A chave das noces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A chave das noces
Autor/aXabier P. Docampo
CubertaXosé Díaz
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa
Xénero(s)novela negra
EditorialVía Láctea
Data de pub.1987
Formatorústica con lapelas
Páxinas144
ISBNISBN 84-86531-41-1

A chave das noces é unha novela negra de Xabier P. Docampo, publicada en 1987 pola editorial Vía Láctea[1].

Foi reeditada por Xerais en 2018 na colección Fóra de xogo.[2]

Foi publicada en castelán como La llave maestra en 2005[3].

Trama[editar | editar a fonte]

Mauro traballa de axudante nunha axencia de detectives dunha cidade costeira de Galiza. Os seus encargos adoitan ser sinxelos, coma cobrar débedas pendentes ou conseguir probas de infidelidades.

De casualidade contacta con Henrique, un mozo portugués de 17 anos, que logo de facerlle un favor, pídelle que localice a súa irmá, que fuxira preñada. Previsiblemente esta estará xa metida na rede de clubs de alterne dirixida por Ermexildo, un chulo da cidade.

Trala aparición do cadáver de Henrique no peirao, retoma a procura da súa irmá e intenta descubrir quen o matou. Así, investiga a varios matóns, relacionados con Ermexildo a través do contrabando e o tráfico de heroína. Conta coa colaboración de amizades, unha prostituta e un xonqui que lle subministran respectivamente información e outros obxectos, coma armas ou discos roubados.

Atopa á irmá nun piso onde viven varias rapazas, e dille onde está súa nai e seus irmáns pequenos, pero non que faleceu seu irmán Henrique.

O caso dos traficantes remata sen solución posíbel. As mortes non teñen volta atrás, e o narcotraficante máis poderosas ten as costas ben cubertas.

O final é aberto. Non se di como segue a relación co seu xefe (que sempre di que o vai botar á rúa) nin coa súa moza (Inés, que tras uns días de separación, regresa canda a Mauro).

Narración[editar | editar a fonte]

A obra está narrada en terceira persoa, con narrador omnisciente.

A trama está ambientada a mediados dos 80 nunha cidade da costa, e fálase dos problemas desa época: reconversión naval, mozos no paro, e adicción á droga. A influencia musical da época tamén está patente, con Mauro escoitando discos dos Rolling Stones e Leonard Cohen.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Docampo, Xabier P. (1987). A chave das noces. Vía Láctea. p. 137. ISBN 8486531411. 
  2. P. Docampo, Xabier (2018). A Chave das noces. Xerais. ISBN 978-84-9121-412-0. 
  3. Docampo, Xabier P. (2005). La llave maestra. Algar. p. 166. ISBN 8495722801. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A_chave_das_noces&oldid=5183484"