Aelia Capitolina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 31°46′32″N 35°13′52″L / 31.775689, 35.23104

Plano da colonia de Aelia Capitolina.

Aelia Capitolina (/ˈliə ˌkæptəˈlnə/; Latín: Colonia Aelia Capitolina) foi unha colonia romana, construída polo emperador Hadriano no lugar que ocupou a cidade de Xerusalén, que se encontraba en ruínas desde o sitio do ano 70,[1] en parte, como resposta a revolta de Bar Kokhba dos anos 132-136. Aelia Capitolina mantívose como o nome oficial de Xerusalén[2] ata o 638, cando os árabes a conquistaron e pasou a ser coñecida como 'إليا' (Iliyā').[3]

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome de Aelia ven do nome xentil de Hadriano, Aelius, mentres que Capitolina significa que a cidade estaba adicada ao deus Xúpiter Capitolino, para quen se construíu un templo no lugar que ocupaba o antigo Templo de Xerusalén, no coñecido como Monte do Templo.[1]. Máis adiante, o nome Aelia foi a fonte para o nome árabe Iliyā' (إليا).

Historia[editar | editar a fonte]

Ruínas do cardo da colonia.

Xerusalén, que fora reconstruída en tempos de Herodes o Grande, permanecía en ruínas desde tempos do decisivo sitio da cidade, como parte da primeira guerra xudeu-romana no ano 70. Flavio Xosefo, un historiador da época e defensor da causa xudía, que nacera na cidade e loitara contra os romanos naquela guerra, describiu a destrución da cidade do seguinte xeito:

"Xerusalén ... quedou tan arrasada por eles que a destruíron ata os seus cimentos, nada quedou que puidera persuadir a ninguén de que aquilo fora algunha vez un lugar habitado."
As guerras dos xudeus. [4]

O Talmud (Makkot) conta que o Rabino Akiva e algúns outros sabios visitaron a cidade. Os seus compañeiros quedaron agraviados ao ver a un zorro no que antes fora o lugar no que estivera o Templo do Santo dos Santos como símbolo da desolación.

Cando o emperador romano Hadriano decidiu reconstruír a cidade no ano 130, considerou facelo como un agasallo para os xudeus. Os xudeus esperaron con esperanza, pero trala visita do emperador ao lugar no que estivera Xerusalén, un samaritano convenceuno de que non o fixera.[5] Entón o emperador decidiu reconstruír a cidade como unha colonia romana que sería habitada polos seus lexionarios.[6] A nova cidade de Hadriano foille adicada a el, e algúns deuses romanos, en particular a Xúpiter Capitolino.[7]

A revolta xudía de Bar Kokhba, que tardou tres anos en ser suprimida polos romanos, enfureceu a Hadriano ata o punto de que se propuxera acabar co xudaísmo da provincia. A circuncisión quedou prohibida, a provincia de Xudea foi renomeada como Syria Palaestina[8] e os xudeus foron expulsados da cidade e prohibíuselles a súa entrada nela baixo pena de morte, coa única excepción dun día ao ano con motivo da festividade de Tisha B'Av. Existen controversias acerca de se os decretos anti-xudeus foron consecuencia da revolta de Bar Kokhba ou a causa desta.[9]

Todas estas medidas,[10][11][12] que tamén afectaron aos xudeus cristiáns,[13] axiña "secularizaron" a cidade.[14] A prohibición mantívose en vigor ata o século VII,[15] aínda que os cristiáns puideron regresar antes grazas a que no século IV o emperador Constantino I mandou construír os lugares sagrados cristiáns na cidade, incluída a Igrexa do Santo Sepulcro. Os restos funerarios do período bizantino son principalmente cristiáns, o que suxire que a poboación da cidade durante esta época estaba composta unicamente por cristiáns.[16]

Durante o século V, o Imperio Romano de Oriente, dirixido desde a cidade de Constantinopla, mantivo o control da cidade. No transcurso de varias décadas a cidade pasou das mans dos bizantinos ás do persas, e de novo aos bizantinos. Trala campaña dos sasánidas do rei Khosrau II a comezos do século VII en Siria, os seus xenerais Shahrbaraz e Shahin atacaron Xerusalén (persa: Dej Houdkh) coa axuda dos xudeus de Palestina Prima, que se alzaron na contra do poder bizantino.[17]

No Sitio de Xerusalén do ano 614, tras 21 días de asedio, a cidade foi capturada. As crónicas bizantinas relata que os sasánidas e os xudeus sacrificaron a miles de cristiáns na cidade, moitos deles na piscina de Mamilla, e destruíron os seus monumentos e igrexas, incluída a Igrexa do Santo Sepulcro. A cidade permaneceu en mans dos sasánidas durante quince anos ata que o emperador bizantino Heraclio a reconquistou no 629.[18]

Aelia Capitolina foi conquistada polos exércitos árabes de Omar ibn al-Khattab no 638.[19] Entre os musulmáns da primeira era do islam, a cidade pasou a ser coñecida como Madinat bayt al-Maqdis ("Cidade do Templo")[20] e se restrinxía ao Monte do Templo. O resto da cidade foi rebautizada como "Iliya", reflectindo así o nome romano que recibira a cidade.[21]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,1 Chisholm 1911, p. 256.
  2. "Aelia Capitolina". Ancient Numismatic Mythology. AncientCoinage.Org. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  3. Map of the early Arab dominions, showing Iliya
  4. Josephus, Jewish War, 7:1:1
  5. Peter Schäfer (2 de setembro de 2003). The History of the Jews in the Greco-Roman World: The Jews of Palestine from Alexander the Great to the Arab Conquest. Routledge. pp. 146–. ISBN 1-134-40316-X. 
  6. Benjamin Isaac, The Near East under Roman Rule: Selected Papers (Leiden: Brill 1998)
  7. Gray, John (1969). A history of Jerusalem. London: Hale. p. 59. ISBN 0709103646. OCLC 53301. 
  8. Elizabeth Speller, Aelia Capitolina en Google Books., Oxford University Press, 2004, p. 218
  9. Peter Schäfer (2 de setembro de 2003). The History of the Jews in the Greco-Roman World: The Jews of Palestine from Alexander the Great to the Arab Conquest. Routledge. pp. 146–. ISBN 1-134-40316-X. 
  10. Peter Schäfer (2003). [Aelia Capitolina en Google Books. The Bar Kokhba war reconsidered: new perspectives on the second Jewish revolt against Rome] |url= incorrecto (Axuda). Mohr Siebeck. pp. 36–. ISBN 978-3-16-148076-8. Consultado o 4 de decembro de 2011. 
  11. Lehmann, Clayton Miles (22 de febreiro de 2007). "Palestine: History". The On-line Encyclopedia of the Roman Provinces. The University of South Dakota. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2008. Consultado o 18 de abril de 2007. 
  12. Cohen, Shaye J. D. (1996). "Judaism to Mishnah: 135–220 C.E". En Hershel Shanks. Christianity and Rabbinic Judaism: A Parallel History of their Origins and Early Development. Washington DC: Biblical Archaeology Society. p. 196. 
  13. Emily Jane Hunt, Aelia Capitolina en Google Books., Psychology Press, 2003, p. 7
  14. E. Mary Smallwood Aelia Capitolina en Google Books. BRILL, 1981, p. 460.
  15. Zank, Michael. "Byzantian Jerusalem". Boston University. Consultado o 1 de febreiro de 2007. 
  16. Gideon Avni, Aelia Capitolina en Google Books., Oxford University Press 2014 p.144.
  17. Conybeare 1910, p. 502–517.
  18. Rodney Aist,The Christian Topography of Early Islamic Jerusalem,Brepols Publishers, 2009 p.56:'Persian control of Jerusalem lasted from 614 to 629'.
  19. Bahat 1996, p. 71.
  20. Ben-Dov, M. Historical Atlas of Jerusalem. Translated by David Louvish. New York: Continuum, 2002, p. 171
  21. Linquist, J.M., The Temple of Jerusalem, Praeger, London, 2008, p. 184

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bahat, Dan (1996). The Illustrated Atlas of Jerusalem. p. 71. 
  • Conybeare, Frederick C. (1910). The Capture of Jerusalem by the Persians in 614 AD. English Historical Review 25. pp. 502–517. 
  • Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Aelia Capitolina". Encyclopædia Britannica. (Cambridge University Press). 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aelia_Capitolina&oldid=4732410"