A Teixeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°23′30″N 7°28′27″O / 42.39167, -7.47417

A Teixeira
Escudo de A Teixeira
Concello da Teixeira.JPG
Casa do concello.
Situacion A Teixeira.PNG
Situación
Xentilicio[1]teixeirés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Caldelas
Poboación332 hab. (2018)
Área27,6 km²
Densidade12,03 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Política (2015)
AlcaldeMiguel Antonio Cid Álvarez (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6

Eleccións municipais na Teixeira
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes80,24%
Na rede
www.concelloateixeira.org
info@concelloateixeira.org

A Teixeira é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Caldelas e que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 332 habitantes (167 homes e 165 mulleres) (551 en 2003), sendo este o segundo dos 4 concellos galegos que ten menos de 500 habitantes, xunto con Negueira de Muñiz, Larouco e Chandrexa de Queixa; a parte de ser un dos máis avellentados, cunha media de idade superior aos 60 anos.

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teixeirés».

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 332 (2018)
Menores de 15 anos 17 (5.12 %)
Entre 15 e 64 anos 150 (45.18 %)
Maiores de 65 anos 165 (49.7 %)
Evolución da poboación da Teixeira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
2.271 2.110 2.104 2.030 547 479 428 415 406 391 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Paisaxe[editar | editar a fonte]

É un concello dunha paisaxe moi fermosa: a 1 km da vila existe unha excelente vista dos canóns do Sil. Presenta verdes prados e montañas nas que a árbore predominante é o castiñeiro.

Economía[editar | editar a fonte]

A agricultura é a base da economía, predominando o viñedo: nos últimos anos creáronse moitas adegas que producen viño coa denominación de orixe Ribeira Sacra.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Teixeira

Abeleda (Santa María) | Boazo (Santa María) | Cristosende (Santa María) | Fontao (San Bartolomeu) | Lumeares (San Salvador) | Montoedo (Santa Mariña) | Pedrafita (San Martiño) | Sistín (Santa María)


Lugares da Teixeira[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Teixeira vexa: Lugares da Teixeira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A_Teixeira&oldid=5060137"