AC-432

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
AC-432
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude18,5 km
Localización
InicioVimianzo  AC-552 
FinCamariñas

A AC-432 é unha estrada pertencente á rede primaria complementaria da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Vimianzo e Camariñas[1], logo duns 18,5 quilómetros.

Percorrido[editar | editar a fonte]

A estrada comeza o seu percorrido na travesía urbana da AC-552 ao seu paso polo núcleo de Vimianzo, durante este primeiro tramo figura no nomenclátor municipal como "rúa Trasariz". Logo continúa pola parroquia de Calo e cruza o río Grande, tralo cal atravesa a parroquia de Carantoña. Entra no término de Camariñas pola parroquia da Ponte do Porto primeiro e a continuación pola de Xaviña para rematar, por fin, na capital municipal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BOE.es - Documento BOE-B-1996-5771". www.boe.es. Consultado o 2016-08-13. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=AC-432&oldid=4787076"