúe 17 450 edificios de Chicago e causa a morte de 200 persoas.
  • 1877: Arxentina: o doutor Adolfo Alsina e o xeneral Bartolomé Mitre, adversarios políticos, dan unha aperta publicamente na Praza de Maio.
  • 1879: Asínase en Viena o Tratado de dobre alianza entre Alemaña e Austria.
  • 1881: María Castells e Vallespí é a primeira muller que obtén o doutoramento en medicina.
  • 1886: Abolición da escravitude en Cuba.
  • 1903: O norteamericano Samuel Pierpont Langley fracasa na súa tentativa de facer voa-lo seu avión ao lanzalo cunha catapulta fixada nun pontón.
  • 1904: George Heath gaña na primeira carreira de automóbiles, celebrada en Westburg, Long Island (EUA), cun "Panhard".
  • 1904: Un tratado franco-español sobre Marrocos garante a soberanía española sobre o Rif e recoñece a Francia o dereito de "vixiar e asistir" o sultán.
  • 1904: Chega o vapor inglés Nol Argomant, con máis de 100 turistas a Palma.
  • 1904: A frota rusa do Báltico leva áncoras de Libau.
  • 1908: A anexión de Creta a Grecia, ameazou cun conflito armado con Turquía.
  • 1908: Nota do goberno austro-húngaro a Turquía sobre a anexión de Bosnia.
  • 1909: Estréase en Moscova a ópera O galo de ouro, de Rimski-Korsakov.
  • 1909: Nunha entrevista, o xeneral D'Amade afirma que os españois ameazan a Francia en Marrocos. Ao sabelo o presidente do Consello, faino pasar á reserva.
  • 1912: Inaugurase as obras do porto de Valparaíso.
  • 1915: O rei Constantino I de Grecia forma novo goberno.
  • 1916: O presidente da República de México, Venustiano Carranza, prohibe as corridas de touros.
  • 1916: O quinto empréstito de guerra alemán achega dez mil millóns e medio de marcos.
  • 1916: Tropas alemás e austríacas conquistan Kronstadt (Brasov), en Romanía.
  • 1917: O xeneral xefe do arsenal de Cádiz queda cesado ao escapar un submarino alemán que estaba retido no mesmo porto.
  • 1920: O secretario xeneral da Sociedade de Nacións convoca os estados asociados á conferencia de Barcelona.
  • 1921: Walter Rathenau fixa co ministro francés as prestacións que a industria alemá debe realizar como parte das reparacións de guerra.
  • 1924: Numerosas tropas concentráronse en Veracruz, co obxecto de saír na persecución dos continxentes de bandidos que aterrorizan a rexión.
  • 1925: A bailarina estadounidense Josephine Baker debuta na Revista negra no music-hall dos Campos Elisios.
  • 1926: Un decreto lei converte o partido fascista no partido único de Italia.
  • 1928: Comeza en Berlín a primeira exposición aeronáutica internacional de despois da guerra.
  • 1933: André Malraux publica A condición humana.
  • 1934: Réndese a Generalitat de Catalunya ás tropas do capitán xeneral da IV División militar, Domingo Batet, tras a rebelión do día anterior.
  • 1935: Fúndase a Federación para a protección dos escritores alemáns, presidida por Thomas Mann.
  • 1936: Apróbase o Estatuto de Autonomía do País Vasco.
  • 1936: Chega a Moscova o embaixador de España na URSS, Marcelino Pascua.
  • 1937: O Goberno de Francisco Franco institúe por decreto o Servizo Social da muller.
  • 1939: Estréase en Barcelona a película Carmen la de Triana, interpretada por Imperio Argentina e Rafael Rivelles.
  • 1939: As emisoras de radio españolas quedarán suxeitas a censura.
  • 1940: Ernest Hemingway publica a obra Por quen dobran as campás.
  • 1942: As tropas xaponesas evacúan as illas Aleutianas.
  • 1944: Dumbarton, dos EUA, reúne os representantes de EUA, URSS, Gran Bretaña e China nunha conferencia para establecer as bases da ONU e do Consello de Seguridade.
  • 1945: O xintoísmo deixa de ser a relixión do estado de Xapón.
  • 1947: O primeiro ministro británico Attlee destitúe once dos seus ministros.
  • 1948: Estréase en Minnesota o Círculo de xiz caucasiano, obra de Bertolt Brecht.
  • 1948: Joaquín Ruiz-Giménez Cortés, nomeado embaixador de España ante a Santa Sede.
  • 1949: Proclamación da República Democrática Alemá na zona de ocupación soviética, polo Consello do Pobo.
  • 1950: O sha Reza Pahlevi inaugura en Teherán o primeiro Senado da historia de Irán.
  • 1950: 30 000 soldados chineses invaden o Tibet e toman o control da política exterior ate que se firme o tratado chinés-tibetano.
  • 1952: Estréase en Barcelona a película Amaya, dirixida por Luis Marquina, e protagonizada por Susana Canales e Julio Peña.
  • 1953: O coñecido cirurxián estadounidense Eugene Muron Bricker comunica a substitución con éxito da vexiga urinaria por un anaco de intestino delgado.
  • 1956: Golda Meir, ministra de Asuntos Exteriores de Israel, declara que, ante a incapacidade da ONU, o seu país devolverá golpe por golpe.
  • 1957: Inauguración da central térmica de Escombreras.
  • 1958: O presidente paquistaní, Iskander Mirza, declara a lei marcial suspendendo a constitución e a asembleas parlamentarias como resposta ás malas colleitas e á corrupción.
  • 1959: O Lunik III obtén as primeiras fotografías do lado oculto da Lúa.
  • 1965: Implántase o estado de sitio en Portugal para combater a folga de servizos públicos.
  • 1967: Primeiro concerto oficial da orquestra Ciutat de Barcelona, dirixida por Antoni Ros-Marbà.
  • 1969: O presidente brasileiro Garrastazu Medici é designado xefe de Estado.
  • 1975: A guerra civil do Líbano redobra a súa violencia no Beirut.
  • 1975: O presidente mexicano, Luis Echeverría Álvarez, ratifica a súa petición de que España sexa expulsada da ONU.
  • 1977: Máis de 100 000 vascos maniféstanse a favor da autonomía de Euskadi.
  • 1978: Decrétase o alto o fogo en Beirut.
  • 1980: O grupo catalán Comediants estrea na sala Olimpia, de Madrid, Sol, solet.
  • 1982: Os deputados suecos elixen a Olof Palme xefe do Goberno.
  • 1985: Un comando palestino secuestra o transatlántico italiano "Achille Lauro" e entréganse ao día seguinte despois de matar un pasaxeiro.
  • 1985: Graves enfrontamentos raciais no suburbio londinense de Tottenham.
  • 1986: O Papa Xoán Paulo II remata a súa estadía en Lión (Francia) despois de facer xa tres viaxes a este país no seu pontificado.
  • 1989: O Partido Democrático de Botswana, no poder dende a independencia en 1966, gaña amplamente as eleccións lexislativas.
  • 1989: O presidente arxentino, Carlos Menem, firma os decretos que indultan os procesados por delitos cometidos na ditadura.
  • 1989: A celebración do corenta aniversario da fundación da RDA acompáñase das maiores manifestacións de protesta dende o 17 de xuño de 1953.
  • 1990: O Partido Socialista de Austria gaña as eleccións parlamentarias.
  • 1990: Os estadounidenses Joseph E. Murray e E. Donnall Thomas obteñen o Premio Nobel de Medicina.
  • 1991: Croacia e Eslovenia convértense en repúblicas independentes ao separarse de Iugoslavia, tras concluír a moratoria de tres meses prevista nos acordos de Brioni.
  • 1992: Abimael Guzmán, dirixente de Sendeiro Luminoso, queda condenado a cadea perpetua polo tribunal peruano.
  • 1993: Acórdase a cesión da xestión do 15 % do IRPF ás comunidades autónomas.
  • 1993: Outorgado o Premio Nobel de Literatura á escritora estadounidense Toni Morrison.
  • 1999: Os Reis inauguran o Gran Teatro do Liceo de Barcelona, reconstruído tralo incendio de 1994 que o deixou calcinado.
  • 2002: Un mozo de trece anos convértese na oitava vítima, en catro días, dun francotirador que actúa nos arredores de Washington.
  • 2003: Os "pais" da Constitución española conmemoran o 25 aniversario da Carta Magna cunha petición de consenso para acometer posibles reformas.
  • 2003: A poetisa sevillana Julia Uceda gaña o Premio Nacional de Poesía.
  • 2003: Unha matanza entre etnias rivais causa 65 mortos nunha aldea do noroeste da República Democrática do Congo.

Nacementos[editar | editar a fonte]

Desmond Tutu

Mortes[editar | editar a fonte]

Ramón Tojo Pérez
  • 336 - San Marcos, Papa.
  • 560 - Santo Augusto, relixioso francés.
  • 732 - Abd-er-Rahman-Ben-Abdallah-Algafari, sétimo emir ou gobernador árabe de España.
  • 1488 - Andrea del Verrocchio, escultor e pintor florentino.
  • 1553 - Cristóbal de Morales, compositor español.
  • 1796 - Thomas Reid, filósofo británico.
  • 1849 - Edgar Allan Poe, escritor estadounidense.
  • 1878 - Tomás Cipriano de Mosquera e Arboleda, político militar e estadista colombiano.
  • 1939 - Ernest Vincent Wright, escritor estadounidense (n. 1873)
  • 1944 - Ramón Tojo Pérez, escritor e político galego (n. 1860).
  • 1959 - Mario Lanza, actor e cantante estadounidense.
  • 1967 - Manuel Quintín Lame, líder indíxena colombiano.
  • 1975 - Antonio Bienvenida, toureiro español.
  • 1982 - Alexandre Núñez Alonso, novelista español.
  • 1990 - Juan José Arévalo Bermejo, político e mestre guatemalteco, ex presidente de Guatemala.
  • 1991 - José Luis Dávila, "Pepe Luis", debuxante español.
  • 1993 - Cyril Cusack, actor irlandés.
  • 1993 - Agnes George de Mille, bailarina e coreógrafa estadounidense.
  • 1994 - Niels Kaj Jerne, inmunólogo británico, Premio Nobel de Medicina 1984.
  • 2002 - Eduald Serra, escultor español.

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

  • Santoral: Nosa Señora Virxe do Rosario (Patroa da Coruña). San Marcos (Papa); Xulia e Xustina (Virxes); Elano, Serxio, Baco, Leopardino, Nabor, Marcelo e Apuleio (Mártires); Gustavo, Augusto e Canoco (Abades); Paladio, Rigaldo, Cuarto e Eleuterio (Bispos); Adalxio e Igaldo (Eremitas).

Os 366 días do ano

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=7_de_outubro&oldid=4343915"