A Laxe, O Valadouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°33′26.7″N 7°26′14.1″O / 43.557417, -7.437250

A Laxe
ConcelloO Valadouro
Poboación254 hab. (2011)
Entidades de poboación14

San Xoán da Laxe é unha parroquia do concello lugués do Valadouro, na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2011 tiña 254 habitantes (128 homes e 126 mulleres).

Historia[editar | editar a fonte]

A vila de Ferreira, capitalidade do concello, pertenceu a esta parroquia ata que se constituíu na actual parroquia de Santa María de Ferreira.

Nesta parroquia naceu o cura e poeta Celestino Cabarcos Suárez.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Restos da cultura castrexa no Monte dos Castros.
  • A igrexa parroquial de San Xoán da Laxe é barroca, do século XVIII. Ten tres retablos neoclásicos. Posúe unha cruz procesional de prata barroca.
  • A Casa das Carballesas (no lugar das Penas da Laxe) datada en 1737.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Laxe[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Laxe no concello do Valadouro (Lugo)

Augarrío | As Cabras Figas | A Casela | A Granda | Mansián | O Pazo | A Pedreira | As Penas da Laxe | A Portela | A Rexedoira | A Ribadela | Tanín | Tras dos Ríos | Zaragoza

Parroquias do Valadouro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias do Valadouro

Budián (Santa Eulalia) | O Cadramón (San Xurxo) | Ferreira (Santa María) | Frexulfe (Santa Eulalia) | A Laxe (San Xoán) | Moucide (Santo Estevo) | Recaré (San Xiao) | San Tomé de Recaré (San Tomé) | Santa Cruz do Valadouro (Santa Cruz) | Vilacampa (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A_Laxe,_O_Valadouro&oldid=4761557"