Adhemar Ferreira da Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Adhemar da Silva")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Adhemar Ferreira da Silva
Memorial - adhemar ferreira da silva - 01.jpg
Nacemento 29 de setembro de 1927
  São Paulo
Falecemento 12 de xaneiro de 2001
  São Paulo
Nacionalidade Brasil
Educado en Faculdade de Direito da Universidade Federal do Rio de Janeiro
Ocupación actor e atleta
editar datos en Wikidata ]
Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Ouro Helsinqui 1952 Triplo salto
Ouro Melbourne 1956 Triplo salto

Adhemar Ferreira da Silva, nado en São Paulo o 29 de setembro de 1927 e finado na mesma cidade o 12 de xaneiro de 2001, foi un atleta brasileiro especializado en triplo salto. Gañou dúas medallas de ouro, unha nos Xogos Olímpicos de Helsinqui 1952 e outra nos Xogos Olímpicos de Melbourne 1956, e conseguiu catro plusmarcas mundiais, a última en 1955 con 16,56 metros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia pobre, e comezou a practicar o triplo salto en 1947. Baixo as ordes do adestrador alemán Dietrich Gerner pronto demostrou o seu talento, conseguindo a marca nacional e unha praza no equipo brasileiro de atletismo para os Xogos Olímpicos de 1948 celebrados en Londres, onde conseguiría a décimo cuarta praza. Catro anos máis tarde, nos Xogos Olímpicos de Helsinqui de 1952 logrou a súa primeira medalla de ouro grazas aos 16,22 metros saltados, revalidou a medalla de ouro nos xogos de Melbourne de 1956 cun salto de 16,35 metros.

En 1959 actuou na película Orfeo negro, do director francés Marcel Camus, a cal logrou o Oscar á mellor película de fala non inglesa ese mesmo ano.

Plusmarcas do mundo[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Adhemar_Ferreira_da_Silva&oldid=4744358"