AC-522

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
AC-522
TipoloxíaEstrada convencional
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude3,30 km
Localización
Inicio AG-56  Pardiñas (Laraño)
Fin N-550  As Galanas (Calo)

A AC-522 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Conecta a AG-56 en Pardiñas (Laraño) coa N-550 nas Galanas (Calo), servindo de vez como circunvalación do núcleo urbano do Milladoiro, ao sur de Santiago de Compostela. Púxose en servizo canda a AG-56, en febreiro de 2008.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Aínda que aparece sinalizada como estrada convencional esta infraestrutura ten todo o seu percorrido valado e non se permite o acceso peonil nin de vehículos agrícolas, tampouco existen cruzamentos ao mesmo nivel con outras vías agás non sendo nos seus extremos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N. S. - M. M. - El Correo Gallego (16.02.2008). "Más de 130.000 vecinos evitarán los atascos con la autovía AG-56" (en castelán). Consultado o 2017-08-03. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=AC-522&oldid=4787079"