Adam Smith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Adam Smith
AdamSmith.jpg
Nacemento5 de xuño de 1723
 Kirkcaldy
Falecemento17 de xullo de 1790
 Edimburgo
SoterradoCanongate Kirkyard
NacionalidadeReino de Gran Bretaña
RelixiónDeísmo
Educado enBalliol College, Oxford, Universidade de Edimburgo e Universidade de Glasgow
Ocupacióneconomista, escritor de non ficción, filósofo e escritor
NaiMargaret Douglas
Coñecido/a porTeoria dos Sentimentos Morais e A riqueza das nacións
Premiosmembro da Royal Society e Fellow of the Royal Society of Arts
Adam Smith signature 1783.svg
editar datos en Wikidata ]

Adam Smith, nado en Kirkcaldy en 1723 e finado o 17 de xullo de 1790, foi un economista e filósofo escocés, considerado un dos maiores expoñentes da economía clásica.

Adam Smith baseaba o seu ideario no sentido común. Fronte ao escepticismo, defendía o acceso cotián e inmediato a un mundo exterior independente da conciencia. Este pensador escocés cría que o fundamento da acción moral non se basea en normas nin en ideas nacionais, senón en sentimentos universais, comúns e propios de todos os seres humanos.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nas universidades de Glasgow e Oxford. De 1748 a 1751 foi profesor axudante de retórica e literatura en Edimburgo. Durante este período estableceu unha estreita amizade co filósofo David Hume, amizade que influíu moito sobre as teorías economistas e éticas de Smith.

En 1751 foi nomeado catedrático de lóxica e en 1752 de filosofía moral na universidade de Glasgow. En 1763 renunciou á universidade e converteuse no titor do 3º Duque de Buccleuch, a quen acompañou nunha viaxe por Suíza e Francia. Nesta viaxe coñeceu os fisiócratas franceses, que defendían a economía e política baseada na primacía da lei natural, a riqueza e a orden. Smith inspirouse en esencia nas ideas de François Quesnay e Anne Robert Jacques Turgot para establecer a súa propia teoría, con diferenzas respecto á destes autores. De 1766 a 1776 viviu en Kirkcaldy. Foi nomeado director de Aduana en Edimburgo en 1778, posto que desempeñou ata a súa morte en 1790. En 1787 foi nomeado reitor honorífico da universidade de Glasgow. Adam Smith morre o 17 de xullo de 1790 debido a unha enfermidade.

Obra[editar | editar a fonte]

Inquiry into the nature and causes of the wealth of nations, 1922

Teoría dos sentimientos morais[editar | editar a fonte]

A Teoría dos sentimientos morais de 1759 empeza pola exploración de todas as condutas humanas nas cales o egoísmo non parece xogar un papel determinante, como aseguraba Hobbes. O que se expón é o proceso de Simpatía (ou empatía), a través do cal un suxeito é quen de poñerse no lugar doutro, aínda cando non obteña beneficio disto. Búscase criticar á concepción Utilitarista, como aparece en Hume. O desenvolvemento da obra leva ao descubrimiento do espectador imparcial, a voz interior que ditaría a propiedade ou impropiedade das accións. Este espectador imparcial pode asociarse ao concepto de supereu, de Sigmund Freud. Ao longo da obra, o autor explica a orixe e o funcionamiento dos sentimientos morais, o resentimento, a vinganza, a virtude, a admiración, a corrupción e a xustiza. O resultado é unha concepción dinámica e histórica dos sistemas morais, en oposición a visións máis estáticas como as impartidas polas relixións. En termos filosóficos, a natureza humana estaría deseñada para avanzar fins ou causas finais, que non necesariamente son coñecidos polos suxeitos, que se guían polas causas eficientes.

A riqueza das nacións[editar | editar a fonte]

En 1776 Adam Smith escribiu a súa obra A investigación sobre a natureza e causas da riqueza das nacións (ou A riqueza das nacións), pola cal é considerado por moitos o pai da Economía Política. Esta obra representa o intento por diferenciar a economía política da ciencia política, a ética e a xurisprudencia. Un elemento fundamental para esta diferenciación foi a crítica ao mercantilismo, corrente heteroxénea que viña desesenvolvendo nocións económicas desde o século XV, máis vencellada aos imperios coloniais que á nacente revolución industrial. Segundo a tese central de A riqueza das nacións, a clave do benestar social está no crecemento económico, que se potencia a través da división do traballo. A división do traballo, á súa vez, profundízase a medida que se amplía a extensión dos mercados e por ende a especialización. Unha particularidade da obra é a formulación de que, grazas á apelación ao egoísmo dos demais, lógrase o benestar xeral. Isto é interpretado moitas veces de xeito impreciso como que o egoísmo leva ao benestar xeral. Porén, pasaxes tanto desta obra como de Os sentimentos morais deixan claro que a empatía co egoísmo do outro e o recoñecemento das súas necesidades é a mellor forma de satisfacer as necesidades propias. A obra inclúe unha filosofía da historia, onde a propensión a intercambiar exclusiva do home convértese no motor do desenvolvemento humano. Esta obra constitúe tamén unha guía para o deseño da política económica dun goberno. Os beneficios da man invisíbel do mercado só se obterán nunha sociedade ben gobernada.

Entre as súas achegas máis importantes cabe salientar tamén:

  • A diferenciación clara entre valor de uso e valor de cambio.
  • O recoñecemento da división do traballo, entendida como especialización de tarefas, para a redución de custos de produción.
  • A predición de posibles conflitos entre os donos das fábricas e os traballadores.
  • A acumulación de capital como fonte para o desenvolvemento económico.
  • A defensa do mercado competitivo como o mecanismo máis eficiente de asignación de recursos.

Influencia[editar | editar a fonte]

A investigación sobre a natureza e causas da riqueza das nacións estivo suxeita a todo tipo de interpretacións. Entre elas as que máis destacan son:

  • David Ricardo: realiza unha crítica á obra, desenvolvendo máis a teoría do valor-traballo e conceptos como capital e reprodución.
  • Karl Marx: profundiza a liña de Ricardo, rescatando concepcións smithianas.
  • Milton Friedman e Rose Friedman: céntranse en temas como "A man invisíbel" e o papel do Estado. Milton e Rose Friedman escriben A libertade de elixir baseados na doutrina smithiana do libre comercio.
  • Amartya Sen: lectura renovada de Smith que retoma a Teoría dos sentimientos morais, libro de capital importancia para o campo da ética, a teoloxía e a moral. Amartya Sen destaca a importancia do sentimiento de simpatía na obra de Smith e cuestiona a estreita interpretación friedmaniana que lle atribúe ao egoísmo a harmonía do mundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cohen, Fernando (2011). Pardina, José, ed. "Grandes pensadores de la historia. Las 25 cabezas más influyentes". Muy Historia. Muy Historia (en castelán) (España: G e J España Edicións, S.L., S. en C., publicado o 29/05/2011) (35): 45–70. Consultado o 05/07/2011. A acumulación de capital é clave para o desenvolvemento económico 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Adam_Smith&oldid=4887375"