Abdera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ruínas da Porta Oeste.

Abdera (en grego antigo Ἄϐδηρα), foi unha cidade grega da antiga Tracia, na foz do río Nestos, no mar Exeo. Na actualidade está en ruínas.

A súa fundación mítica atribúese a Heracles, aínda se ben en orixe foi unha colonia de Clazomenas fundada no 656 a. C.. Esta primeira colonización entra en devalo axiña ata que no 544 a. C. a maioría da poboación de Teos migrou aquí para escapar dos persas.

A cidade comeza a declinar a partir de mediados do século IV a.c. e foi abandonada na época do Imperio Otomán.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Abdera&oldid=4787997"