Aabenraa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Escudo de Aabenraa.

Aabenraa, en danés Åbenrå, é o nome que recibe unha cidade dinamarquesa de 22 000 habitantes, capital do condado de Xutlandia do Sur na rexión de Nordslevig, situada no fiorde do mesmo nome. Literalmente, o seu nome significa "costa aberta", a forma dialectal propia é Affenrå. A cidade é un importante centro cultural da minoría alemá de Dinamarca. O xornal Der Nordschleswiger edítase aquí.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada en 1240, no 1335 o Duque de Valdemar concedeulle o título de cidade.
En 1250 constrúese a Igrexa de San Nicolau. En 1864 foi anexionada por Prusia, onde permaneceu ata 1920.

Economía[editar | editar a fonte]

O que primeiro foi unha pequena cidade de mariñeiros medrou ata se converter nun importante centro pesqueiro no XVIII e XIX, sendo actualmente o 7º porto pesqueiro de Dinamarca. Ademais é o centro comercial dunha rica rexión agrícola.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aabenraa&oldid=4842572"