Abdón Blanco García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Abdón Blanco García
Nacemento 1899
  O Barco de Valdeorras
Falecemento 11 de outubro de 1936
  Ourense
Nacionalidade España
Ocupación político
editar datos en Wikidata ]

Abdón Blanco García, nado no Barco de Valdeorras en 1899 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Axente comercial. Foi concelleiro do Barco de Valdeorras durante a ditadura de Primo de Rivera. Na Segunda República foi secretario de Izquierda Republicana e nomeado alcalde do Barco de Valdeorras a comezos de xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, xulgado en Ourense por rebelión militar e sentenciado a pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1936. Logo do seu falecemento, o colexio de Axentes Comerciais, solicitou unha investigación sobre a súa muller Francisca Quirós, para apropiarse dunha parte das propiedades gananciais do matrimonio.


Predecesor:
Eulogio Gavela Vega
 Escudo de O Barco de Valdeorras.svg
Alcalde do Barco de Valdeorras
 
1936
Sucesor:
-

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García Yáñez, Félix (2005). A Nosa Terra, ed. O Barco e a terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1971). Vigo. pp. 37–38. ISBN 84-96403-13-0. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Abdón_Blanco_García&oldid=4690386"