Abertzale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O termo abertzale en éuscaro, significa "amante da patria" ou "partidario da patria". Provén da fusión do termo "Aberri(a) ("patria", un neoloxismo creado por Sabino Arana) co sufixo "-(t)zale" (o que ama, amigo de, seareiro). Malia que a tradución máis literal ao galego sería "patriota", adoita empregarse o equivalente "nacionalista éuscaro". Porén, na linguaxe política do Estado español, e sobre todo fóra de Euskadi, emprégase especificamente para nomear aos membros e simpatizantes de Herri Batasuna, aínda que outras formacións políticas éuscaras tamén se recoñecen abertzales.

Diversas entidades e organizacións utilizan o termo abertzale no seu nome:

  • Abertzaleen Batasuna (Unión de Abertzales): partido político de Iparralde (Euskadi francés).
  • Emakume Abertzale Batza: sección feminina do PNV, ilegalizada durante a guerra civil española no ano 1936.
  • Euskal Abertzaletasunaren Museoa (Museo do Nacionalismo Éuscaro).
  • Ezker Mugimendu Abertzalea: partido político de Iparralde.
  • Gazte Abertzaleak (Mocidade Abertzale): mocidades do partido Eusko Alkartasuna.
  • Koordinadora Abertzale Sozialista, KAS (Coordinadora Abertzale Socialista).
  • Langile Abertzaleen Batzordeak, LAB (Comisións de Obreiros Abertzales): un dos principais sindicatos éuscaros.
  • Ezker Abertzalea (Esquerda Abertzale).
  • Nafarroako Sozialista Abertzaleak (Socialistas Abertzales de Navarra)
  • Araba, Bizkaia eta Gipuzkoako Sozialista Abertzaleak (Socialistas Abertzales de Áraba, Guipúscoa e Biscaia): nomes que tiveran os grupos parlamentarios de Batasuna e Euskal Herritarrok en diferentes parlamentos.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Abertzale&oldid=4788020"