AC-440

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
AC-440
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude14,68 km
Localización
InicioBerdoias  AC-552 
FinMuxía

A AC-440 é unha estrada pertencente á rede primaria complementaria da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Berdoias e Muxía, logo duns 15,5 quilómetros.

Percorrido[editar | editar a fonte]

A estrada comeza o seu percorrido no cruzamento da AC-552 coa AC-441, na aldea de Berdoias. De aí parte cara a Boallo para se internar xa no concello de Muxía a través dos lugares de Suxo, Ozón, Muíños, Moraime, Figueiras de Arriba e, finalmente rematar na vila de Muxía.

Futura conexión coa AG-55[editar | editar a fonte]

Desde 2005 está prevista a prolongación da AG-55 até o cruzamento de Berdoias, onde esta autoestrada continuaría xa como corredor até a vila de Cee e tería conexión coa AC-441 e a propia AC-440[1]. Porén, máis de dez anos despois, en 2016, só se inaugurou o tramo entre Carballo e Santa Irena e o resto ficaba adiado, comprometéndose o presidente da Xunta de Galicia unicamente a rematar os quilómetros que restan para chegar a Vimianzo[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "DOG Núm. 129. Mércores, 06 de xullo de 2005". Diario Oficial de Galicia. Consultado o 2016-08-16. 
  2. Redacción, QPC, (2016-07-29). "Queda inaugurada a media Autovía da Costa da Morte". Consultado o 2016-08-16. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=AC-440&oldid=5124202"