Abadán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Abadan")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Abadán[1] ou Abadan[2] é unha cidade iraniana da provincia de Khuzistán, no delta de Shatt al-Arab no suroeste do país. De lingua tradicional árabe, en 2004 tiña 327 300 habitantes.

Situada sobre unha illa, é un dos maiores centros de depósito e de refinamento de petróleo no mundo e o primeiro porto de Irán. O seu nome débese a Abbad, membro da dinastía Abásida que fundou a cidade.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi identificada como o porto de Charax, citado por Heródoto no século V a.c. No XII constituía o punto máis ao sur da Mesopotamia. Na Idade Moderna foi unha cidade disputada polos turcos e persas, estes últimos a conquistaron definitivamente tralo Tratado de Erzerum no 1847. En 1909 a Compañía Petroleira Anglo-Persa constrúe a primeira refinería ( convertida en 1938 na máis grande do mundo) e a cidade foi completamente reconstruída en 1910.

O 20 de agosto de 1978 o lume consome o Rex Cinema, o goberno do Shah foi acusado polo pobo de provocalo para asasinar a disidentes, provocando manifestacións populares que anticiparon o destronamento do Shah en 1979. En setembro de 1980 foi atacada por sorpresa por Iraq, durante 18 meses a cidade foi asediada e gran parte da cidade foi destruída polos bombardeos. Despois da guerra comezou a reconstrución, primeiro a refinería, que entrou en funcionamento de novo no 1993.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Abadán (Irán) 
  2. «Abadan». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 18. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Abadán&oldid=5039336"