Acad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mesopotamia
ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio Acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: Asur – Nínive
Nuzi – Nimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escritura cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
Gilgamesh – Marduk

Acad, Acadia, Accad, Akkad ou Agadé era unha cidade ao norte da Babilonia (actual Iraq), na marxe esquerda do Eufrates entre a Asiria e maila Sumeria, unha das capitais do imperio de Nimrod, segundo unha citación da Biblia (no transcorrer do terceiro milenio a.C.). Acadou o seu máximo apoxeo entre os séculos XXII e XVIII a.C. como capital do Imperio acadio, antes do ascenso de Babilonia.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Os hebreos usaron o nome Akkad, que é a forma semita do antigo nome non semita, Agadé.

O nome non-semita Agade significa, probabelmente, coroa (ago) de lume (de), e está ligado a Ishtar, "a deusa brillante", a deusa do amor e da guerra, que é a brillante estrela da mañá e do solpor (Venus).

Parece que Agade non foi un nome dado a unha rexión, e o título "emperador de Sumeria e de Agade" significaba a pretensión de reinar sobre as partes norte e sur da Babilonia.

Historia[editar | editar a fonte]

O lugar exacto no que se localizaba Acad non foi aínda identificado. Os primeiros rexistros escritos acadios datan do tempo de Sargón, no século XXIII a.C., quen conquistou as cidades sumerias e construíu un auténtico imperio dende o mar Mediterráneo ata Anatolia, formando un dos primeiros imperios que se estableceu no Medio Oriente, Sargón coñeceuse no seu tempo como o rei dos catro recantos da Terra, en alusión ás "catro cidades" bíblicas (Agade, Babel, Erech e Calneh), e en recoñecimento ao éxito na unificación mesopotamica.

Os gutis foron os responsábeis da fin do imperio sumerio-acadiano, por volta de 2180 a.C., cando invadiron Agade procedentes dos Montes Zagros.

Entre as características culturais de Agadé, cítanse o uso da escrita cuneiforme e a presenza dos cigurats, pirámides escalonadas con fins relixiosas.

Fontes[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Acad&oldid=4887293"