A Arribada, Baiona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

<<Proxecto pedagóxico>>

A Arribada é una festa declarada de Interese Turístico Internacional que ten lugar no primeiro fin de semana de marzo. Baiona ambiéntase do xeito medieval para recordar a chegada da Carabela.

Historia[editar | editar a fonte]

Cristóbal Colón e Martín Alonso Pinzón emprenderon unha viaxe nas carabelas La Niña e Pinta e, de regreso da expedición colombina, querían informar os Reis Católicos sobre o descubrimento de América.

Á altura das Azores, na noite dun xoves 14 de febreiro, un gran temporal separou ambas embarcacións. Cristóbal Colón, ao mando de La Niña, tomou rumbo sueste cara a Cascais, onde arribou o 10 de marzo. Martín Alonso Pinzón (enfermo de sífile) viña acompañado polo baionés Cristóbal García Sarmiento, gran coñecedor destas costas e tomou rumbo nordeste cara a Baiona. Chegan o 1 de marzo de 1493. Os veciños de Baiona foron os primeiros en coñecer o anaco dun novo continente que chegaba no barco en forma de metais (ouro), plantas alimenticias (millo, uca, especias), plantas téxtiles (algodón), plantas medicinais (tabaco utilizado polos indios para calmar a dor), plantas colorantes, froitas, madeiras, animais e diversos útiles.

A tripulación pasou uns días de descanso en Baiona e aproveitou para abastecerse de novo de víveres. O 11 de marzo partiu ata Palos, cidade dende onde partira a expedición.

A Celebración[editar | editar a fonte]

As rúas do casco antigo e os paseos énchense de postos de comida e artesanía e costumes da época, un mercado no que se ofrecen produtos e alimentos artesáns do século XV. A xente disfrázase de época, das diferentes clases como campesiños, nobres e bufóns.

Tamén hai músicos, xograres e malabaristas que realizan pasarúas entre mercaderes e público. A festa conta cun programa de actividades que inclúe conferencias de historia, duelos medievais, retos de esgrima ou demostracións de tiro con arco. As actividades comezan ás 10:00 horas e rematan sobre ás 23:00 horas.

A Praia da Ribeira é o escenario principal no que se realiza o acto da celebración, a reconstrución do relato que Martín Alonso Pinzón e os seus tripulantes fixeron polo descubrimento ó correxidor de Baiona o día 1 de marzo de 1493. Faise cunha representación da Arribada, nun bote cos navegantes procedente da réplica da Pinta, amorada no porto. Tamén se celebra o Torneo de Cabaleiros cun espectáculo de cetrería.

O parque da Palma conta cun espazo infantil cun parque de aventuras e un parque medieval. O parque de aventuras está composto por una tirolina, rocódromos, descenso en rappel e inchables. No parque medieval atópase unha noria, tiovivo, esgrima, tiro con arco e xogos tradicionais con madeira. Tamén hai una granxa medieval con animais como serpes, loros, coellos etc.

Na Praia da Cuncheira ofrécense paseos en camelos e dromedarios. Na Alameda de Carabela A Pinta están a zona Playmóbil medieval e obradoiros infantís. No paseo da Ribeira vense aves de cetrería.

Como asistir[editar | editar a fonte]

Para asistir a esta festa hai barcos dende Cangas, Vigo e Panxón.

Enlace externos[editar | editar a fonte]

http://www.baiona.org/web/turismo/cultura/arquitectura-e-monumentos/monumentos-da-arribada

https://www.farodevigo.es/comarcas/2019/02/27/festa-da-arribada-baiona-programa/2059449.html

http://www.littlevigo.com/fiesta-la-arribada-2019/

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A_Arribada,_Baiona&oldid=5173164"