Aeroporto de Niigata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aeroporto de Niigata

Niigata airport-japan.jpg

IATA: KIJ – ICAO: RJSN
Sumario
Cidade/Illa Niigata
Elevación (msnm) 9 metros / 29 pés
Coordenadas 37°57′21″N 139°06′42″L / 37.95583, -139.11167Coordenadas: 37°57′21″N 139°06′42″L / 37.95583, -139.11167
Web https://www.narita-airport.jp
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
04/22 1 314 4 311 formigón asfáltico
10/28 2 500 8 202 formigón asfáltico
Estatísticas (2015)
Pasaxeiros 984 629

O aeroporto de Niigata (IATA: KIJOACI: RJSN) é un aeroporto xaponés de segunda clase situado a 6,7 quilómetros ao nordés da estación de Niigata.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro aeroporto da costa xaponesa do mar do Xapón abríuse nunha illa no río Shinano en 1929. Este aeroporto trasladouse ao que entón era a vila de Matsugazakahama en 1930 e foi renomeado como aeroporto de Niigata. En 1941 foi requisado para ser utilizado pola Forza Aérea Imperial do Xapón, e tras a segunda guerra mundial pasou aser controlado pola USAAF estadounidense. Regresou a mans civís xaponesas o 31 de marzo de 1958, data nas que reanudaron os voos comerciais. Os servizos comerciais comezaron en 1973 con voos regulares a Khabarovsk, convertendo ao aeroport de Niigata nunha importante porta de entrada dende Rusia, que entre outros propósitos foi usada para exportar produtos agrícolas da zona de Niigata; porén os servizos foron reducíndose dende o inverno de 2010 e a día de hoxe[cando?] hai máis voos a Rusia dende o aeroporto internacional de Narita preto de Toquio.

Na primavera de 2012 os destinos ofrecidos polo aeroporto aumentaron considerablemente cando China Eastern Airlines, Fuji Dream Airlines e All Nippon Airways anunciaron servizos a Shanghai, Nagoya e Narita respectivamente.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
All Nippon Airways Osaca-Itami
Estacional: Naha
All Nippon Airways
operado por ANA Wings
Fukuoka, Nagoia-Centrair, Osaca-Itami, Sapporo-Chitose, Toquio-Narita
All Nippon Airways
operado por Ibex Airlines
Osaca-Itami
China Eastern Airlines Shanghai-Pudong
China Southern Airlines Harbin
Far Eastern Air Transport Taipei-Taoyuan[1]
Fuji Dream Airlines Fukuoka, Nagoia-Komaki
Japan Airlines
operado por J-Air
Osaca-Itami, Sapporo-Chitose
Korean Air Seul-Incheon
Peach Osaca-Kansai (comeza en marzo de 2018)[2]
Yakutia Airlines Estacional: Khabarovsk,[3]Vladivostok

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Routes Online (ed.). "Far Eastern adds Niigata service from Nov 2016". Consultado o 6 de xaneiro de 2018. 
  2. Routes Online (ed.). "Peach adds Osaka – Niigata service in March 2018". Consultado o 6 de xaneiro de 2018. 
  3. Routes Online (ed.). "Yakutia Adds Khabarovsk – Niigata Service July – Sep 2014". Consultado o 6 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aeroporto_de_Niigata&oldid=4611792"