AP-9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
AP-9
Autoestrada do Atlántico
AP-9.svg
TipoloxíaAutoestrada de peaxe
RedeRede de estradas do Estado
Ruta europea E01 
Dimensións
Lonxitude219,6 km
Formato2 ou 3 carrís por sentido
Localización
InicioFerrol
FinFronteira con Portugal
Circulación
Velocidade máxima120 km/h

A autoestrada do Atlántico ou AP-9 é unha autoestrada situada no oeste de Galicia. Comunica a cidade de Ferrol coa fronteira con Portugal, cruzando o oeste de Galiza de norte a sur, atravesando as provincias da Coruña e Pontevedra. No extremo sur da autoestrada, ao chegar a Portugal, convértese na A-3, con destino á capital portuguesa, Lisboa pasando polo Porto.

Comunica grandes cidades e vilas coma Ferrol, Narón, Neda, Fene, Pontedeume, Miño, Betanzos, A Coruña, Ordes, Santiago de Compostela, Padrón, Pontevedra, Vigo, O Porriño ou Tui.

Historia[editar | editar a fonte]

Ponte da Ría (Pontevedra).

En 1973 o Estado concedeu a construción da autoestrada a Autopistas del Atlántico, C.E.S.A., hoxe pertencente a Sacyr Vallehermoso. A autoestrada supuxo un investimento duns 1.428 millóns de euros. O 16 de outubro de 1973, constituíuse a sociedade Audasa. Axiña xurdiu oposición social ao proxecto[1].

O 17 de decembro comezou a construción da ponte de Rande. As seguintes obras en comezar foron as do acceso a Vigo o 1 de xullo de 1975, as do tramo "Ponte de Rande - Pontevedra Sur" 2 meses despois, e "A Coruña - Santiago Norte" un ano despois. Estes tramos foron inaugurados entre 1979 e 1984.

En 1988 inaugurouse o tramo "Santiago Norte - Santiago Sur". En 1989 comezaron as obras da ponte da Ría sobre a ría de Pontevedra. En 1990 inauguráronse os tramos "Santiago Sur - Padrón". Ao ano seguinte abríuse ao público o tramo "Padrón - Caldas de Reis", e en 1992 "Pontevedra Norte - Pontevedra Sur" e "Caldas de Reis - Pontevedra" (1992).

Entre 1993 e 1997 comezaron as obras entre "Guísamo - Miño"; "Rande - Puxeiros" e "Miño - Fene". De 1997 a 2000, inauguráronse tódalas obras anteriores xunto co tramo "Teis - Intercambiador de Rebullón". Ademais, no 2000 prolongouse a Autoestrada do Atlántico coa incorporación do tramo do "Acceso norte a Ferrol" e amplióuselle a concesión até o ano 2048.

Dende o 2001 até a actualidade, iniciáronse só as seguintes dúas obras: acceso norte a Ferrol por Fene, Neda e Narón; e o tramo "Intercambiador de Rebullón - Portugal".

Datos[editar | editar a fonte]

A Autoestrada do Atlántico conta con 444 pasos a través da autoestrada e 6 túneles, que en total suman 7 km ao longo de toda a autoestrada. Ademais ten 65 pontes e viadutos, entre eles a que no seu día foi a ponte atirantada con máis de dous carrís máis longa do mundo, a ponte de Rande, protagonista de diversos anuncios publicitarios. Mide 1.555 metros, e obtivo en 1979 o premio europeo á construción metálica máis destacada.

En 1996, cando contaba con 156,3 km de lonxitude, a empresa concesionaria ingresou 46 870 000 € en concepto de peaxes, cunha afluencia media de 13.852 vehículos diarios. No 2004, xa con 219,6 km, ingresáronse 118 290 000 €, cunha media de 22.565 vehículos diarios, 38,61 % máis ca 8 anos antes.

Tarifas[editar | editar a fonte]

En 2019 a tarifa máxima (para cruzar de norte a sur, é dicir, dende Ferrol até Tui) era de:[2]

Categoría Vehículos
Lixeiros
  • Motocicletas con ou sen sidecar
  • Turismos sen remolque
  • Turismos con remolque sen roda xemelga en ningún eixe
  • Furgóns e furgonetas de 2 eixes e 4 rodas
  • Furgóns con remolque sen roda xemelga en ningún eixe
  • Microbuses de dous eixes (4 rodas)
  • 21,55
    Pesados 1
  • Turismos de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 1 eixe con roda xemelga
  • Furgóns e furgonetas de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 1 eixe con roda xemelga
  • Camións de 2 eixes
  • Autocares de 2 ou 3 eixes e autocares de 2 eixes con remolque de 1 eixe
  • Camións de 3 eixes e camións de 2 eixes con remolque de 1 eixe
  • 36,90
    Pesados 2
  • Turismos de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 2 eixes e polo menos 1 eixe con roda xemelga
  • Camións e autocares con ou sen remolque cun total de 4 eixes ou máis
  • Furgóns e furgonetas (de 2 eixes e 4 rodas con remolque de 2 ou máis eixes e polo menos 1 eixe con roda xemelga)
  • 47,10

    Tramos[editar | editar a fonte]

    Denominación Tramo Km
    AP-9 Ferrol - Intercambiador 37,5
    AP-9 A Coruña - Vigo 153,5
    AP-9 Teis - Tui 28,6

    Zonas libres de peaxe[editar | editar a fonte]

    Peaxe á entrada de Santiago de Compostela desde o sur.

    Dende o fin da autoestrada en Ferrol ata a peaxe de Fene segue sendo AP-9 e actuando coma circunvalación de Ferrol, Narón, Neda e Fene. Dende Sigüeiro ata a saída da SC-20 é a AP-9 e formando parte da circunvalación de Santiago de Compostela.

    Dende a peaxe de Poio ata a saída cara a Ourense-N-554 segue sendo AP-9 formando parte da circunvalación de Pontevedra. En Vigo tamén pasa a ser AP-9, formando parte da circunvalación de Vigo só nas saídas cara a Vigo, A-55, A-52 e AG-57.

    Saídas AP-9[editar | editar a fonte]

    Tramo AP-9F: "Guísamo - Ferrol"[editar | editar a fonte]

    Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza
    Spain traffic signal s1.svg Guísamo continúa en dirección A Coruña e Santiago de Compostela por  AP-9   AP-9 
    AB-AS-blau.svg 0F Spain traffic signal s63.svg A Coruña
    Santiago de Compostela
     AP-9 
    Spain traffic signal r200a.svg Peaxe de Guísamo
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 2F Guísamo  N-VI 
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 3F Bergondo - Sada  AC-161 
    Ponte da ría de Betanzos (lonxitude 1.050m)
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 12F Spain traffic signal r200a.svg Miño  AC-154 
    SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.pngTeléfonoAutovia.pngCafeteria.png Área de Servizo de Miño
    Spain traffic signal s5.png Spain traffic signal r301-90.svg Túnel de Campolongo 540m
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 21F Spain traffic signal r200a.svg Cabanas - Pontedeume  N-651   AC-564 
    Spain traffic signal s5.png Spain traffic signal r301-90.svg Túnel de Pedra de Couto 1000m.
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 25F (en sentido Ferrol) Fene Sur
    Spain traffic signal r200a.svg Peaxe de Fene
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 27F Fene Norte  N-651 
    Spain traffic signal s5.png Spain traffic signal r301-90.svg Túnel de Sartego 1048m.
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 31F Narón - Neda  AC-115 
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 34F Freixeiro  AC-115 
    AB-AS-blau.svg 35F Spain traffic signal s63.svg Vilalba
    Ferrol
     AG-64 
     FE-13 
    Spain traffic signal s2.svg Ferrol continúa por  FE-15    

    Tramo AP-9: "A Coruña - Tui"[editar | editar a fonte]

    Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza
    Spain traffic signal s1.svg A Coruña continúa en dirección Coruña  AC-11   AC-11 
    AB-AS-blau.svg 3  Avenida Alcalde Alfonso Molina 
     Ponte da Pasaxe 
     AC-11 
     AC-12 
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 6 SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.pngTeléfonoAutovia.pngCafeteria.png Área de Servizo do Burgo
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 7 Cambre - Aeroporto de Alvedro  N-550 
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 12 (en sentido Coruña) Cambre - Mabegondo  AC-214   AC-221 
    AB-AS-blau.svg 15 Spain traffic signal s63.svg Ferrol - Pontedeume  AP-9F 
    Spain traffic signal r200a.svg Peaxe de Guísamo
    AB-AS-blau.svg 16 Spain traffic signal s63.svg Madrid - Lugo - Arteixo  A-6 
    Área de Descanso de Piadela
    SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.pngTeléfonoAutovia.pngCafeteria.png Área de Servizo de Ameixeira
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 41 Ordes  AC-524 
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 55 (en sentido Portugal) Sigüeiro - Aeroporto da Lavacolla
    Spain traffic signal r200a.svg Peaxe de Sigüeiro
    Área de Descanso de Marantes
    AB-AS-blau.svg 67 Spain traffic signal s63.svg Santiago de Compostela
    Lugo - Aeroporto da Lavacolla
     SC-20 
     A-54 
    AB-AS-blau.svg 72ASpain traffic signal s63.svg (en sentido Portugal) Ourense
    A Estrada
     AP-53 
     AG-56 
    AB-AS-blau.svg 72 Santiago de Compostela
    Ourense
     SC-11 
     N-525 
    AB-AS-blau.svg 75 Spain traffic signal s63.svg Santiago de Compostela - Milladoiro
    Noia
     SC-20 
     AG-56 
    Spain traffic signal r200a.svg Peaxe de Teo
    SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.pngTeléfonoAutovia.pngCafeteria.png Área de Servizo de Compostela
    AB-AS-blau.svg 93 Padrón
    Ribeira
     N-550 
     AG-11 
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 104 (en sentido Coruña) Ribeira - Catoira
    Valga
     PO-100 
     N-550 
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 110 Caldas de Reis - Vilagarcía de Arousa  N-640 
    SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.pngTeléfonoAutovia.pngCafeteria.png Área de Servizo do Salnes
    AB-AS-blau.svg 119 Sanxenxo - O Grove  AG-41 
    Spain traffic signal r200a.svg Peaxe de Poio
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 129 Pontevedra  PO-531 
    AB-AS-blau.svg 132A Spain traffic signal s63.svg Pontevedra
    Ourense
    Vigo
     PO-10 
     N-541 
     N-550 
    AB-AS-blau.svg 132B Spain traffic signal s63.svg Marín
    Pontevedra
     PO-10 
     PO-12 
    Área de Descanso de Bértola
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 137 Redondela - Vilaboa  N-550 
    Spain traffic signal r200a.svg Peaxe de Figueirido
    SurtidorAutovia.pngRestauranteAutovia.pngTeléfonoAutovia.pngCafeteria.png Área de Servizo de San Simón
    AB-AS-blau.svg 146 Moaña - Cangas  CG-4.1 
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 148 (en sentido Coruña) Redondela  N-552 
    AB-AS-blau.svg 151 Spain traffic signal s63.svg Vigo - Chapela
    Teis
     AP-9V 
     N-552 
    Spain traffic signal s5.png Túnel de Madroa 440m
    Spain traffic signal s5.png Túnel de Candeán 860m
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 157 Redondela - Aeroporto de Vigo  N-556 
    AB-AS-blau.svg 159 Spain traffic signal s63.svg Vigo - Tui
    Madrid - Ourense
     A-55 
     A-52 
    AB-AS-blau.svg 161 Spain traffic signal s63.svg Vigo
    Nigrán - Baiona
     VG-20 
     AG-57 
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 166 Porriño
    Vigo - Tui
    Ourense

     A-55 
     A-52 
    Spain traffic signal r200a.svg Peaxe de Porriño
    AB-AS-blau.svg 178 Spain traffic signal s63.svg Tui
    Vigo - Portugal

     A-55 
    Spain traffic signal s2.svg Tui continúa en dirección Portugal por  A-55   A-55 

    Tramo AP-9V: "AP-9 - Vigo"[editar | editar a fonte]

    Número de Saída Nome de Saída Estrada que enlaza
    Spain traffic signal s1.svg Continúa en dirección Coruña e Portugal por  AP-9   AP-9 
    AB-AS-blau.svg 0V Spain traffic signal s63.svg A Coruña
    Portugal
     AP-9 
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 1V (en sentido Vigo) Teis - Chapela  N-552 
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 2V (en sentido Vigo)  Avenida Bos Aires  - Aeroporto de Vigo
    Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 4V (en sentido Vigo)  Avenida García Barbón  - Porto de Vigo
    Spain traffic signal s2.svg Vigo

    Uso do galego[editar | editar a fonte]

    Malia que o seu percorrido discorre completamente por Galiza, na autoestrada AP-9 moitos dos paneis informativos están en castelán, como os indicadores dos viadutos, das áreas de servizo, ou os carteis informativos das peaxes. En 2013 Audasa recibiu 54 denuncias da Garda Civil por rotular en galego os sinais da autoestrada. Estas sancións foron anuladas e o Ministerio de Fomento ordenou que se rotulasen as peaxes da autoestrada en galego, castelán e inglés[3].

    Xestión e propiedade[editar | editar a fonte]

    A AP-9 pertencía á Empresa Nacional de Autopistas (ENA) que en 2003 vendeuna por 1.586 millóns a un consorcio formado por SCH, Caixanova, Caixa Galicia e Caja de Ahorros de Huelva e Sevilla. A AP-9 está xestionada por Audasa (Autopistas del Atlántico SA) con sede na cidade da Coruña, do grupo Itinere. A propiedade da AP-9 foi trocando de mans co tempo sendo propiedade de Kutxa (16,3%), Sacyr (15,5%) e Abanca (3,8%) estando entón valorada en 1.300 millóns de euros. En 2018 Globalvía mercou por 723 millóns de euros o 55,6% de Itinere.[4] Globalvía pertence a fondos de pensións controlados por tres compañías: a canadense USS, a holandesa OPTrust e PGGM, de Reino Unido. En 2019 Liberbank vendeu por 77 millóns de euros o 5,67% a Corsair chegando a ter o 43,6% de Audasa.[5]

    Accionistas de Audasa
    país compañía % custe
    Flag of Canada.svg Flag of the United Kingdom.svg Flag of the Netherlands.svg Globalvía 55,6 % 723 millóns
    Flag of the United States.svg Corsair Capital 43,6%

    Notas[editar | editar a fonte]

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

    Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=AP-9&oldid=5316398"