Adolfo de Abel Vilela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adolfo de Abel Vilela
Nacemento 13 de xuño de 1946
  Lugo
Nacionalidade España
Educado en Universidade de Santiago de Compostela
Ocupación político e historiador
editar datos en Wikidata ]

Adolfo de Abel Vilela, nado en Lugo o 13 de xuño de 1946, é un profesor, historiador, publicista, gravador, pintor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa formación académica é polifacética. Fixo estudos técnicos e humanísticos en Lugo, Santiago e Madrid. É Oficial Industrial en Electrónica, Mestre Industrial na rama de Electricidade, Técnico de Radiodifusión en Programación, Enxeñeiro Técnico Agrícola en Explotacións Agropecuarias, graduado en Artes Aplicadas na especialidade de Cerámica, licenciado en Xeografía e Historia na especialidade de Arte Moderna e Contemporánea e doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.[1]

Na súa faceta artística dedicouse especialmente á gravación e á estampación. A súa primeira exposición foi en 1966 na súa cidade natal,[2] e ten presentado as súas obras en diversas galerías de Lugo, Madrid, Porto Rico, Montevideo e Nova York, entre outras.[3]

Desde 1973 até a súa xubilación (en 2006) exerceu como profesor de Ciencias da natureza no Instituto Politécnico de Lugo.

En 1968 publicou o seu primeiro artigo en El Progreso, xornal no que, a partir daquela, colabora con asiduiade. Durante varios anos mantivo un programa de divulgación agrícola semanal e outro diario de historia da cidade Lugo, Siglo XIX, en Radio Popular de Lugo, así como outro semanal, Os galegos na historia, na Televisión de Galicia. Tamén foi un dos fundadores da revista técnica e de humanidades Fronte e Cocote.[3]

En 1977 inicia a súa actividade política no seo de Alianza Popular, partido no que foi membro do Comité Rexional de Galicia e da Xunta Nacional. Nas primeiras eleccións autonómicas (1981) encabezou a lista da provincia de Lugo, desempeñando o cargo de presidente da comisión de Educación e Cultura. Tamén foi delegado da consellería de Cultura en Lugo (1986). En 1987 abandona AP e ingresa en Coalición Galega, partido do que foi secretario xeral (1991-1993) Tras a conversión de CG nunha forza testemuñal organizou a súa propia formación política, a Converxencia Nacionalista Galega da que foi secretario xeral (1993-1995), abandonando definitivamente a política neste último ano. Tamén foi director xeral de Política Lingüística (1987-1989).[3]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ten publicados 43 artigos de temas de historia da arte, 644 sobre historia da cidade de Lugo, e autor de 35 libros e colaborou en 22 máis con outros autores. Son numerosos os artigos e conferencias sobre temas artísticos, históricos e antropolóxicos publicados na prensa e en revistas especializadas, así como en Grial.[1] Os temas tratados na maioría destas publicacións son a muralla de Lugo, e aspectos históricos, artísticos e urbanísticos desta cidade desde o medievo ata a actualidade. O 16 de decembro de 1994, a Real Academia de la Historia elixiuno académico Correspondente.

Principais obras en solitario[editar | editar a fonte]

  • 1972. Origen de las edificaciones adosadas a la muralla de Lugo. Primeira edición. Lugo: Ed. do autor.
  • 1973. Origen de las edificaciones adosadas a la muralla de Lugo. Segunda edición. Lugo: Ed. do autor. ISBN 978-84-400-7416-4.
  • 1975. De la Constitución de 1837 al derrocamiento del sistema tributario. Lugo: Ed. do autor. ISBN 978-84-400-8082-0.
  • 1975. 200 años de obras y restauraciones en la muralla de Lugo. Lugo: Ed. do autor ISBN 978-84-400-8604-4
  • 1975. Guia de las Murallas Romanas de Lugo. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. ISBN 978-84-369-0386-7.
  • 1975. Ciencias de la naturaleza. Primer grado de Formación Profesional. Lugo: Ed. do autor. ISBN 978-84-400-8381-4.
  • 1975. Guía arqueológica romana de Lugo y su provincia. ISBN 978-84-400-9063-8.
  • 1981. Cousas de Lugo, 1. Lugo: Ed. do autor. ISBN 978-84-300-4402-3.
  • 1981. Temas lugueses. El Bimilenario. Lugo: Ed. do autor. ISBN 978-84-300-4153-4.
  • 1983. Personajes Reales en Lugo. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-164-9.
  • 1984. Cousas de Lugo, 2. Lugo: Ed. do autor. ISBN 978-84-398-1514-3.
  • 1985. Cincuenta años de Formación Profesional en Lugo (1932-1981). Lugo: Ed. do autor. ISBN 978-84-398-4191-3.
  • 1989. O marqués de Sargadelos, Antonio Raimundo Ibáñez. Editorial Ophiusa. ISBN 978-84-88835-08-6.
  • 1996. Urbanismo y Arquitectura en Lugo. Arquitectura Isabelina y de la Restauración. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-84-7492-783-2.
  • 1995. Pacios, pintor e escultor. A Coruña: Fundación Caixa Galicia. ISBN
  • 1996. Guía de la muralla romana de Lugo. Lugo: Ed. do autor. ISBN 978-84-605-5056-3.
  • 1998. Manuel Abelenda (1889-1957). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN978-84-89748-21-7. Sinopse
  • 1999. A pompa funeral e festiva como exaltación do poder. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Cientificas. ISBN 978-84-00-07736-5
  • 1999. Urbanismo y Arquitectura en Lugo. La Plaza Mayor.Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-927-X
  • 2000. El Monasterio de la Visitación de Lugo (Salesas). Centenario de su fundación (1900-2000). Lugo: Comunidad de la Visitación. ISBN
  • 2000. Vivir nas cidades Históricas. Lugo. Barcelona: Fundación "La Caixa". ISBN
  • 2003. El lirio de Florencia. Vigo: Editorial Trymar. ISBN 978-84-95758-25-5. Sinopse da novela.
  • 2009. Lugo. Guía Catedral. (Español). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 978-84-937139-1-1
  • 2009. Lugo. Guía. Catedral. (Galego). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 978-84-937139-2-8
  • 2009. Lugo. A Guide. The Cathedral. (English). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 978-84-937139-9-7
  • 2009. Lugo. Guía. Lugo. (Español). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 978-84-937139-6-6
  • 2009. Lugo. Guía. Lugo. (Galego). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 978-84-937139-5-9
  • 2009. Lugo. A Guide. To Lugo (English). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 978-84-937139-8-0
  • 2009. Lugo. Guía. Coro de la Catedral. (Español). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 978-84-937139-3-5
  • 2009. Lugo. Guía. Coro da Catedral. (Galego). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 978-84-937139-4-2
  • 2009. Lugo. A Guide. The Cathedral Choir. (English). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 978-84-92764-00-6.
  • 2009. La ciudad de Lugo en los siglos XII al XV. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 978-84-95892-71-3.
  • 2011. A muralla romana de Lugo na documentación dos séculos XVI ao XX. Lugo: Deputación Provincial de Lugo. ISBN 978-84-8192-466-4
  • 2014. San Froilán dos devanceiros. A orixe das feiras, das exposicións e dos concursos. Lugo: Concello de Lugo. ISBN 978-84-92895-20-5
  • 2015. San Froilán dos devanceiros. A orixe das festas contemporáneas. Lugo: Concello de Lugo.ISBN 978-84-92895-25-0

Principais obras en colaboración[editar | editar a fonte]

  • 1975. Guía arqueológica romana de Lugo y su Provincia. En colaboración con Felipe Arias Vilas. Lugo: Deputación Provincial. ISBN 978-84-4009-063-3.
  • 1982. Lugo, cita con dos siglos. Recompilación fotográfica de José María Álvez. VV.AA. Lugo: Deputación Provincial. (Autores: Adolfo de Abel Vilela. Anxel Fole. José Trapero Pardo). ISBN 84-500-7571-8.
  • 1985. ¿Que cousa é cousa?. Libro das adiviñas. Primeira edición. Vigo: Galaxia. Autor: Paco Martín. ISBN 978-84-7154-518-3
  • 1988. A Monteira. Somanario de interese rexionales e literatura. 1889-1989. VV.AA. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. ISBN 84-453-0068-7. (Autores: Adolfo de Abel Vilela. Xesús Alonso Montero. Xosé Ramón Barreiro Fernández. Xosé Manuel González Reboredo. Carme Hermida Gulías. Almuden Quintáns López. Antón Santamarina).
  • 1989. Antropología Cultural Gallega. VV.AA.(Coordinador: Adolfo de Abel Vilela). Fundación Alfredo Brañas. ISBN 978-84-88051-31-8
  • 1996. Historia e antropoloxía da cultura pesqueira en Galicia. VV.AA. (Coordinador: Adolfo de Abel Vilela). Santiago de Compostela: Fundación Alfredo Brañas. ISBN 978-84-88051-58-5
  • 1996. Catalogación Arqueológica y Artística de Galicia. Excavaciones Arqueológicas en Lugo. I. El amanecer de una ciudad. VV.AA. A Coruña: Fundación Barrié. ISBN 84-89748-05-5.
  • 1996. Patrimonio Artístico da Universidade. VV.AA. (Coordinadora: María Dolores Vila Jato). USC. ISBN 84-8121-438-8 (O. C.).
  • 1997. Castillos de España. Tomo III. Cataluña, Comunidad Valenciana, Extremadura, Galicia, La Rioja, Madrid, Murcia, Navarra y País Vasco. VV.AA. Editorial Everest. ISBN 978-84-241-3816-5
  • 1997. Artistas Galegos. Pintores. O Rexionalismo, I. VV.AA. Vigo: Nova Galicia. ISBN 978-84-87755-27-9
  • 1999. Los orígenes de la ciudad en el Noroeste Hispánico. Actas del Congreso Internacional. Tomo II. AA.VV. Deputación de Lugo. ISBN 84-8192-132-X.
  • 2001. Poemas e contos da muralla, VV. AA. (Coordinador: Adolfo de Abel Vilela). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 978-84-9535-098-X. (Contén poemas de C. Rodríguez Fer, M. C. Matalobos, Manuel María, M. X. Neira, Marica Campo e X. M. Valcárcel, e contos de Lois Diéguez, Paco Martín, Xosé de Cora e Xosé Miranda.
  • 2003. As casas da Praza do Campo. VV.AA. Concello de Lugo. Lugo. DL C-955/03. (Autor Historia: Adolfo de Abel Vilela. Autores A Rehabilitación: Laura Campoy Vázquez. Julio César Lamas Pardo).
  • 2003. Artistas Galegos. Arquitectos. Da Ilustración ao Eclecticismo. AA.VV. Vigo: Nova Galicia. ISBN 978-84-96070-30-1
  • 2004. La Muralla de Lugo Patrimojio de la Humanidad. (Español). VV.AA. (Coordinador: Adolfo de Abel Vilela). Concello de Lugo. ISBN 84-96403-02-5. (Autores: Adolfo de Abel Vilela. Enrique Alcorta Irastorza. Felipe Arias Vilas. Covadonga Carreño Gascón. José Ignacio López de Rego Uriarte).
  • 2004. A Muralla de Lugo Patrimonio da Humanidade. VV.AA. (Coordinador: Adolfo de Abel Vilela). Concello de Lugo. ISBN 84-96403-01-7. (Autores: Adolfo de Abel Vilela. Enrique Alcorta Irastorza. Felipe Arias Vilas. Covadonga Carreño Gascón. José Ignacio López de Rego Uriarte).
  • 2004. The Wall of Lugo World Heritage. (English). VV.AA. (General Coordination: Adolfo de Abel Vilela). City Council of Lugo. ISBN 84-96403-03-3. (Autores: Adolfo de Abel Vilela. Enrique Alcorta Irastorza. Felipe Arias Vilas. Covadonga Carreño Gascón. José Ignacio López de Rego Uriarte).
  • 2006. San Froilán culto e festa. AA.VV. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 84-453-4296-7. (Autores: Adolfo de Abel Vilela. Felipe Arias Vilas. Carlos Baliñas Pérez. Darío Xohán Cabana. Manuel Castiñeira González. David Chao Castro. Domingo L. González Lopo. Luís Grau Lobo. Milagros Guardia. Therese Martin. Juan M. Monterroso Montero. Antonio Rodríguez Colmenero. Rosina Rodríguez Vieito. Francisco Singul. Miguel Taín Guzmán. Iván Rodríguez Varela).
  • 2006. O Camiño Primitivo. Actas do Congreso. AA.VV. Santiago de Compostela. Dirección Xeral de Turismo: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. DL. 2006.
  • 2007. Alvarellos. 30 anos de edición en Galicia. Homenase a Enrique Alvarellos Iglesias. AA.VV. ISBN 978-84-89323-14-8.
  • 2009. A Fonte da Porta Miñá e o Pazo de Orbán. Proxecto de rehabilitación. Santiago de Compostela: SA. de Xestión do Plan Xacobeo. ISBN 978-84-692-1708-5. (Autor: Adolfo de Abel Vilela. Proxecto: Alberte González Rodríguez, Jorge Salvador Fernández).
  • 2011. A Domus do Mitreo. VV.AA. (Coordinador: Celso Rodríguez Cao). USC. ISBN 978-84-9887-654-3. (Autores: Adolfo de Abel Vilela. Fernando Acuña Castroviejo. Enrique J. Alcorta irastorza. Jaime Alvar Esquerra. Raquel Casal García. Alicia Colmenero Fernández. Luís Cordeiro Maañón. Carmelo Fernández Ibáñez. Santiago Ferrer Sierra. Soraya Paz Rodríguez. Celso Rodríguez Cao. Manuel Xusto Rodríguez).


Predecesor:
Manuel Taboada Cid
 Escudo de Galicia.svg
Director xeral de Política Lingüística
 
1987 - 1989
Sucesor:
Manuel Regueiro Tenreiro

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Adolfo de Abel Vilela en ‘’Galegos’‘.
  2. Gran Enciclopedia Gallega, tomo 1, 1974.
  3. 3,03,13,2 Gran Enciclopedia Gallega, tomo 31, 1990.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Adolfo_de_Abel_Vilela&oldid=4946124"