A.A. Dominicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A.A. Dominicos
CidadeA Coruña, Galicia Galicia
Historia1957
Fundado1957
PavillónPavillón do Colexio dos Dominicos
Competición1ª División Galega
Títulos
Copa do Rei1990
Cores          Negro e branco
Sitio web
Sitio web oficial

O club A.A. Dominicos é un club de hóckey a patíns da cidade da Coruña, que compite na 1ª División Galega. Con máis de 50 anos de historia é, xunto co H.C. Liceo un dos equipos históricos do hóckey coruñés e galego. Entre os grandes logros do club figuran un campionato de España xuvenil e un alevin no ano 2013, sendo o primeiro equipo galego en acadalo.

Historia[editar | editar a fonte]

O club naceu en 1957 no seo do Colexio Dominicos da Coruña,[1] onde conseguiu contar con máis de 200 rapaces nas súas filas. En 1980 o club conseguiu o ascenso á División de Honra, logo de finalizar campión do Grupo I da Primeira División con 42 puntos, cinco máis que o segundo clasificado do seu grupo, o Josaleta, ao que derrotou o 30 de marzo na derradeira xornada ligueira por sete goles a tres.[2] Para rematar a tempada, o Dominicos disputou na cidade madrileña de Alcobendas o Torneo de Campións, que o enfrontou aos tres equipos campións dos seus respectivos grupos na Primeira División, e que polo tanto xa estaban ascendidos á División de Honra: o Ruán Alcobendas, o Club Patín Claret de Sevilla (campión do Grupo III) e o Mollet Hoquei Club de Mollet del Vallès (campión do Grupo IV).[3] Finalmente os da cidade vella non serían quen de gañar ningún dos tres partidos, finalizando na última posición con tres derrotas: 12-3 fronte ao Mollet na primeira xornada, 2-1 fronte ao Ruán Alcobendas, e 7-5 fronte ao Claret, se ben neste último os colexiales mandaron no marcador durante todo o partido ata o minuto 23, momento no cal os andaluces ampataron o partido a cingo goles, e finalmente acabarían sentenciando con dous tantos máis.[4]

Na máxima categoría permaneceu durante 10 anos.[1]

A Copa de 1990[editar | editar a fonte]

O maior logro do equipo chegou na tempada 1989-90, cando o club se alzaba co título da Copa do Rei ao vencer na final disputada en Alcobendas o 4 de marzo de 1990 ao Reus Deportiu por 2 goles a 1, converténdose no segundo equipo galego en alzar este título (e terceiro equipo non catalán en conseguilo), e sendo o segundo equipo en conquistar o título sen contar con ningún xogador catalán nas súas filas.[5] O equipo adestrado daquela por Carlos Gil conseguían adiantarse na final cun gol de Fernando Avecilla no minuto oito, mais a pesar de ter numerosas ocasións os coruñeses, o marcador non se moveu. Na segunda parte, un gol de Quim López situaba a igualdade no marcador, ata que no minuto dezaseis da segunda parte Beni situaba o 2 a 1 que sería definitivo.[6]

Os xogadores que conformaban o equipo que conseguiu o único título estatal ata a data do equipo herculino foron:[7]

  • 1 Juan C. Yañez
  • 2 Pablo Trigo
  • 3 Fernando Avecilla
  • 4 Juan Copa
  • 5 Benigno Rodriguez
  • 6 Celso González
  • 7 Alejandro Avecilla
  • 8 Carlos Figueroa
  • 9 Javier Losada
  • 10 Germán Taibo

Adestrador: Carlos Gil

Os anos lonxe da elite[editar | editar a fonte]

Logo da conquista da Copa do Rei o club herculino disputou a Copa CERS na tempada 1990-91, mais caeron en cuartos de final fronte ao Novara por seis goles a cinco, nun partido no que os da cidade vella tiveron a clasificación na man ao descanso logo de ir gañando por catro goles a un na segunda metade, mais os goles de Amato (3) e Marzella (2) deron a clasificación ao cadro italiano.[8] Con todo, unha mala xestión condenou ao equipo á perda de categoría. Logo de permanecer afastado da elite do hóckey a patíns español durante moitos anos, no 2005 estivo a piques de ascender á Primeira División a pesar de ser un club modesto, nun partido que máis de 1.000 persoas presenciaron dende as bancadas. Finalmente, na tempada 2012-13, o Dominicos domina a Primeira División Galega con dous puntos de marxe sobre o Coinasa Liceo B e cinco respecto ao Escola Lubiáns, na fase de ascenso á Primeira División estatal os coruñeses impúñanse con claridade en Burgos ao RC Josaleta (2-6), ao Biesca Gijón (5-4), e ao equipo local do CP Burgos (6-3), conseguindo deste xeito o ascenso á segunda categoría do hóckey a patíns español.[9]

En 2016 o equipo feminino do Dominicos, dirixido por Stanis García e Tomás de Llano, conseguiu o título da Liga Galega, o que lle concedeu unha praza na OK Liga Feminina, con todo, a falta de xogadoras e de recursos non fixeron posible a confección dun equipo competitivo e finalmente a inscrición do equipo na máxima categoría do hóckey a patíns feminino español.[10]

Base[editar | editar a fonte]

O equipo destaca pola súa base, saíndo das súas categorías inferiores xogadores coma Alejandro Avencilla ou o ex-liceista Willy Duarte. O club conseguiu clasificar a equipos de base para campionatos de España en numerosas ocasións.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Varela, María (29 de abril de 2013). "Los clásicos siempre vuelven". La Opinión (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2018. 
  2. Martorell, Eduardo (2 de abril de 1980). "ACABO LA LIGA EN PRIMERA DIVISIÓN, SIN SORPRESAS". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2018. 
  3. Martorell, Eduardo (23 de maio de 1980). "SE INICIA EL TORNEO DE CAMPEONES EN ALCOBENDAS". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2018. 
  4. González Cabrera, Rafael (26 de maio de 1980). "EL MOLLET SE ADJUDICO EL TORNEO DE CAMPEONES". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 20 de decembro de 2018. 
  5. Gallen, Carles (6 de marzo de 1990). "El éxito de la modestia". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2018. 
  6. Gallen, Carles (5 de marzo de 1990). "1-2: La fiesta fue coruñesa". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2018. 
  7. Gallen, Carles (4 de marzo de 1990). "Una finalísima sin favorito". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2018. 
  8. López, Blay; González, Rafa (21 de abril de 1991). "Igualada y Reus, a semifinales". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2018. 
  9. "Dominicos i Santa Maria del Pilar, nous equips de Primera Divisió" (en catalán). okcat.cat. 27 de abril de 2013. Consultado o 12 de abril de 2018. 
  10. "El equipo femenino del Dominicos no jugará en la OK Liga". La Opinión (en castelán). 16 de xuño de 2015. Consultado o 11 de setembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

x

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A.A._Dominicos&oldid=5073648"