Acryllium vulturinum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Acryllium vulturinum
Exemplar na reserva de Samburu.
Exemplar na reserva de Samburu.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Numididae
Xénero: Acryllium
Gray, 1840
Especie: A. vulturinum
Nome binomial
Acryllium vulturinum
Hardwicke, 1834

Acryllium vulturinum é unha especie de ave galiforme da familia dos numídidos que habita nas sabanas de África Oriental, dende Tanzania até Etiopía. Non se recoñecen subespecies.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Testa da ave.

A Acryllium vulturinum é unha grande ave (61–71 cm) cun cuerpo arredondeado e testa pequena. Ten as ás, pescozo, patas e cola máis longas que outras especies de numídidos. O adulto ten a faciana azul espida e o pescozo negro, e aínda que o resto dos numídidos teñen testas sen plumas, esta especie aseméllase a un voitre polo seu longo e espido pescozo e cabeza. No seu pescozo hai unha capa de pelos de punta longa, brillante, azul e branco. O peito é de cor azul cobalto, e o resto da plumaxe do corpo é negra, salpicado de branco. As ás son curtas e redondeadas, e a cola é máis longa que outros xéneros na familia dos numídidos.

Os sexos son semellantes, aínda que a femia é polo xeral lixeiramente máis pequena que o macho e con esporas tarsais máis pequenas. As aves novas son principalmente de cor agrisada marrón, cun peito azul máis esvaecido e pescozo curto.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Acryllium_vulturinum&oldid=4989454"