A Pescadería, A Coruña
A Pescadería, A Coruña | |
---|---|
Rúa de San Nicolao. | |
Parroquia | A Coruña |
Concello | A Coruña |
Poboación | 8913[1] hab. (2015) |
A Pescadería,[2][3]Pescaría[4][5][6] ou Peixería,[7] tamén coñecida como Pescadaría[8] e Peixaría,[9] é un barrio da Coruña que ocupa unha das áreas máis antigas da cidade.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]

A Pescadería xurdiu fóra da muralla debido ao crecemento da poboación a partir do século XIV. Xa en 1456 o concello pediu ao rei Henrique IV medidas para evitar o traslado da poboación dende a Cidade Vella.
A partir de entón a Pescadería converteuse no núcleo comercial e pesqueiro, tendo dúas parroquias, San Xurxo e San Nicolao. A importancia da zona, que a principios do século XVI xa duplicaba a poboación da Cidade, provocou a mellora das condicións urbanas, ademais da necesidade de construción de fortificacións. En XVII estableceuse o primeiro convento do barrio, da Compañía de Xesús.[11]
As melloras culminaron no século XVIII coa construción de edificios como as Casas de Paredes, a Aduana ou o Consulado.
No século XIX a expansión do barrio produciuse cara ao Orzán co establecemento dalgunhas fábricas, ademais de pola construción do “Recheo”, que supuxo a ampliación do porto e a aparición dos Xardíns de Méndez Núñez.
Coa demolición das murallas conectouse a Pescadería coa Cidade Vella pola zona próxima á praza de María Pita e comezou a ampliación da cidade co proxecto do Primeiro Ensanche no Campo de Carballo. Dentro dos plans de aliñamento de principios do século XX leváronse a cabo o proxecto do que foi o mercado de Santo Agostiño e a apertura da rúa de Durán Loriga para conectar mellor a Pescadería co novo ensanche.[11]
Descrición[editar | editar a fonte]
A diferenza do plano da Cidade Vella, a Pescadería ten un trazado lonxitudinal. Isto é debido a que esta zona cumpría a función de unir o núcleo primitivo cos camiños de saída, orixinariamente as rúas Real e de Santo Andrés.
Dentro da Pescadería existían dous espazos morfolóxicos diferentes: o sector de San Nicolao tiña quinteiros pequenos e un rueiro entrecortado, mentres que na zona de Santo Andrés había quinteiros máis amplos con hortas no seu interior.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Suma dos datos das seccións correspondentes segundo o IGE (2015)
- ↑ Concello da Coruña
- ↑ Casas de A Pescadería en Turgalicia
- ↑ El monopolio de los zapateros
- ↑ Comunidades veciñais
- ↑ Porto da Coruña
- ↑ Guía da Coruña
- ↑ Diario Oficial de Galicia
- ↑ José Manuel Sande destaca a conexión da Coruña mariñeira e da vangarda artística da segunda edición do Festival Mar de Mares
- ↑ Estudos previos
- ↑ 11,011,111,2 Precedo Ledo, Andrés (1990). La Coruña metrópoli regional (en castelán). Fundación Caixa Galicia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bello, José María; Barral, Dolores; Saavedra, Mª Carmen; De Artaza, Manuel Mª; Colino, Ana; Grandío, Emilio (2001). Historia de A Coruña. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-85-4.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Historia de la Zona Obelisco
- Mapa antigo
- Estudio MMASA; Ergosfera; Desescribir; Pescadería 20; Grupo Dodó (2011). "Pescadería. Un barrio oculto no centro". Colexio de Arquitectos de Galicia. Consultado o 24 de febreiro de 2016.