A Illana, Fisteus, Curtis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°7′8″N 8°6′24″O / 43.11889, -8.10667

A Illana
A Illana Fisteus Curtis A Coruña.jpg
Vista da Illana, Curtis.
ParroquiaFisteus
ConcelloCurtis
Poboación29 hab. (2017)

A Illana é un lugar da parroquia de Fisteus no concello coruñés de Curtis, na comarca de Betanzos. Segundo o IGE[1], en 2011 tiña 32 habitantes (17 homes e 15 mulleres).

Mercado local[editar | editar a fonte]

Na Illana celébrase unha das feiras locais máis coñecida e con máis sona na zona, mencionada xa por Lucas Labrada na Descripción económica del Reyno de Galicia (1804) e no Dicionario de Madoz (1847, cando tiña 40 habitantes[2]), pola fama dos queixos que alí venden. A feira do queixo da Illana celébrase no campo da Illana, o día 5 de cada mes. Os queixos de tetilla chegaron a ser coñecidos e chamarse queixos da Illana[3].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Fisteus[editar | editar a fonte]

Parroquias de Curtis[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A_Illana,_Fisteus,_Curtis&oldid=4981507"